Perigos da electricidade

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

A Enerxía eléctrica ofrece múltiples beneficios para o ser humano. Sen dúbida a vida é moito máis cómoda e fácil con esta forma de enerxía, pois gracias a ela múltiples dispositivos nos axudan no día a día.

Así e todo, a electricidade tamén pode ocasionar riscos para as persoas que manipulan obxectos que están alimentados con este tipo de enerxía. Hai que ter en conta as seguintes características da Electricidade que a fan un pouco máis perigosa:

  1. Non é perceptible polos sentidos do ser humano.
  2. Non ten olor, só é detectada cando un curto circuito descompón o aire aparecendo Ozono.
  3. Normalmente, non é detectado pola vista.
  4. Non se detecta ao gusto nin ao oído.
  5. Ao tacto pode ser mortal se non se está ben illado. O corpo humano actúa como circuito entre dous puntos de diferente potencial. Non é a tensión a que provoca os efectos fisiolóxicos se non a corrente que atravesa o corpo humano.

A enerxía eléctrica, cando percorre o corpo, pode causar os seguintes efectos fisiolóxicos:

  • Lesións físicas secundarias (caídas, golpes, etc).
  • Fibrilación ventricular, que consiste nun movemento anárquico do corazón, o cal, deixa de enviar sangue aos distintos órganos e, ainda que siga en movemento, non segue o ritmo normal de funcionamento.
  • Tetanización, sendo este o movemento incontrolado dos músculos como consecuencia do paso da enerxía eléctrica. Dependendo do percorrido da corrente perderemos o control das mans, brazos, músculos pectorais, etc.
  • Asfixia, que se producirá cando o paso da corrente afecta ao centro nervioso que regula a función respiratoria, ocasionando o paro respiratorio.
  • Queimaduras. Estas poderán ser de distinta consideración dependendo da corrente e do tempo de exposición. Podemos distinguir varias zonas:
- Zona 0: Normalmente non hai alteración da pel, a non ser que o tempo de exposición sexa de varios segundos, nese caso, a pel en contacto có electrodo pode tomar un color gris con superficie rugosa.
- Zona 1: A pel pode voltarse vermella cunha inchazón nos bordes onde estaba situado o electrodo.
- Zona 2: Provócase unha coloración parda da pel que está situada baixo o electrodo. Se a duración é varias decenas de segundos prodúcese un claro inchazón ao redor do electrodo.
- Zona 3: Pode provocarse unha carbonización da pel.

Os efectos que poden producir os accidentes de orixe eléctrico dependen dos seguintes factores:

  • Intensidade da corrente.
  • Resistencia eléctrica do corpo humano.
  • Tensión da corrente.
  • Frecuencia e forma do accidente.
  • Tempo de contacto.
  • Traxectoria da corrente no corpo.


Nos puntos onde se fala da Voltaxe, Intensidade e Resistencia faremos mención do comportamento do corpo humano frente ao paso da Corrente Eléctrica por el.


-- Volver