Diferencia entre revisiones de «Cartafois compartidos»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 15:37 2 oct 2016
Introdución
Hai ocasións nas que interesa compartir ficheiros entre o Sistema Operativo Convidado (é dicir, a máquina virtual) e S.O. Host (ordenador físico).
Para iso VirtualBox proporciona unha utilidade de compartición de carpetas. No hipervisor VirtualBox pódese escoller que carpeta ou carpetas do host se desexan compartir co S.O. da máquina virtual. Esta funcionalidade ten as seguintes características:
- Permite indicar se ese recurso compartido se montará automaticamente cando se inicie o S.O. convidado sen que o usuario da máquina virtual teña nada que facer.
- Pódese indicar se dende a máquina virtual o acceso a ese recurso da máquina física vai ser en modo lectura ou se se vai poder escribir nese recurso dende a máquina virtual.
- Tamén se poden realizar conexións transitorias á carpetas da máquina física, cando a máquina virtual xa está acesa. Estas conexións transitorias perderanse cando se apague a máquina virtual.
A continuación vanse compartir carpetas de xeito permanente e de xeito transitorio tanto para S.O. convidados Windows como Ubuntu. Neste caso o sistema host está en Ubuntu, pero o funcionamento é o mesmo se o sistema host está con Windows ou outro calquera.
Aspectos previos
Para compartir un cartafol pódese escoller un dos que xa se teñan na máquina host ou crear un novo a usar para tal propósito.
Neste caso, para a conexión permanente, aínda que non é necesario, vaise crear un novo cartafol. Cada quen pode crealo onde considere oportuno.
O cartafol creado na máquina host chámase Compartido.
Compartir carpetas para unha máquina virtual con MS Windows
Primeiro compartirase unha carpeta de xeito permanente, mentres a MV está apagada e logo unha vez acesa realizarase unha compartición transitoria.
Conexión permanente
- Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas da máquina.
Seleccionar a carpeta que se creara anteriormente. É importante quedarse con nome co que se lle vai chamar a ese recurso compartido, pois é como se vai referenciar dende a MV. Se se marca Automontar, cando se inicia a MV este recurso aparecerá montado na MV como un recurso de rede. Se non se marca Só lectura vaise poder escribir, dende a MV, neste recurso da máquina física.
Comparticións transitorias
- Agora que a máquina está acesa, como poder conectar outra carpeta do host á MV?.
- Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas transitorias.
Seleccionar o cartafol do host que se desexa ver dende a MV. Neste caso, por facer algo diferente, marcouse como Só lectura e Automontar, pero isto último non vai funcionar pois a máquina xa está acesa. Isto funcionaría se se reiniciase a máquina, non se se apaga. Nesta ocasión non se marcou a opción de Facer permanente para que se vexa que cando se apague a máquina esta conexión vai desaparecer.
Compartir carpetas para unha máquina virtual con Ubuntu
Primeiro compartirase unha carpeta de xeito permanente, mentres a MV está apagada e logo unha vez acesa realizarase unha compartición transitoria.
Pasos previos para S.O. convidado Linux
Para que funcione o automontaxe nunha máquina virtual Linux, hai que facer que o usuario da MV Ubuntu pertenza a un grupo que permita realizar automontaxes de recursos de VirtualBox.
Para afondar máis sobre grupos e o comando sudo, para aqueles que teñan dúbidas, poden ollar os seguintes enlaces:
Conexión permanente
- Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas da máquina.
Seleccionar o cartafol que se creara anteriormente. É importante quedarse con nome co que se lle vai chamar a ese recurso compartido, pois é como se vai referenciar dende a MV. Se se marca Automontar, cando se iniciar a MV este recurso aparecerá montado na MV como un recurso de rede. Se non se marca Só lectura vaise poder escribir, dende a MV, deste recurso da máquina física.
As carpetas que vai usar a MV unha vez acesa. Observar que na parte inferior amósase unha axuda que indica como montar un recurso en Ubuntu: co comando mount, pero se está marcado automontar e se fixo o paso previo anterior este recurso debería aparecer montado en /media co nome sf_nome_do_recurso_compartido (A axuda da parte inferior non aparece nas versións máis recentes de VirtualBox).
Comparticións transitorias
- Agora que a máquina está acesa, como poder conectar outro cartafol do host á MV?.
- Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas transitorias.
Seleccionar o cartafol do host que se desexa ver dende a MV. Neste caso, por facer algo diferente, marcouse como Só lectura e Automontar, pero isto último non vai funcionar pois a máquina xa está acesa. Isto funcionaría se se reiniciase a máquina, non se se apaga. Nesta ocasión non se marcou a opción de Facer permanente para que se vexa que cando se apague a máquina esta conexión vai desaparecer.
Na MV uclient crear unha carpeta onde se desexe. Neste caso creouse o cartafol CartafolDoHost. Por agora está baleira (0 obxectos). Pero nesta carpeta é onde se vai montar o recurso transitorio anterior. Para aqueles que teñan dúbidas de como montar discos en Linux recomendámoslles que ollen este apartado Operacións con discos e soportes externos: montar, desmontar, formatar, etc. do curso de Ubuntu.