O Escritorio, a aparencia e configuración do sistema

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Veranse a continuación os distintos elementos que permitirán personalizar a contorna de traballo: o escritorio, os menús, as aplicacións, etc.

O escritorio

  • IMPORTANTE: Como xa se mencionou o material do curso foi elaborado coa versión 11.10 de Ubuntu. Como volver capturar tódalas imaxes é algo moi tedioso, o que se fixo foi actualizar aquelas imaxes que cambian substancialmente da versión 14.04 á versión 11.10.
    • Por tanto, deixaranse aquelas imaxes da versión 11.10, que aínda sendo distintas ás imaxes da versión 14.04, conservan a mesma "filosofía" do que se desexa transmitir.
    • Co cal, a continuación vai haber imaxes misturadas da versión 11.10 e a versión 14.04.


  • As versións actuais de Ubuntu teñen un entorno gráfico que se denomina Unity. Este é un interface desenvolvido sobre GNOME, que é outra contorna gráfica.
  • A páxina oficial de Unity http://unity.ubuntu.com/, indica que este interface pretende ser un contorno integrado, elegante e sinxelo para o acceso á información do usuario así como ás aplicacións. Ademais, de estar xa preparado para, os cada vez máis presentes, dispositivos táctiles.


O Escritorio Unity

Ubuntu Desktop Ed 2014 Escritorio.jpg

  • Fixarse que o escritorio caracterízase por:
    • Iniciador (ou Lanzador español): barra lateral esquerda onde se acceden aos datos do usuario, ás aplicacións que se usan con máis frecuencia (Segundo a versión de Ubuntu poden aparecer outras iconas ademais das que se amosan na imaxe), á configuración do sistema, aos discos e ao papeleira. Dentro do Iniciador resaltar:
      • Icona Dash ou Inicio: que está na parte superior e serve para acceder a tódolos programas e cartafoles que non están no Iniciador.
    • Panel superior: serve para conter os menús das aplicacións que se están a usar. Ademais contén a área de indicadores.
    • Área de indicadores: conten ferramentas que serven para ter control de Ubuntu e ademais é onde as aplicacións informan ao usuario dalgunha incidencia ou evento.


A icona de actualizacións automáticas

Ubuntu Desktop Ed 2014 Escritorio 00.jpeg

  • Observar como no Iniciador (Lanzador) está a icona de actualizacións. Unha vez ao día o sistema encárgase de buscar actualizacións para o propio sistema e para os programas instalados. No exemplo da imaxe hai 6 actualizacións dispoñibles.
  • Se hai actualizacións a icona xa aparece automaticamente avisando das novidades. Se se desexa pode procederse a instalar as actualización como xa se viu na parte III:

Unity en acción

A continuación vanse ir abrindo distintas aplicacións ou cartafoles dende o Iniciador para observar o seu comportamento.

Xogar coa distribución das ventás

  • En Unity pódese axustar os tamaños das ventás de moitas formas:

O explorador de ficheiros: Nautilus

O explorador de ficheiros (Nautilus) serve para poder movernos pola estrutura de ficheiros do ordenador.

A aplicación activa

  • Se hai varias ventás abertas, como saber cal é a que está activa?.

As iconas do Iniciador

  • Estas iconas poden eliminarse do Iniciador (Lanzador en español) (con iso non se elimina a aplicación) e pódense fixar outras asociadas as aplicacións que usamos con máis frecuencia. Tamén se poden mover de lugar.


Máis iconas no iniciador das que se poden amosar

  • Hai veces nas que se abren moitas aplicación, as súas iconas asociadas, van para o Iniciador, pero este ten un tamaño finito. Como poder acceder a tódalas iconas do iniciador?

A tecla Super ou Windows

  • Na parte inferior do teclado, ao lado da tecla CTRL, está a tecla chamada Súper ou Windows (porque ten un debuxo das ventás de Windows). Esta tecla tamén ten funcións en Ubuntu / Unity.

TeclaWin.png

Atallos de teclado e trucos do rato para Unity

  • Ao manter pulsada a tecla Super tamén aparece o seguinte panel informativo de que cousas se poden facer co rato e o teclado.
  • Co teclado e o co rato pódense facer moitas cousas no escritorio de Unity. Para aquel que desexe entreterse queda esta imaxe como síntese das moitas opcións que hai. En internet hai moitas páxinas adicadas aos atallos do teclado e trucos do rato para Unity.

