Multipath I/O en XenServer (iSCSI MPIO)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Na primeira metade do curso viuse como implantar alta dispoñibilidade para conexións iSCSI, en Windows e en Linux, facendo uso do Multipath I/O (MPIO).
- Nesta ocasión vaise ver como realizar MPIO en XenServer.
- XenServer recomenda que a activación de MPIO se realice antes de ter conectado ningún SR iSCSI, por iso vaise crear un novo host, xen03 para ver como se activaría esta funcionalidade.
- A imaxe seguinte amosa como sería unha configuración en Alta Dispoñibilidade Ideal.
- Observar:
- A NAS/SAN ten 2 controladoras para acceder aos datos
- Cada controladora ten 2 tarxetas de rede
- Cada controladora ten unha tarxeta de rede conectada a cada un dos switches.
- O servidor ten 2 tarxetas de rede
- Por tanto, o host (iniciador) ten 4 camiños posibles para chegar ao destino.
- Cada tarxeta do host está nunha subrede IP distinta.
- Cada tarxeta de cada controladora está nunha subrede IP distinta.
- A continuación vaise dar solución ao escenario 6.M, que é un pouco máis sinxelo que o anterior:
- Observar que para o tráfico de Almacenamento de xen03 temos 2 tarxetas de rede en 2 subredes IP distintas: 172.16.0.0/24 e 172.16.1.0/24
- O mesmo pasa coa NAS.
- O escenario ideal, para ter alta dispoñibilidade implicaría que cada rede IP estivera conectada a un switch distinto. En VirtualBox pódense crear 2 Redes Internas con 2 nomes distintos, unha para cada subrede IP.
- A imaxe seguinte amosa este último escenario e o recomendable a implantar nun escenario real, pois se falla un Switch sempre nos quedará o outro mentres arranxamos/substituímos o que fallou.
A continuación en VirtualBox pódense crear dúas redes internas (como se tivésemos dous switches) ou unha soa rede interna para todos os adaptadores do escenario (como se tivéramos un só switch). É este último o que se implanta no presente material.
Configurar destino iSCSI na NAS
- Imos configurar o Iniciador e o Portal do recurso iSCS_VDIs para poder realizar MultiPath.
- Como imos usar o mesmo dispositivo iSCSI que nalgún escenario anterior é aconsellable que todos os demais hosts estean apagados.
- Configurar iSCSI NAS
-
Nos Iniciadores indicar que se admiten peticións dende a rede 172.16.1.0/24
-
En Portales engadir que o dispositivo tamén se exporta pola IP 172.16.1.100.
-
Reiniciar o servizo iSCSI se é necesario
Configurar host xen03
- Configurar host xen03
-
Crear un host en VirtualBox con 3 adaptadores de rede.
O 1º en modo Ponte Promiscuo
e os 2 restantes en modo Rede Interna -
Instalar XenServer, actualizalo e configurar as ...
-
... IPs de cada interface como na figura.
Habilitar Multipath
- Habilitar Multipath
-
Para habilitar MPIO precisamos entrar en Modo mantemento.
-
Indicar que se desexa entrar nese modo.
-
Premer en Propiedades do host.
-
Habilitar Multipath
-
Saír do modo mantemento.
-
En Propiedades do host comprobar que está habilitado o Multipath.
Engadir SR iSCSI
- Engadir SR iSCSI
-
Engadir un novo SR...
-
Escoller Software iSCSI
-
Indicar un nome para o SR
-
Observar 2 cousas: en Target indicáranse tódalas IPs polas que está dispoñible o destino iSCSI na NAS: 172.16.0.100,172.16.1.100. A segunda cousa é que se puxo mal o nome de usuario ... Co cal non imos poder descubrir nada, ate que
-
Borremos a carpeta sen_targets de /etc/iscsi. Tamén valía borrar o ficheiro st_config.
-
Volvemos a comezar, pero esta vez co usuario ben.
-
Observar que recibimos 3 respostas:
- Unha por cada IP do portal
- e outra común que comeza por *. Isto é porque esta NAS non envía un único identificador aínda que teñan varias IPs polas que escoitar. Pois neste caso temos que seleccionar a oferta que comeza por *. -
Pola contra pode haber cabinas que ofrezan un so destino, como a imaxe primeira.
-
Agora descubrimos as LUNs
-
Rematamos ...
-
Este dispositivo iSCSI xa fora configurado en xen00 nun escenario anterior, de aí a advertencia. Para no ter problemas xen00 debe estar apagado. Conectámolo...
-
En Propiedades do SR podemos ver que o dispositivo está conectado e ...
-
... que se teñen operativos 2 camiños de 2 camiños posibles para chegar á NAS.
-
Con mpathutil status vemos o balanceo.
- Agora poderíase comezar a crear MVs cuxos VDIs estarían no SR conectado por iSCSI á NAS facendo uso de MPIO.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)
