O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución ó SNCFP
A Lei orgánica 5/2002 crea o O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP) para dar resposta ás demandas de cualificación das persoas e empresas nunha sociedade en continuo proceso de cambio e innovación.
- O SNCFP está formado polos instrumentos e accións necesarios para promover e desenvolver a integración das ofertas de formación profesional, así como a avaliación e acreditación das correspondentes competencias profesionais, con independencia da súa forma de adquisición (aprendizaxes formais, non formais, informais ou a través da experiencia laboral).
Instrumentos e accións do SNCFP
- O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de estrutura modular, inclúe o contido da formación profesional asociada a cada cualificación.
- Un procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das cualificacións profesionais.
- A información e orientación en materia de formación profesional e emprego.
- A avaliación e mellora da calidade do SNCFP, para proporcionar a oportuna información sobre o funcionamento deste e sobre a súa adecuación ás necesidades formativas individuais e ás do sistema produtivo.
Obxectivos do SNCFP
- Orientar a formación ás demandas de cualificación das organizacións produtivas.
- Facilitar a adecuación entre a oferta e a demanda do mercado de traballo.
- Estender a formación ao longo da vida.
- Fomentar a libre circulación de traballadores.
Finalidades do SNCFP
- Capacitar aos traballadores para o exercicio profesional.
- Promover unha oferta formativa de calidade.
- Proporcionar información e orientación sobre formación profesional e cualificacións para o emprego.
- Favorecer o espírito emprendedor mediante a incorporación á oferta formativa de accións que capaciten para o desempeño de actividades empresariais e por conta propia.
- Avaliar e acreditar oficialmente a cualificación profesional, sexa cal sexa a forma de adquisición.
- Favorecer a inversión pública e privada na cualificación de traballadores e aproveitar do mellor modo os recursos adicados a formación profesional.