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 24.jpeg

O Lixo

  • Cando se borra un documento ou unha carpeta, esta vai para a papeleira, isto é: Ao lixo

Área de indicadores

  • No panel superior no lado dereito é onde está un conxunto de utilidades que serven para controlar o sistema e ademais é onde algunha aplicacións notifican o seu estado.
  • NOTA-1: Algunhas das pantallas que veñen a continuación na versión 14.04 de Ubuntu poden non existir ou ter diferentes opcións nos menús.
  • NOTA-2: Os relatores consideran que os distintos cambios na Área de Indicadores que Ubuntu vai facendo dunha versión á outra só crean malestar entre os usuarios, pois unha vez acostumados a usalas, na seguinte versión ou ben desaparecen ou ben cambian de lugar e non aportando ningunha mellora con es feito.

Preferencias do sistema

  • Equivale en MS Windows ao Panel de Control. Serve para configurar a meirande parte do sistema Ubuntu. Neste apartado vanse ver aquelas preferencias máis interesantes e outras vanse ver en apartados ou partes posteriores.
  • NOTA: Como xa se dixo, as seguintes imaxes están misturadas entre a versión 11.10 de Ubuntu e a 14.04..
  • A seguinte imaxe amosa como acceder ás Preferencias do sistema: Premer na icona asociada do Iniciador.

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 46.jpeg

  • Aparecen as distintas iconas para configurar as distintas partes do sistema.

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 47.jpeg

  • Hai utilidades que afectan só ao usuario que iniciou sesión: Persoal. Co cal o que aquí modifique o usuario non vai afectar aos outros usuarios do sistema.
  • Outras afectan a todo o sistema: Sistema.
  • En Hardware hai utilidades que só afectan ao usuario que as configura e outras a todo o sistema.
  • Cando se prema en calquera delas sempre hai a posibilidade de volver atrás premendo no botón superior Todas as preferencias que toda utilidade ten.

Ubuntu Desktop Ed 2012 Escritorio 52.jpeg


A aparencia

  • Esta ferramenta permite cambiar o fondo do escritorio e o tema (como se amosan as ventás, as iconas, o texto, etc).

Espazos de traballo

Ubuntu Desktop Ed 2013 Escritorio 03B.png

  • Na lapela Comportamento de Aparencia pódese activar a icona de Espazos de traballo.
  • No xestor de escritorio é posible ter varios escritorios de traballo. En cada un deles cada usuario pode ter distintas aplicacións e ventás abertas.


A disposición do teclado

  • Como dicíamos antes, esta ferramenta é moi útil para quen tendo un teclado coa configuración das teclas en español, por exemplo, desexa escribir noutro idioma, por exemplo en grego. Non todos os teclados son iguais para tódolos países, así se alguén ten un teclado en Alemán, as letras "Y" e "Z" están intercambiadas. Se alguén pon o teclado en alemán pode comprobar iso. O "Y" do noso teclado vai dar como resultado "Z".
  • Ollo iso non significa que se cambiara de idioma o interface de usuario, simplemente o teclado, que cando se preme unha tecla sairá o carácter asociado a esa posición no teclado.

Brillo e Bloqueo

  • Que se desexa que faga a pantalla cando no sistema non hai actividade?

Enerxía

  • Que facer co ordenador cando está inactivo por un tempo?. E cando se está nun portátil e se está rematando a batería?


A resolución da pantalla

A continuación verase o modo no que se pode cambiar a resolución da pantalla e no caso de ter dous monitores conectados (moi usado hoxe en día grazas ós portátiles e os canóns de proxección) ao ordenador como poder configuralos. Cada usuario pode ter unha configuración de pantalla distinta.

  • NOTA: aqueles que teñan unha tarxeta nVidia e instalaran o driver privativo teñen que ir ao Dash/Inicio e teclear "nVidia" que a tarxeta ten un programa propio de configuración.


O rato e área táctil "touchpad"

O touchpad é o panel táctil que teñen os portátiles na parte frontal, é onde se move o punteiro do rato, etc.


O son

Como debe actuar o teclado. Atallos

  • Que pasa cando se preme unha tecla e non a soltamos?,
  • canto tempo debe pasar até que comece a repetir a mesma tecla?.
  • Por qué a combinación de teclas ALT+Impr PANT captura a ventá que está en primeiro plano no escritorio?.
  • A estas preguntas hai resposta en:

Acceso universal

  • Esta ferramenta é moi útil para aquelas persoas que teñan algunha discapacidade.

Cambiar a hora e a data do sistema

Detalles

Proporciona información do sistema.

  • Pero se se desexa obter toda a información do sistema podemos executar un comando lshw (LiSt HardWare) nun terminal e xa nós podemos ver todo.





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez