Diferencia entre revisiones de «Clientes DNS»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 20:23 9 nov 2014
Os distintos clientes DNS, poden ter configurado cal é o seu servidor DNS ben de forma manual, ou de forma automatizada a través dun servidor DHCP
Configuración dos clientes Linux
A maneira de configurarlle o enderezo do servidor a un cliente Linux DNS difire dun cliente con interface gráfica, ou dun que actua so en modo texto.
O propio servidor DNS de Linux, tamén pode ser configurado como cliente de si mesmo.
A configuración do servidor DNS, queda escrita sempre no ficheiro /etc/resolv.conf
Configuración dun cliente con interface gráfica
Empregando a utilidade NetworkManager, podemos configurar os clientes de xeito sinxelo. Esta utilidade soe ter unha icona na zona de iconas do sistema (barra superior dereita)
O servidor DNS cache de NetworkManager
Os equipos Linux que contan con interface gráfica, empregan para xestionar a configuración de rede o aplicativo NetworkManager. Este a súa vez emprega no mesmo equipo, un servidor DNS cache, chamado dnsmasq, que garda as últimas resolucións de nomes feitas desde o equipo. O uso deste servidor en cada equipo, fai que no contido do ficheiro /etc/resolv.conf apareza como servidor DNS 127.0.0.1 sen que teñamos constancia que teñamos instalado ningún servidor DNS no equipo.
Para comprobar de forma real, cal é o servidor DNS que realmete se está empregando, teremos que teclear o seguinte comando:
nmcli dev list iface eth0
Podemos velo na seguinte imaxe:
Configuración dun cliente en modo texto
Para configurar un cliente en modo texto, teremos que editar o ficheiro /etc/network/interfaces e engadir unha liña coma a seguinte:
dns-nameservers 192.168.0.10
Se queremos indicar máis dun servidor DNS, poñemolos un detrás do outro por orde de prioridade separados por un espazo en branco.
Unha vez reiniciada a conexión da rede, poderemos ver que no contido do ficheiro /etc/resolv.conf haberá unha liña que pon: nameserver 192.168.0.2
Se optamos, por cambiar o enderezo directamente no ficheiro /etc/resolv.conf, a configuración nova será aplicada desde ese instante, se ben, perderase cando se reinicie o equipo, namentres que a establecida no /etc/network/interfaces é permanente.
Configuración dos clientes Microsoft Windows
Os clientes Windows, poden ter configurado o servidor DNS ben de forma manual, ou a través dunha das opcións para os clientes do servidor DHCP.
O propio servidor DNS de Windows Server, tamén pode ser configurado como cliente de si mesmo.
A maneira de configurarlle o enderezo do servidor DNS aos clientes Windows de forma manual é desde as propiedades TCP/IP do adaptador de rede.
Resolución de nomes non FQDN
Tamén é posible resolver nomes non FQDN, pero previamente, deberemos establecer o nome da zona, como sufixo para a conexión de rede. Nos clientes en modo gráfico, tan so hai que engadir unha opción co nome do dominio, e nos clientes en modo texto, hai que engadirlle ao ficheiro /etc/network/interfaces unha liña coma a seguinte:
dns-search zonasmr.lan
Unha vez reiniciada a rede, aparece unha liña co nome do dominio de busca no ficheiro /etc/resolv.conf
A partires deste momento, xa podemos resolver nomes de rexistro coa utilidade sen establecer como sufixo o nome do dominio. Se queremos resolver nomes diferentes (doutro dominio) si que deberemos especificalo.
- Bruno Vila Vilariño (out 2014)