Algoritmos de Planificación da CPU
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Definicións
- Expropiación (preemption): Existen algoritmos con e sen expropiación da CPU. Isto significa que cando un proceso está executándose na CPU é posible que outro proceso entre en execución na CPU e saque (algoritmo expropiativo) ao que se está executando ou non o saque (algoritmo non expropiativo) durante a súa execución.
- Planificación apropiativa: O Sistema Operativo pode quitar (expropiar) a CPU ao proceso/fío.
- Planificación non apropiativa: Non se pode retirar o proceso/fío da CPU, o proceso/fío libera a CPU voluntariamente ao bloquearse ou finalizar.
- Intervalos de tempo: O proceso/fío pode executarse na CPU durante un determinado tempo en ciclos de CPU.
- Duración: Número de Ciclos de CPU que necesita o proceso/fío no estado execución na CPU.
- Tempo de espera: Tempo que un proceso/fío estivo esperando na cola de listos.
- Tempo de execución: Tempo que un proceso/fío estivo no estado execución na CPU.
- Tempo de retorno: Tempo que un proceso/fío tardou en completar a súa execución. É igual á suma do tempo de espera máis o tempo de execución.
- Prioridades: Os procesos/fíos poden posuír prioridades, as cales poden ser estáticas ou dinámicas.
Algoritmos de Planificación
Non Expropiativos | Si Expropiativos |
FCFS (First Come, First Serve) | RR (Round-Robin) (De roda) (Carrusel) |
SJF (Shortest Job First) | SRTF (Shortest Remaining Time First) |
Prioridades (estáticas e dinámicas) | Prioridades (estáticas e dinámicas) |
--ricardofc 24 nov 2008