Caso de Estudo: VoIP nun Centro Educativo

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Escenario

O IES San Clemente é un centro educativo situado na rúa San Clemente s/n en Santiago de Compostela.

O claustro está composto de 90 e pico profesores, temos cerca de 25 departamentos conectados todos á centralita dixital de telefónica. En cada departamento hai conexións de rede RJ45 ó centro de cálculo san clemente onde se atopan os servidores centrais, firewall, routers, balanceador, ADSLs, etc.

Hai 4 liñas dispoñibles de entrada ó centro, e unha saída que desvía as chamadas a móviles a través dela.

Deséxase dar servicio de voip e ofrecer servizos de centralita automática, que permita contactar con departamentos e profesores directamente sin ter que falar con ninguén, desvio intelixente de chamadas, servizos avanzados de información, buzóns de voz, etc.

Discusión

Asterisk é a solución apropiada para o IES San Clemente. Asterisk proporciona todas as características que ten actualmente a centralita dixital do IES. Aínda que non se vai a suprimir o uso desa centralita mediante Asterisk vanse a integrar as comunicacións voip e as liñas actuais.

Asterisk é unha ferramenta moi potente e relativamente barata. Simplemente temos que configurar un equipo que faga o servizo de centralita e empregar tarxetas adicionais de conexión á centralita como por exemplo a tarxeta Digium T100P que dispón de señalización ISDN e se integra moi ben con Asterisk.

Nos equipos dos departamentos empregaremos clientes voip software ou teléfonos voip como Linksys.

Propostas

Arquivos de configuración:

  1. Arquivo chan_dahdi.conf
  2. Arquivo dahdi-channels.conf
  3. Arquivo extensions.conf
  4. Arquivo iax.conf
  5. Arquivo indications.conf
  6. Arquivo meetme.conf
  7. Arquivo musiconhold.conf
  8. Arquivo queues.conf
  9. Arquivo res_ldap.conf
  10. Arquivo sip.conf
  11. Arquivo system.conf
  12. Arquivo voicemail.conf