FCFS CPU

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

FCFS (First Come First Served)

Este algoritmo tamén chamado FIFO (First Input First Output) ou PEPS (Primeiro en Entrar Primeiro en Sair) ten en conta a quenda de chegada. Este algoritmo determina que cando entra un proceso éste acapara a CPU, non podendo entrar outro proceso, ata o final da súa execución. Unha vez rematada a súa execución entra o seguinte proceso por orde de chegada na cola, e non abandoará a CPU ata o final da súa execución, e continuarase así ata finalizar a cola de procesos a executar.

Imos ver un exemplo para explicar como traballa o algoritmo FCFS:

  • Supoñemos a situación seguinte: 3 procesos chegan no mesmo instante, o tempo de chegada 0, e na orde P1, P2 e P3.
  • Tempo de chegada: 0
  • Cola: P1, P2, P3
  • Duración Proceso: P1-->12 ciclos de CPU, P2-->5 ciclos de CPU, P3-->7 ciclos de CPU.

sendo,

te|Pi O tempo de espera do Proceso Pi
tr|Pi O tempo de retorno do Proceso Pi

Imos calcular o tempo de espera(te), o tempo de retorno(tr) e o tempo medio de espera para este algoritmo, así como o Diagrama de Gantt correspondente,

FCFS CPU.png

Como podemos ver na imaxe o algoritmo FCFS segue este procedemento :
  1. Ciclo 1 da CPU-Tempo de Chegada 0: O primeiro proceso en entrar na CPU é o proceso P1 pois na orde de chegada é o primeiro da cola de procesos. O algoritmo FCFS determina que ao entrar un proceso esté ocupará a CPU ata que o mesmo remate, así o proceso P1 acapara a CPU durante os primeiros 12 ciclos da mesma.
  2. Ciclo 13 da CPU-Tempo de Chegada 12: A continuación entra na CPU o proceso P2 que é o seguinte na cola, co cal acapara a CPU 5 ciclos da mesma ata que o proceso remata.
  3. Ciclo 18 da CPU-Tempo de Chegada 17: Prosegue o seguinte na cola que é o proceso P3 acaparando a CPU 7 ciclos da mesma.

Imos ver que pasaría se agora,

  • Supoñemos a situación seguinte: 3 procesos chegan no mesmo instante, o tempo de chegada 0, e na orde P2, P3 e P1.
  • Tempo de chegada: 0
  • Cola: P2, P3, P1
  • Duración Proceso: P1-->12 ciclos de CPU, P2-->5 ciclos de CPU, P3-->7 ciclos de CPU.

sendo,

te|Pi O tempo de espera do Proceso Pi
tr|Pi O tempo de retorno do Proceso Pi


FCFS 2 CPU.png

Como podemos ver na imaxe o algoritmo FCFS segue este procedemento :
  1. Ciclo 1 da CPU-Tempo de Chegada 0: O primeiro proceso en entrar na CPU é o proceso P2 pois na orde de chegada é o primeiro da cola de procesos. O algoritmo FCFS determina que ao entrar un proceso esté ocupará a CPU ata que o mesmo remate, así o proceso P2 acapara a CPU durante os primeiros 5 ciclos da mesma.
  2. Ciclo 6 da CPU-Tempo de Chegada 5: A continuación entra na CPU o proceso P3 que é o seguinte na cola, co cal acapara a CPU 7 ciclos da mesma ata que o proceso remata.
  3. Ciclo 13 da CPU-Tempo de Chegada 12: Prosegue o seguinte na cola que é o proceso P1 acaparando a CPU 12 ciclos da mesma.


--ricardofc 24 nov 2008