Especificacións técnicas das fontes de alimentación
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Cando se compra unha fonte de alimentación deberemos atender ás súas especificacións técnicas, estas, basicamente, nos dirán:
- Certificados 80 PLUS
- A súa potencia: Este é o dato mais relevante da fonte de alimentación. As unidades da potencia son os Watios (Voltaxe x Intensidade). Para un ordenador actual con, por exemplo, placa base ATX, 1 HD, Copiadora DVD, lector DVD, Ventiladores ... a fonte de alimentación debe proporcionar unha potencia maior de 350 W. Se non é así o ordenador "colgarase" a miúdo. A medida que se aumente a cantidade de elementos conectados ao equipo (discos duros, tarxetas gráficas, ventiladores,...) haberá que aumentar a potencia da fonte de alimentación.
- O tipo de conector ou conectores á placa base: Debería ter o de 24 pines mais o de 4+4 pines de 12V.
- Conectores para periféricos: Debería ter 4 para dispositivos IDE, 2 para disqueteras e 2, como mínimo, para SATA.
- Conectores para PCI-Express: Debería ter 2 conectores de 6 pines para PCI-Express para ter a posibilidade de conectar dúas tarxetas en modo CrossFire ou SLI.
- Modular: Que os cables e conectores se poidan ir engadindo a medida que se precisen (Exemplos).
- Silenciosa: Debería emitir menos de 20dB.
- Enlaces interesantes:
-- Volver