Operacións con discos e soportes externos: montar, desmontar, formatar, etc.

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:16 23 mar 2015 de Antonio (discusión | contribuciones) (Redimensionar/mover unha partición)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta sección afondarase sobre todo canto atinxe a montaxe/desmontaxe de sistemas de almacenamento, o seu formato, etc. Para a realización destas operacións faremos uso de dúas ferramentas:

  • O Editor de particións GParted, para visualizar e manipular as unidades e particións do equipo. Se non aparecese este programa no dash, haberá que instalalo co Centro de software de Ubuntu.
  • A ferramenta que atoparemos no dash co nome de Discos, que é unha utilidade desenvolvida dentro do proxecto Gnome, para a edición dos puntos de montaxe e das particións do equipo.

Moitas das operacións pódense facer con calquera das dúas ferramentas, pero outras como a edición de opcións da montaxe só as poderemos facer dende a ferramenta de Discos, mentres que o redimensionamento de particións só é posible con GParted.

Para realizar as operacións que abordaremos débese iniciar sesión cun usuario de perfil administrador, neste caso noa.

O sistema de ficheiros

Os discos en Linux noméanse da seguinte forma:

  • hda, hdb, hdc, etc. se son discos tipo IDE (ou PATA).
  • sda, sdb, sdc, etc. se son discos SerialATA (tamén coñecidos como SATA), soportes externos (Discos USB, chaves USB, tarxetas de cámaras de fotos), etc.


As particións dos discos identifícanse cun numero. Así sda1 e sda5 son dúas particións do disco sda, e sdb1 e sdb3 son outras dúas particións do disco sdb.

Na carpeta /dev é onde están accesibles cada un deses soportes/particións.

Un punto de montaxe é unha carpeta que apunta a unha partición ou soporte de almacenamento.

En caso de dúbidas, aconséllase repasar as unidades de disco en GNU/Linux

Platega U810 Unidades en linux.jpg


Dende o navegador Nautilus o apartado de Dispositivos do panel lateral permite acceder a todos os soportes de almacenamento presentes no sistema. Un deles chámase Computador e non é máis que acceder a todas as carpetas e arquivos que se atopan na raíz do sistema (O directorio /)


Na segunda imaxe pódese observar:

  • O directorio/carpeta raíz (/) apunta á unha partición do disco fixo sda, en concreto apunta á partición do sda5. Isto é, a partición /dev/sda5 está montada nunha carpeta chamada /. Cando alguén accede ao directorio ou carpeta chamada / , en realidade, está accedendo á partición sda5 do disco sda.
  • Todas as carpetas e ficheiros que están dentro do directorio / están na partición sda5.
  • A carpeta /home está explicitamente almacenada na partición sda5, pero cando se accede ao interior desa carpeta estase accedendo á partición sda7 do disco sda. Moita atención con isto, por iso está pintada cunha liña punteada.
    • Isto é, a partición /dev/sda7 está montada nunha carpeta chamada /home, pero esta carpeta está almacenada nunha carpeta chamada / que á súa vez está en sda5. Pero cando se accede ao contido de /home (ao que hai dentro de /home) estase accedendo a información que hai contida na partición sda7. Esperamos que non se líe a cuestión.

A partición de datos dos usuarios

Cando se instalou o sistema decidiuse que os datos dos usuarios (/home) ían residir nunha partición distinta á do resto do sistema. O contido de /home podería estar perfectamente en / (ou directorio raíz), pero deste xeito non se tería separado o sistema GNU/Linux dos datos dos usuarios. Telos separados permítenos instalar o Sistema GNU/Linux cantas veces se desexe, pero sen ter que modificar os datos dos usuarios nin perdelos do ordenador (aínda así, hai que facer copia de seguridade, nunca se sabe o que lle pode pasar ao ordenador en calquera momento).

A partición de intercambio Win-Linux

Tamén, cando se instalou o sistema decidiuse crear unha partición con formato fat32 para que fose accesible tanto por Ubuntu como por MS Windows.

