Funcións
Introdución
Unha función JavaScript é, simplemente, unha sección separada de código á que lle dou un nome. Utilizando este nome, calquera script pode chamar a esta sección de código tantas veces como se queira e nos momentos en que o precise. As funcións poden recibir e devolver valores dende e cara as sentencias que as chaman. Estes valores denomínanse argumentos.
Creación de funcións
A sintaxe da declaración dunha función é a seguinte:
function NomeFunción ([argumento1],[argumento2],...,[argumentoN])
{
[sentencias]
}
As funcións deben declararse dentro das etiquetas de <script> e fora da declaración doutra función e de calquera estrutura de control. Recoméndase que as funcións se declaren dentro dun script que se atope incluído na sección <head> do documento. Ou sexa un documento externo que poidamos referenciar en calquera momento.
Chamada ás funcións
Unha vez declarada unha función, hai que ter en conta que esta non se executa ata que é chamada dende un script. Para chamar a unha función só hai que escribir unha sentencia que conteña o nome da función e, entre parénteses, os valores dos argumentos de chamada da mesma. Unha función pode ser chamada tantas veces como se precise.
- Exemplo: Crea unha función que se chame MostraPares(número). Que mostre os pares existentes dende o 1 e un número recollido coa función prompt().
<html> <head> <title>Funcións</title> <script language="javascript"> <!--ocúltase a información para os navegadores antigos function MostraPares(numero) { for (i=2; i<=numero; i=i+2) { document.write(i+", "); } } //final do comentario--> </script> </head> <body> <center> <script language="javascript"> <!--ocúltase a información para os navegadores antigos var num; num=prompt("Introduce un número:",""); document.write("<h3>Números pares entre 1 e "+num+"...</h3>"); MostraPares(num); document.write("<h3>¡Feito!</h3>"); //final do comentario--> </script> </center> </body> </html>
Utilizando argumentos
Utilizando variables locais e globais
Algunhas funcións propias de JavaScript
- prompt()
- ...