Uso de Máquinas Virtuais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 21:36 18 abr 2015 de Carrion (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Como xa se indicou en Coñecementos previos vaise traballar con VirtualBox:
    • Instalaremos Máquinas Base (ou maqueta ou plantilla) coas configuracións mínimas e comúns a tódolos escenarios e logo Exportaremos os servizos virtualizados para ter unha copia das MVs base, polo que poida pasar no futuro.
    • Tamén traballaremos con instantáneas para realizar unha serie de pasos e logo volver cara atrás cando sexa preciso.


  • Usaremos a nova configuración de rede de VirtualBox: Rede NAT que fai que o equipo Host se converta nun router con NAT entre as MVs e a LAN. Un router como o que se instala nas casas.
    • Isto permitiranos ter tódolas MVs de cada usuario coa mesma configuración IP.
    • Ao mesmo tempo tódalas MVs dun usuario terán conexión entre si e co exterior.
    • Para conectarse dende o exterior ás MVs hai que facelo abrindo portos na configuración de Rede NAT, por defecto, non hai conexión do exterior ás MVs, ao igual que na configuración de rede NAT pura.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (Abril 2014- Rev Abr 2015).