Problema de acceso co usuario noa

Antes de comezar a traballar con esta partición, imos resolver un problema que atoparemos se queremos acceder aos seus contidos co usuario noa.

Partición e punto de montaxe que estamos usando

Desmontar a partición

Vanse realizar unha serie de operacións coa partición, para iso é preciso desmontala. Ao desmontala deixa de estar accesible, ate que se volva a montar. É como cando en MS Windows se extrae un dispositivo USB con seguridade.

Etiquetar a partición

Agora que se ten desmontada a partición, pódese formatar, cambiar o tamaño, poñer unha etiqueta ou nome , etc.

Montar unha partición non montada ao iniciar o sistema

A partición /dev/sda2, onde reside o MS Windows, tamén aparece no apartado de Dispositivos da barra lateral do Nautilus. Se se observa a imaxe, o soporte se chama Volume 43 GB porque esa partición non ten unha etiqueta, aínda que isto pode ser distinto en cada equipo.

Plat sl 12 disc 20b.jpg


Xestionar os puntos de montaxe ao iniciar o sistema

Ao iniciar calquera sistema GNU/Linux lese o arquivo /etc/fstab, onde residen as particións que se montarán permanentemente e os seus puntos de montaxe. Desta maneira, cando se acende o equipo ou reinicia, este monta todas as particións que residen no ficheiro /etc/fstab.

Na imaxe pódese ver o contido deste ficheiro. Todas as liñas que comezan co carácter # con comentarios e son omitidos polo sistema. A liña que vemos marcada é a que indica que se monte a partición de intercambio na carpeta /media/win-linux:

Plat sl 12 disc 18.png

Ese arquivo pódese modificar á man, para que monte novas particións, para que deixe de montar algunha que xa montaba ou para que a monte noutra carpeta, pero para iso precísanse dúas cousas: editalo como administrador, que aínda non sabemos (pero sería algo así como dende a liña de comandos executar sudo gedit /etc/fstab) e logo algo máis importante: saber como modificar ese arquivo, xa que como todos os ficheiros de configuración ten unha sintaxe moi estrita que debemos respectar para que funcione correctamente.

Por iso imos ver outra alternativa para xestionar os puntos de montaxe, que de paso vainos servir para coñecer outra utilidade de xestión de disco que ofrece Ubuntu. Podemos atopala no Dash co nome Discos:


Cambiar o punto de montaxe dunha partición

Nesta ocasión vaise montar a partición /dev/sda8 nunha carpeta distinta á que ten na actualidade. Non se vai montar dentro dunha carpeta de /media, para que se observe o que acontece. Partimos desta configuración no ficheiro /etc/fstab:

Plat sl 12 disc 18.png


Montar un soporte externo (CD, DVD, lapis USB (Pendrive), tarxeta SD de fotos,...)

E que pasa cando se introduce unha chave USB (Lapis USB, Pirulo, Pendrive, disco externo, etc, etc), un CD, DVD ou unha tarxeta SD dun teléfono móbil ou unha cámara de fotos?



Eliminar nun soporte externo

E que pasa cando se elimina contido dun soporte externo?, Vai ao lixo?

Poñer unha etiqueta a un soporte externo

Se se dispoñen de varios Lapis USB ou dispositivos de almacenamento externos é bo etiquetalos para á hora de conectar simultaneamente varios ao ordenador saber cal é cal.

Isto xa se fixo antes para etiquetar a partición /dev/sda8, pero neste caso para amosar outra opción ímolo facer coa ferramenta de Discos.

Formatar unha partición

Neste caso vaise usar o lapis USB, ollo con esta operación, pois perderase toda a información que se conteña na partición.

Redimensionar/mover unha partición

Cando se instalou o sistema redimensionouse unha partición de MS Windows para facer sitio para GNU/Linux. Como se redimensiona unha partición unha vez instalado o sistema?

A ferramenta de Discos non ofrece a funcionalidade de redimensionar ou mover unha partición, así que teremos que usar o editor de particións GParted. Folga dicir que antes de realizar unha operación deste tipo é aconsellable ter unha copia de seguridade polo que poida pasar.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez