Pool de servidores: Homoxéneos, Heteroxéneos
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Unha das funcionalidades que aporta XCP/XenServer é que se poden agrupar varios hosts XCP/XenServer nunha única entidade de xestión. Esta entidade denomínase Pool.
- Dispor dun Pool favorece:
- Iniciar MVs en calquera host do pool, icluso o Pool pode escoller iniciala no host menos cargado.
- Migrar MVs en quente dun host a outro, este proceso coñecese como XenMotion e débese dispoñer de almacenamento externo compartido.
- Se cae un host, as MVs que estaba executando móvense automáticamente para os outros hosts do Pool. Esta funcionalidade denomínase Alta dispoñibilidade, High Avaialability (HA) e non está dispoñible en XenServer Free Edition e en XCP tampouco ten esa funcionalidade proporcionada por XenServer. Pódese intentar ter HA en XCP facendo uso da ferramenta de HA: DRDB
- Páxina do proxecto:http://www.drbd.org/
- Indicación na wiki de XCP:http://wiki.xen.org/wiki/XCP_DRBD
- Nun Pool un dos hosts actúa como Mestre (Master). Ese host é o que expón o interface de administración de toda a entidade.
- Se se realiza unha operación no Master, esta reprodúcese nos demais membros.
- Se o Master cae, entón cae todo o Pool, salvo que se dispoña da funcionalidade HA.
- Cando se engade un host a un Pool, este herda:
- os SRs externos dos que dispoña o Pool, pero para que sexan efectivos ese host debe dispoñer dos mesmos camiños para chegar aos recursos de almacenamento.
- As redes (Switches Virtuais) que teña o pool.
- Esta é a razón pola que no escenarios anteriores xcp00 se foi cargando de cousas (Rede, Almacenamento) para cando sexa o Master dun Pool observar que pasa co host que se una a ese Pool.
- Os Pools pode dividirse en:
- Homoxéneos: As CPUs dos hosts son do mesmo tipo, modelo e funcionalidades.
- Heteroxéneos: Cando as CPUs non son do mesmo tipo. Neste caso hai que engadir o equipo ao Pool a través de xsconsole ou CLI xe.
- XenServer Free Edition non pode crear Pools Heteroxéneos
- Para engadir elementos a un Pool:
- Estes debe estar correndo a mesma versión de XEN, e as mesmas actualizacións.
- Non é membro doutro Pool.
- Non usa almacenamento compartido (remoto)
- Non ten MVs funcionando o suspendidaas
- Non hai operacións activas no momento da unión.
- Revisar que os reloxos estean sincronizados
- O Management Interface non debe estar en Bonding (Pódese configurar despois de unirse ao Pool)
- Os membros dun Pool:
- Poden ter diferente número de NICs.
- Almacenamento propio local e de distintos tamaños.
Pool homexéneo
- A continuación vaise crear unha nova MV, xcp01 coas mesmas características que xcp00.
Instalar xcp01: Host que se vai unir ao Pool
- Crear unha MV, xcp01 do mesmo xeito que se creou xcp00:
- 3 tarxetas de rede en modo promiscuo.
- 1ª e 2ª en modo Ponte.
- En modo Rede Interna.
- Mesmo número de CPUS e mesmas funcionalidades.
- Memoria RAM non ten porque ser igual. Nesta práctica vaise asignar 1 GB a xcp01. Quen o desexe pode configurar en función das súas posibilidades.
- 3 tarxetas de rede en modo promiscuo.
- Configuración xcp01
-
Primeiro adaptador de rede (Ponte/Promiscuo)...
-
Segundo en modo Rede Interna ...
-
Terceiro en modo Rede Interna
-
Memoria RAM.
-
Os tres NICs
-
As tres redes cos nomes por defecto e o Management Interface configurado coa IP X.Y.Z.201. Non se configura nada máis.
Crear Pool Homoxéneo
- O escenario 6.J pode resultar lioso, pero se se analiza con detemento, pódese observar que cando xcp01 forme parte do Pool cuxo máster é xcop00, xcp01 vai herdar as configuracións de rede e de SRs do máster, isto é do Pool.
- Crear Pool
-
Lembrar como está configurado xcp00 dos escenarios anteriores:
-
Varias redes (xestión, interna e tráfico MVs)
-
Tres NICs.
-
Catro SRs:
CIFS ISOs (contra un PC).
NFS ISOS (Contra a NAS).
NHS VHD (Contra a NAS)
iSCSI (Contra a NAS). -
Crear un novo Pool
-
Observar que indica que o HW de xcp01 non coincide co de xcp00(quen vai ser o Master). Neste caso fíxose a propósito que tiveses distinto número de CPUs.
-
Unha vez solventadas as diferencias ... Crear un Pool: Pool - Homoxéneo.
-
Proceso de creación do Pool, xcp01 está en modo Mantemento mentres herda a configuración de xcp00.
-
xcp01 xa está activo. Vemos que os SR externos, os compartidos, pertencen ao Pool e non a ningún host en concreto. Pero 3 deles, os que van contra a NAS, non está activos, por que será?. Pronto o arranxaremos.
-
Revisemos características do Pool: As MVs que te cada un ...
-
A Memoria de cada host ...
-
Os SR
-
A rede. Fantástico vemos que o host xcp01 herdou a configuración de rede de xcp0, incluso a rede interna privada, pero ... Observar que para xcp00 hai 2 configuracións IP (xestión e almacenamento), pero para xcp01 hai so unha configuración IP (xestión) ...
-
Se tratamos de reparar un do SR compartidos ...
-
Non imos ter éxito, pois dende xcp01 non hai un camiño para chegar ao almacenamento da NAS.
-
En xcp01 engadir ...
-
Unha IP sobre a Rede Almacenamento para poder chegar á NAS: 172.16.0.201/24
-
Interface de Almacenamento creado. Observar que non lle chamamos igual que en xcp00.
-
Agora xa podemos reparar os SRs
-
SR reparado.
-
Pool totalmente operativo.
Operacións con MVs nun Pool
- Imos ver que cousas se poden realizar coas MVs.
- Agora podemos mover discos de MVs entre os almacenamentos locais dos 2 hosts, por exemplo, incluso en quente.
Inicio e Migración (XenMotion)
- Operacións con MVs
-
Coa MV dnfs que está no SR NFS_SR' podemos indicarlle onde queremos que se inicie, e aínda que pertence ao host xcp00 imos iniciala no xcp01.
-
Isto é posible a que os membros do pool comparten o SR: NFS_SR
-
Vemos que a MV está iniciada en xcp01. Arrancamos un ping 8.8.8.8 na consola da MV. Porque imos migrala en quente á xcp00.
-
A MV está migrándose, esta funcionalidade coñécese con nome de XenMotion
-
A MV está migrada, o ping parado e non se perdeu ningún.
Onde se inicia unha MV?
- Inicio das MVs
-
Imos ver onde se pode indicar en que host debe iniciarse unha MV. Seleccionar unha MV (drouter) premer en Propiedades.
-
<gallery caption="Operacións con MVs" widths="350" heights="250px" perrow="2">
-
Por defecto está asignada ao host xcp00.
-
Pero podemos indicarlle que non a asigne a ningún host.
-
Deste xeito a MV é do Pool e non dun host en concreto. Cando se incie tratará de facelo sempre no mesmo host se este dispón de recursos.
-
Para este exemplo, iniciáronse varias MVs en xcp00, co cal xa non admite máis. A drouter baixóuselle a RAM a 128 MB, para que poida iniciarse en xcp01. Agora cando lle indicamos que se inicie, esta non ten outra que escoller o host xcp02 para executarse.
Crear MVs
- Crear MVs
-
Imos simular que se crea unha MV, pois ao final cancelamos o proceso. MV discsi. Creada a partir de plantilla dBase ...
-
Non deixa que a MV sexa creada como do Pool. Isto é porque no template estaba asignada a un host e non ao Pool.
-
En cambio si se crea unha MV a partir dunha plantilla do Sistema o dun template creado por nos que estaba asignado ao Pool, entón si que deixa crear a MV asignada ao Pool.
A Rede no Pool
- Crear/Borrar unha rede
-
Pódese crear unha unha rede nun host, por exemplo en xcp01.
-
Que aparecerá no outro host e incluso pode borrala.
Apagar o Pool
- Apagar o Pool
-
Apagar xcp01
-
Apagar o Pool.
-
Imos crear un Pool Heteroxéneo.
Pool Heteroxéneo
- O escenario anterior está moi completo (Distintas Redes, SRs e MVs), como para forzalo a estar nun Pool heteroxéneo.
- Para esta ocasión imos crear un novo host xcp02 en VirtualBox e tratar de unilo ao Pool no que o host real xcpA é o Master.
- Vaise usar un so NIC para todo tipo de tráfico (Xestión, Almacenamento e MVs).
- Nun Pool heteroxéno, pode ser que a migración de MVs entre os hosts (XenMotion) cause estados de erro na MV a migrar.
- O escenario 6.K amosa dun modo sinxelo como vai estar formado o Pool heteroxéneo.
Configuración inicial dos hosts
- Configuración dos hosts
-
Crear un novo host en VirtualBox: xcp02.
-
Configuración IP de xcpA: X.Y.Z.150
-
Configuración IP de xcp02:X.Y.Z.202
Crear Pool Heteroxéneo
- Crear Pool
-
Novo Pool
-
Indica que o HW de xcp02 non coincide co do Master xcpA. Creamos o Pool igualmente só con xcpA
-
Vemos o Pool creado con so un host e xcp02 está fóra do Pool.
-
En xsconsole de xcp02 ir a Resource Pool configuration.
-
Tratamos de unilo ao Pool
-
de xcpA
-
Pero como no caso anterior, non deixa.
-
Imos agora Forzar a Unión ao Pool.
-
Aviso de que pode que pode que haxa incompatibilidades entre hosts.
-
Metemos os datos de xcpA
-
E houbo éxito.
-
xcp02 forma parte do Pool - Heteroxéneo.
-
Podemos eliminar a súa referencia de fóra do Pool do XenCenter.
Engadir SRs
- No caso anterior creamos o Pool despois de que o Master xa tiña creados varios SRs.
- Nesta ocasión imos crear un SR NFS VHD despois de crear o Pool.
- Engadir SR
-
Engadir o mesmo recurso NFS da NAs que no caso anterior: NFS_SR. Observar como amosa os dous SRs creados en escenarios anteriores. Poderíamos usalos, pero imos crear un novo.
-
Recurso SR creado para o Pool.
Operacións con MVs
- Pódense realizar as mesmas operacións con MVs que non Pool Homoxéneo, salvo a Migración que pode causar problemas á MV Migrada.
- Neste exemplo do material ...
- Operacións con MVs
-
Creamos unha MV urouter para o Pool
-
Acendémola en xcp02, abrimos un ping 8.8.8.8
-
Migrámola a xcpA con éxito, cero pings perdidos.






