Xestión do almacenamento en XCP/XenServer: NFS VHD, iSCSI. Store XenMotion
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Xen ten uns contedores de discos das MVS VDIs (Virtual Disc Image) que se coñecen con nome de Storage Resources (SR).
- Estes SR poden ser locais, como nos escenarios anteriores, ou remotos.
- Neste apartado veremos como crear/migrar discos de MVs, VDIs (Virtual Disc Image) en SR remotos.
- Este almacenamento externo ou remoto pode ser conectado ao host mediante:
- Tarxetas HBA (Hot Bus Adpaters) (http://es.wikipedia.org/wiki/Adaptador_de_host), que permiten ter un camiño directo á SAN sen ter que facer uso do procolo TCP/IP.
- Neste caso o equipo veo o almacenamento como se o tivera conectado directamente, como se por exemplo fose un disco SATA ou SCSI.
- Existen tarxetas iSCSI (HBA) que se conectan directamente ao equipo.
- Tarxetas HBA (Hot Bus Adpaters) (http://es.wikipedia.org/wiki/Adaptador_de_host), que permiten ter un camiño directo á SAN sen ter que facer uso do procolo TCP/IP.
- A seguinte imaxe amosa un exemplo dunha tarxeta iSCSI:
- Estas imaxes amosan unha cabina de discos, NAS.
- Cabina iSCSI
-
A parte traseira amosa 2 controladoras e cada unha delas amosa interfaces Ethernet (para iSCSI sobre TCP/IP) e conectores iSCSI para conectar ás HBAs.
-
Conxunto de discos da cabina.
- Pero a outra forma de conectarse, cando non se dispón de HBAs, ao almacenamento remoto é a través de:
- NFS
- iSCSI, facendo uso do protocolo TCP/IP, este tipo de conexión recibe o nome de Software iSCSI para diferencialo das HBAs Hardware.
- En ambos casos precísase un Sistema Operativo ou semellante (XEN) que sexa quen de entender NFS ou iSCSI sobre TCP/IP.
- Estes son os dous métodos que se van usar para conectarse á NAS.
- Ate agora os discos das MVs (VDIs) eran creados no almacenamento local do servidor XEN, neste apartado vanse almacenar os VDIs no almacenamento remoto a través de NFS ou iSCSI.
- Tamén se van migrar discos de MVs en quente entre os distintos almacenamentos remotos e local. Este proceso coñecese co nome de Store XenMotion e non está dispoñible en XenServer Free Edition
NFS VHD (Virtual Hard Disk)
- O escenario 6.F amosa un SR NFS.
- O recursos está compartido por NFS na NAS e montado no servidor xcp00.
- Nel vanse poder crear/almacenar os VDIs das MVs.
- Estes discos duros (VDI), non se van almacenar en formato XenServer senón en formato VHD de Microsoft, que permite expansión dinámica, de modo que, se asignamos un disco de 10 GB a unha MV este vai consumir no recurso o que consuma a información del almacenada (Igual que en VirtualBox).
Configuración da NAS
- Configuración do recurso NFS na NAS
-
Imos configurar o volume: NFS_SR
-
En permisos indicamos como propietarios a: noa/nobody
-
En compartición NFS, mapeamos a usuario noa e ollo!!!, marcamos a opción: Todos los directorios, porque XCP/XenServer vai montar os recursos que cree dentro de NFS_SR, non vai montar o recurso NFS_SR directamente. Esta opción nas NAS reais, nas comparticións NFS de calquera linux xa está habilitada por defecto.
Crear SR NFS VHD en XCP/XenServer
- Crear recurso NFS VHD
-
Engadimos un novo SR ...
-
Indicamos tipo NFS-VHD ...
-
Poñemos un nome significativo: Almacenamento VDIs (NFS).
-
Indicamos a ruta ao recurso: 172.16.0.100:/mnt/xen/NFS_SR
-
O SR conectado ao recurso. Estado OK.
-
Fixarse que se estableceu como SR por defecto, antes era o almacenamento local.
-
Dende un equipo calquera conectámonos ao recurso compartido NFS_SR e vemos que XCP creou unha carpeta cuxo nome é o uuid do SR (Observar a imaxe superior a esta). Nesta carpeta é onde se van almacenar os VDIs das MVs.
-
xe sr-list amosa os SR dispoñibles no host.
Experimentación con SRs NFS
- A continuación vaise experimentar cun novo NFS SR ...
- A experimentar ...
-
Creamos un novo recurso NFS VHD (Neste caso para xogar con el e logo borralo)
-
Ao premer en Scan xa nos indica que existe un SR nese recurso compartido e pregúntanos se o desexamos usar ou crear un novo SR. Escollemos esto é último.
-
O NFS SR conectado ...
-
A carpeta asociada ano novo SR.
