Diferencia entre revisiones de «Xestión de cotas de disco en FreeNAS»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Comprobación do efecto das cotas e monitorización do uso de disco)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 02:33 12 feb 2017

  • Nesta sección imos ver como establecer e xestionar cotas de disco por usuario nun volume ou un conxunto de datos ZFS en FreeNAS.
  • Estas cotas de disco aplicaranse a nivel de sistema de ficheiros, así que serán efectivas independentemente do protocolo que utilicemos para acceder ás carpetas do volume (CIFS ou NFS).
  • Para configuración e monitorización das cotas de disco usaremos o comando zfs, que admite moitos subcomandos para realizar operacións sobre sistemas de ficheiros ZFS. A ferramenta de administración de FreeNAS non inclúe polo momento ningún apartado para establecer e xestionar as cotas.

Establecer as cotas por usuarios

  • Podemos ver o uso de disco dun usuario nun volume ZFS ou un conxunto de datos co comando:
zfs get userused@usuario conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs get userused@sol datos/usuarios
NAME            PROPERTY      VALUE         SOURCE
datos/usuarios  userused@sol  12.0M         local
[root@nas00] ~#
  • Establecemos unha cota para un usuario co comando:
zfs set userquota@usuario=tamaño_da_cota conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs set userquota@sol=20m datos/usuarios
  • E podemos comprobar a cota establecida para o usuario con:
zfs get userquota@usuario conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs get userquota@sol datos/usuarios
NAME            PROPERTY       VALUE          SOURCE
datos/usuarios  userquota@sol  20M            local

Comprobación do efecto das cotas e monitorización do uso de disco

  • Unha vez teñamos configuradas as cotas de disco para os usuarios do dominio, moitas veces quereremos visualizar a cota de todos os usuarios sobre un volume ou un conxunto de datos e o consumo que leva cada usuario desa cota. Iso podémolo facer co comando:
zfs userspace conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs userspace datos/usuarios
TYPE        NAME            USED  QUOTA
POSIX User  administrator    43K   none
POSIX User  root             85K   none
POSIX User  sol            12.0M    20M
  • Imos facer unha pequena proba do efecto da cota de disco, iniciando sesión en wclient01 co usuario sol:
  • Na máquina FreeNAS, podemos ver con zfs userspace que o espazo consumido polo usuario alcanzou a súa cota:
[root@nas00] ~# zfs userspace datos/usuarios
TYPE        NAME            USED  QUOTA
POSIX User  administrator    43K   none
POSIX User  root             85K   none
POSIX User  sol            20.2M    20M



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez