Monitor
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
O monitor é o dispositivo de saída máis utilizado. Mediante unha interface luminosa mostra os resultados ou os gráficos do procesamento do PC.
Existen varios tipos de monitores:
- De tubo de raios catódicos (CRT - Cathode Ray Tube).
- De pantalla de plasma (PDP - Plasma Display Panel ).
- De pantalla de cristal líquido (LCD - Liquid Crystal Display) ou TFT - Thin Film Transistor).
- De paneis de diodos orgánicos de emisión de luz (OLED - Organic Light-Emitting Diode).
A conexión do monitor ao PC faise a través da tarxeta gráfica do equipo e directamente a un conector que pode ser:
- VGA ou d-Sub para conexións analóxicas. Utilizado nos monitores CRT e en moitos LCD.
- DVI para conexións analóxicas (DVI-A) ou dixitais (DVI-D). Existen adaptadores DVI-A - VGA que permiten a conexión de monitores que non teñen o conector DVI. Tamén existe o conector DVI-I que soporta as transmisións analóxicas e dixitais do sinal de vídeo.
- HDMI que soporta a conexión de vídeo e de son dixital.
- Display Port. Conector dixital moi utilizado estes últimos anos en equipos MAC e Dell.
As características máis importantes dos monitores son as seguintes:
- Dimensións: Mídese en pulgadas (1 Pulgada = 2,5 cm) e da o tamaño da diagonal da pantalla.
- Tamaño do punto ou dot pitch.
- Frecuencia de varrido vertical: Veces por segundo que se "pinta" a pantalla. Deberiamos configuralo a 80 Hz como mínimo.
- Entrelazado: En cada varrido píntanse a "metade" das liñas da pantalla.
- Non entrelazado: En cada varrido píntanse todas as liñas.
- Baixa radiación.
- Axustes Dixitais para a configuración da pantalla.
-- Volver