-
Desconectámolo ...
-
Avisa de que se vai perder a conexión, mais non o contido do recurso.
-
Volver a conectalo ...
-
E xa nos ofrece o recurso ao que estaba asociado.
-
Desconectamos o adaptador da NAS polo cal se accede á NFS e reiniciamos o servidor XEN.
-
Ao reiniciar o servidor xcp pode arroxar erros ao non atopar os SR remotos.
-
O servidor está en estado de mantemento e ...
-
Finalmente o servidor está operativo, pero non están dispoñibles os recursos da NAS, neste caso NFS VHD e a biblioteca de ISOs do escenario 6.E.
-
Conectamos o cable na NAS e co botón dereito sobre o SR marcamos reparar.
-
Reparándose o SR ...
-
SR conectado ...
-
Recuperamos os demais SRs pero facendo uso de CLI xe ...
-
Con xe sr-list buscamos o uuid do SR que desexamos recuperar
-
con xe sr-param-list uuid= podemos ver o PBD (Physical Block Disk) ...
-
con xe sr-param-list uuid= params=name-label,PBDs vemos en concreto 2 campos...
-
e finalmente con xe pbd-plug uuid= conectaríamos o SR.
-
Todos os SRs conectados.
-
Con mount vese onde están montados os SRs compartidos por NFS: en /var/run/sr-mount/...
-
Volvemos a desconectar o SR ...
-
Tamén eliminamos a referencia do XEN...
-
Advertencia de que imos perder a conexión pero que no recurso segue a información que puidera haber.
-
Vemos que a carpeta segue no recurso NFS_SR. Se volvemos a crear un novo SR ben neste host ou noutro calquera poderíamos volver a reusar oas estes SRs.
Crear MV con VDI en SR NFS
- Crear una MV en SR NFS
-
Crear una nova MV: dnfs
-
Cambiar o SR do VDI ...
-
Seleccionar o Almacenamento NFS de VDIs anterior.
-
SR para o DVI
-
En rede escollemos Tráfico MVs. Creamos a MV
-
Vemos o VDI asociado á MV dentro da NFS_SR/Carpeta do SR. O tamaño é de 1,29 GB cando e cando creamos a MV ...
-
... indicamos 8 GB.
Migración de VDI en quente: Storage XenMotion
- A continuación vaise acender unha MV e migrar o seu VDI do SR local ao SR NFS.
- Este proceso coñécese co nome de Storage XenMotion
- Permite mover VDIs de MVs acesas entre hosts e entre distintos SRs.
- Facilita o mantemento dun servidor, dunha NAS, etc.
- Perante o proceso XEN fai un Snapshot do disco da MV, move ese Snapshot e logo move as diferencias entre o estado actual e o Snapshot. Finalmente borra o VDI do orixe.
- Polo descrito anteriormente asegurarse que no destino hai suficiente espazo.
- Esta funcionalidade non está dispoñible en XenServer Free Edition.
- Storage XenMotion
-
Acendemos a MV drouter e habilitamos un ping 8.8.8.8 ...
-
Imos a Local Storage á lapela Storage sobre o disco da MV drouter premer co botón dereito e escoller: Move Virtual Disk...
-
Indicar o destino, neste caso Almacenamento NFS VDIs
-
Observar o lema (Dobre frecha) que adoptou drouter
-
drouter rematou o proceso ...
-
Paramos o ping e non se perdeu ningún paquete.
-
Na lapela Storage de drouter vemos o SR no que está o VDI.
-
No SR NFS podemos ver os 2 VDIs asociados a dnfs e drouter. Vemos que ocupan 8 GB cada un ...
-
O mesmo na lapela Storage do host.
-
Pero a realidade no recurso NFS_SR da NAS é outro, ...Observar o disco pequeno que son as diferencias de canso se moveu drouter
-
O contido do ficheiro filelog.
Copiar/Mover MVs apagadas
- Para copiar/mover MVs entre hosts ou SRs simplemente hai que premer co botón dereito sobre ela e ...
- Copiar / Mover MVs
-
Premer co botón dereito sobre a MV ... e seleccionar o SR de destino ... Pero neste caso non se realiou ningunha copia nin movemento.
iSCSI
- Ao igual que se viu no apartado anterior tamén se pode usar un dispositivo iSCIS para almacenar os VDIs.
- XCP/XenServer usar open-iscsi para linux como se viu na parte III do curso.
- Para a creación de discos usa LVM (http://es.wikipedia.org/wiki/Logical_Volume_Manager), ao igual que no SR local, co cal a velocidade de acceso é máis rápida aos VDIs creados en iSCSI que aos creados en NFS VHD.
Configuración das NAS para iSCSI
- Configuración do destino iSCSI
-
Imos configurar o volume ZFS para ser exportado por iSCSI.
