Diferencia entre revisiones de «Escenario 2.A: NAT e REDE NAT»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 09:49 1 feb 2015

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 A.jpg

Introdución

  • Neste escenario o equipo host actúa como router para as MV que teñan adaptadores configurados con NAT. Neste caso, VirtualBox tamén actúa como servidor de DHCP e DNS para esas MV.

Simulacion Redes rede 20.jpeg

  • Deste xeito, cando unha MV se acende por primeira vez, o seu S.O. convidado ten configurado as interfaces de rede para que obteñan a configuración IP por DHCP, e o servidor DHCP de VirtualBox asignaralle toda a configuración IP necesaria para ter conexión á rede do host.
  • Ademais VirtualBox mira cales son os servidores DNS que ten configurados o equipo host, e implementa un servidor de DNS que reenviará as peticións que de DNS que faga a máquina virtual a eses servidores DNS. O servidor DHCP de VirtualBox asignará este servidor de DNS virtual á MV, así que o servidor DNS do sistema convidado non coincidirá cos que teña o host.
  • Ao usar NAT, a máquina virtual comunicarase co exterior usando a IP real da máquina física.
  • Pero ninguén pode iniciar unha conexión contra a MV, nin dende o equipo real (Revisar a teoría sobre NAT).
  • Por tanto, a MV está illada e só pode comunicarse co exterior se é ela quen inicia as conexións. Isto podería salvarse se se usa o reenvío de portos do adaptador da MV, que veremos ao final deste apartado.

Configuración IP do equipo host

  • Antes de examinar como está a configuración IP dos S.O. convidados das MVs, imos obter a información da configuración de rede do equipo host.
  • O ordenador host sobre o que se elabora o material ten a seguinte configuración IP (Comproba a configuración IP que tes no teu caso no equipo host, non tes porque cambiala):

Simulacion Redes rede 31.jpeg

  • Fixarse cales son os servidores DNS e cal é a IP do host, que se vai precisar despois. Neste caso: 10.0.0.2


Aprende.png
INTERÉSACHE...

Nos seguintes apartados amósase como obter a información de configuración de rede tanto nun equipo con Windows como con Ubuntu:

S.O. Windows en MV sobre NAT

Imos examinar como está configurado o S.O. convidado da MV wclient, có adaptador configurado por NAT.

S.O. Ubuntu en MV sobre NAT

Imos examinar como está configurado o S.O. convidado da MV uclient, co adaptador configurado por NAT.

Conectividade da MV

  • Unha vez que a MV xa ten unha configuración IP, vaise comprobar a que lugares pode conectarse. Para iso farase uso do comando ping, que se usa para testear a conectividade entre dous equipos.
  • Vanse facer as probas con uclient. Coa MV wclient sería o mesmo.
  • Primeiro: Dende a MV cara diversos equipos.


  • Segundo: Dende o host cara a MV.
    • Neste caso, esperado un tempo premer CTRL+C e vese que se enviaron varios paquetes pero non houbo resposta.
    • Isto é por que o equipo uclient está illado da rede ao usar NAT, só se pode comunicar con alguén se é el quen inicia a comunicación, pero non ao revés.
    • Como xa se indicou esta situación pódese salvar fancedo redirección de portos no adaptador da MV.

Simulacion Redes rede 41.jpeg


Conexión/desconexión do cable de rede

  • Cando unha máquina está acesa na configuración do adaptador da MV pódese conectar ou desconectar o cable, por se interesa para algunha práctica:

Simulacion Redes rede 49.jpeg


Reenvío de portos

Como xa comentamos, o reenvío de portos permite o acceso dende o host ou un equipo externo a un servizo da máquina virtual a través dun adaptador de rede en modo NAT. Aínda que o proceso é exactamente igual para un sistema convidado Windows que Ubuntu imos ilustrar a continuación os dous casos.

O reenvío de portos fai o mesmo sobre o router virtual que VirtualBox crea para as tarxetas NAT que o que podemos facer sobre un router real cando abrimos un porto do router (por exemplo, para usar un programa P2P).

Reenvío de portos nun S.O. convidado Windows

O reenvío de portos pode utilizarse para dar acceso dende o exterior a diversos servizos que o sistema convidado pode ter instalados, como un servidor web, de correo, DNS, etc. Neste caso, na máquina wclient imos usar o servizo de escritorio remoto, que xa vén incluído con Windows e que permite iniciar unha sesión de escritorio nesa máquina dende outro equipo conectado a ela.

Reenvío de portos nun S.O. convidado Ubuntu

Na máquina uclient, imos facer o reenvío de portos tamén co servizo de escritorio remoto, aínda que Ubuntu usa un protocolo de escritorio remoto diferente e polo tanto tamén cambiará o número de porto que teremos que reenviar.

O modo REDE NAT

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 02 A2.jpg

  • Este modo de conexión para as tarxetas de rede foi incorporado na versión 4.3 de VirtualBox e supón unha xeneralización do modo NAT. Neste caso, VirtualBox actúa tamén como router para as máquinas virtuais facendo a función de NAT para permitirlles a conexión á rede externa, pero en lugar de crear un router ficticio para cada máquina permítenos que varias máquinas poidan estar nunha mesma LAN ficticia (conectadas a un mesmo switch ficticio), que logo ten conexión á rede externa a través do router ficticio que fai a función de NAT.
  • Con este modo, poderemos configurar cal é a dirección da rede interna que queremos crear para as máquinas, e así VirtualBox creará un servidor DHCP e DNS para que as máquinas poidan obter automaticamente a configuración necesaria para ter conexión co exterior.
  • Este escenario é idóneo para prácticas en clase nas que desexa que as MV do alumnado:
    • teñan as mesmas IPs cas MVs do compañeiro, que teñan conectividade só entre elas e non con outras MV de outros compañeiros
    • que, ao mesmo tempo, teñan acceso a internet pero sen que o equipo estea na rede LAN: NAT
    • utilizando un único adaptador de rede.

Funcionamento do modo rede NAT

Imos ver como configurar as máquinas no modo de conexión de rede NAT e o seu funcionamento.

Definición de redes NAT e configuración IP estática

No apartado anterior vimos o funcionamento básico do modo de conexión de rede NAT e como establecer con el a conexión entre as máquinas virtuais e ao mesmo tempo a conexión destas coa rede externa do host. Imos ver para finalizar como podemos personalizar a configuración IP das redes NAT e das máquinas con interfaces deste tipo.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --