Xestión de cotas de disco en FreeNAS
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Nesta sección imos ver como establecer e xestionar cotas de disco por usuario nun volume ou un conxunto de datos ZFS en FreeNAS.
- Estas cotas de disco aplicaranse a nivel de sistema de ficheiros, así que serán efectivas independentemente do protocolo que utilicemos para acceder ás carpetas do volume (CIFS ou NFS).
- Para configuración e monitorización das cotas de disco usaremos o comando zfs, que admite moitos subcomandos para realizar operacións sobre sistemas de ficheiros ZFS. A ferramenta de administración de FreeNAS non inclúe polo momento ningún apartado para establecer e xestionar as cotas.
Establecer as cotas por usuarios
- Podemos ver o uso de disco dun usuario nun volume ZFS ou un conxunto de datos co comando:
zfs get userused@usuario conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs get userused@sol datos/usuarios
NAME PROPERTY VALUE SOURCE
datos/usuarios userused@sol 12.0M local
[root@nas00] ~#
- Establecemos unha cota para un usuario co comando:
zfs set userquota@usuario=tamaño_da_cota conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs set userquota@sol=20m datos/usuarios
- E podemos comprobar a cota establecida para o usuario con:
zfs get userquota@usuario conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs get userquota@sol datos/usuarios
NAME PROPERTY VALUE SOURCE
datos/usuarios userquota@sol 20M local
Comprobación do efecto das cotas e monitorización do uso de disco
- Unha vez teñamos configuradas as cotas de disco para os usuarios do dominio, moitas veces quereremos visualizar a cota de todos os usuarios sobre un volume ou un conxunto de datos e o consumo que leva cada usuario desa cota. Iso podémolo facer co comando:
zfs userspace conxunto_de_datos
[root@nas00] ~# zfs userspace datos/usuarios
TYPE NAME USED QUOTA
POSIX User administrator 43K none
POSIX User root 85K none
POSIX User sol 12.0M 20M
- Imos facer unha pequena proba do efecto da cota de disco, iniciando sesión en wclient01 co usuario sol:
Se iniciamos o explorador de ficheiros de Windows, veremos que un defecto das cotas ZFS é que non se transmite aos clientes CIFS como tamaño da unidade o límite imposto pola cota (como si se fai coas cotas de outros sistemas de ficheiros), pero imos comprobar que si se aplica o seu efecto. sol inicia a descarga do ficheiro de instalación de LibreOffice, seleccionando como destino a súa carpeta persoal (Z:).
- Na máquina FreeNAS, podemos ver con zfs userspace que o espazo consumido polo usuario alcanzou a súa cota:
[root@nas00] ~# zfs userspace datos/usuarios
TYPE NAME USED QUOTA
POSIX User administrator 43K none
POSIX User root 85K none
POSIX User sol 20.2M 20M