-
Na lapela configuración global do destino cambiar os seguintes valores, tal e como recomenda FreeNAS (http://doc.freenas.org/index.php/ISCSI#Target_Global_Configuration):
Envíos máximos de R2T: 255
Máximos RST pendentes: 64
Longitud de la primera transmisión: 262,144
Longitud máxima de transmisión: 2,097,152 -
Configurar os Iniciadores para que só se poida chegar dende a rede 172.16.0.0/24.
-
Configurar o Portal para que só exporte o dispositivo pola IP 172.16.0.100.
-
Configurar o Destino
-
... o nome do destino Destino como iscsi-sr, o iniciador, a autenticación CHAP, etc.
-
Estender dispositivo ...
-
Seleccionar o dispositivo iSCSI_SR.
-
Asociar os destinos.
-
Parar e iniciar o servizo iSCSI.
Crear SR iSCSI en XCP/XenServer
- Crear SR iSCSI
-
Crear novo SR
-
Como sempre en /etc/iscsi estará almacenada a información de conexión por iSCSI.
-
Seleccionar Software iSCSI
-
Poñer un nome significativo: Almacenamento VDIs (iSCSI).
-
Poñer a IP pola que chegar ao destino/portal iSCSI: 172.16.0.100, Premer en Discover IQNs. Se todo vai ben ... Se nos trabucamos no contrasinal, na IP, etc, entón borrar /etc/iscsi/send_targets como se viu na parte III.
-
A amosará o nome do portal da NAS. Premer en Discover LUNs (Os dipostivos).
-
Se todo vai ben amosará o disco de 200GB.
-
Finalizar a conexión ...
-
Advertencia de que o dispositivo iSCSI non ten formato... formatalo.
-
Proceso de formato ...
-
SR conectado ao destino iSCSI
-
Observar que Multipath non está activo.
-
Na lapela Storages pódese ver o SR iSCSI.
Experimentación con SR iSCSI
- Imos realizar as mesmas probas que se fixeron con NFS VHD.
- Crear SR iSCSI
-
Desconectar o SR
-
Advertencia de que se perderá a conexión, pero que o contido permanecerá intecto.
-
Volver a conectar
-
Configurar os parámetros do Destino/Portal.
-
Advertencia de que ese dispositivo iSCSI xa estivo conectado a un SR. Reconectar ...
-
SR conectado.
-
Volver a desconectalo ...
-
Esquecelo ...
-
Desconectarase o SR permanentemente do dispositivo iSCSI.
-
Volver a crear o SR iSCSI.
-
Cubrir os campos ...
-
Conectando ...
-
Advertencia de que ese dispositivo iSCSI xa foi formatado por un XCP/XenServer. Pregúntanos se desexamos formatalo de novo ou reconectalo tal e como está.
-
SR conectado
-
Se ao reiniciar o host, non aparecese conectado o SR iSCSI
-
Editar o ficheiro default do nodo e cambiar node.startup = manual por automatic.
-
En xsconsole tamén se poden administrar os SRs.
Operacións con SR iSCSI en relación as MVs
- As mesmas operacións que se realizaron co SR NFS poden ser realizadas co SR iSCSI:
- Crear MVs.
- Migracións en quente dos VDIs: Store XenMotion.
- Copiar/Mover MVs.
Escenarios nos que as MVs poden usar recursos compartidos por NFS/SAMBA ou iSCSI
- O usuario co visto ate agora, se o desexa, pode ser quen de implantar os seguintes escenarios:
Recursos de almacenamento de uso masivo fóra dos servidores: na NAS
- Ao dispoñer dunha NAS pódese almacenar os datos que xestiona o usuario na NAS, por exemplo, as súas carpetas de usuarios.
- Deste xeito, o servidor de usuarios (LDAP/ Active Directory) non ten porque almacenar el as carpetas dos usuarios.
- O servidor debe montar o recurso compartido por SAMBA ou NFS (segundo corresponda) e xestionar a BBDD de usuarios de modo que cando dea un usuario de alta debe indicarlle que a súa carpeta personal está dentro dun recurso compartido da NAS.
- Os clientes so acudirán ao Servidor para autenticarse e para coñecer onde se atopan as súas carpetas persoais, que están dentro dun recurso compartido da NAS.
Dispositivos de almacenamento rápidos para unha MV: iSCSI
- Supoñer un servidor de Base de Datos (MySQL) onde desexamos que as BBDD que administra o Xestor estena nun dispositivo de almacenamento rápido e fóra do servidor.
- Temos 2 alternativas:
- Montar no servidor XEN un dispositivo iSCSI da NAS e crear un VDI para á MV ou
- Asignar o dispositivo iSCSI da NAS directamente á MV, que é o que amosa o seguinte escenario.




