Diferencia entre revisiones de «Compoñentes electrónicos activos»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 08:18 3 oct 2018
Os compoñentes electrónicos activos son aqueles que teñen un comportamento non lineal, é dicir, a relación entre a tensión aplicada e a corrente demandada non é lineal.
Son compoñentes que están fabricados con materiais semicondutores como o Silicio e o Xermanio.
Son capaces de controlar tensións e intensidades, e poden actuar realizando accións de amplificación e conmutación.
Empréganse en equipamentos como:
- · Amplificadores de audio e vídeo.
- · Sistemas de control.
- · Robótica.
- · Computadoras, etc.
Dentro deles é posible distinguir entre compoñentes individuais, como os díodos, transistores e tiristores, e compoñentes integrados como amplificadores operacionais, microcontroladores e microprocesadores.
O díodo semicondutor
Trátase dun compoñente electrónico que só deixa pasar a corrente eléctrica nun sentido. Entre as múltiples aplicacións dos díodos está a de actuar como protección en algúns circuítos, gracias á cualidade de permitir o paso da corrente nun só sentido. Na imaxe da dereita vemos un exemplo dun díodo semicondutor e o seu símbolo normalizado.
Díodo LED
Este díodo, que se fabrica con elementos como arseniuro de galio (GaAs) e fósforo (P), posúe a propiedade de producir unha radiación luminosa (luz) cando circula corrente ao seu través. De aí que unha das súas principais aplicacións sexa a sinalización e se denomine tamén “díodo emisor de luz”.
Transistor
Trátase dun dispositivo electrónico de tres terminais. É a base de todos os circuítos integrados que se fabrican.
O Chip
Un circuíto integrado (CI), tamén chamado chip ou microchip, é unha pastilla pequena de material semicondutor, de algúns milímetros cadrados de área, sobre a que se fabrican circuitos electrónicos xeralmente mediante fotolitografía e que está protexida dentro dun encapsulado de plástico ou cerámica. Logo ese encapsulado posúe condutores metálicos apropiados para facer conexión entre a pastilla e un circuíto impreso.
- No seguinte vídeo vemos como se crea un microchip.
- Neste outro vídeo vemos como se crea un microprocesador de Intel.
-- Volver