Linux: Servidor DHCP básico
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Neste apartado vaise instalar a configuración do escenario da imaxe.
- En dserver vaise instalar o servizo de DHCP.
- Crearase un rango de IPs: 172.16.2.201 a 172.16.2.250
- Máscara: 255.255.0.0
- Porta de enlace: 172.16.0.1
- Servidor DNS: 172.16.0.120
- Nome de dominio DNS: zolimpia.local
- Nos clientes:
- Obterase a configuración IP por DHCP.
Configuración previa da MV dserver
- Facer unha instantánea de dserver coa MV apagada.
- Apagar wserver, para non ter dous servidores DHCP na mesma LAN.
- A MV dserver xa debera estar configurada do escenario anterior cun único adaptador en modo Rede interna ou en modo Rede NAT. Neste último caso, é importante desactivar o servidor DHCP da configuración da rede NAT para evitar ter dous servidores DHCP na rede.
- A configuración IP tamén se manterá do escenario anterior:
- DNS: IP: 172.16.0.120
- Porta de Enlace: 172.16.0.1
- Servidor DNS: 172.16.0.120
- Eliminar os sufixos do dominio de busca do cliente DNS.
Instalar e configurar o servizo DHCP en dserver
- Podemos seguir os seguintes pasos para instalar e configurar o servizo DHCP:
-
Usamos o módulo de Paquetes de Software de Webmin (da categoría Sistema) para instalar o paquete isc-dhcp-server.
-
Despois de refrescar os módulos do Webmin, atoparemos o módulo para a configuración do servidor DHCP na categoría de Servidores. Na páxina inicial do módulo, picamos en Editar opcións de cliente para configurar os parámetros que queremos asignar automaticamente aos equipos da rede local.
-
Configurar o enrutador por defecto (172.16.0.1), a máscara de subrede (255.255.0.0), o servidor DNS primario (172.16.0.120) e o nome de dominio (zolimpia.local).
-
Deixamos o resto dos campos coa configuración por defecto e gardamos.
Engadir un rango DHCP
- Para ter o servidor operativo e poder arrancalo, só nos queda definir un rango de direccións IP que este vai poder asignar.
-
No apartado de Subredes e redes compartidas picamos en Engadir unha nova subrede.
-
Na imaxe podemos ver a información que teremos que introducir para definir o rango. Unha descrición, a dirección da rede (172.16.0.0), a máscara (255.255.0.0) e o rango de dirección para asignar (dende a 172.16.2.201 á 172.16.2.250).
-
Co rango definido, xa podemos arrancar o servidor DHCP.