Linux: Instalación e configuración do servidor usando recursividade
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Visto escenario vaise instalar e configurar o servizo DNS no equipo dserver.
- A saída a Internet nas máquinas pódese facer usando a máquina wrouter ou drouter como router con NAT ou configurando as tarxetas das máquinas en modo de rede NAT.
- O servidor dserver terá configurada 2 zonas:
- Zona de busca directa: zolimpia.local
- Zona de busca inversa: 172.16.0.0
- Ademais estará configurado para usar recursividade.
- Revisar os Conceptos básicos de DNS se non se ten claro algún dos parámetros anteriores.
Configuración previa da MV dserver
- Facer unha instantánea de dserver coa MV apagada.
-
A MV dserver xa debera estar configurada do escenario anterior cun único adaptador en modo Rede interna ou en modo Rede NAT se se quere evitar a necesidade da máquina router.
-
A configuración mostra a configuración de IP, máscara e porta de enlace do escenario. De momento temos configurado como servidor DNS o que temos na máquina host, neste caso o 10.0.0.1.
-
E a máquina pode resolver nomes de DNS, como por exemplo www.google.es.
Instalar o servizo DNS en dserver
- Para comezar, veremos como instalar o servizo de DNS e inicialo coa configuración por defecto, na que resolverá os nomes de Internet por recursividade usando os servidores raíz.
- Instalación do servizo de DNS en Debian
-
Usando o módulo de Paquetes de Software, instalamos o paquete bind9.
-
Rematada a instalación, refrescamos os módulos do Webmin para que apareza dentro da categoría de Servidores o módulo de configuración do servidor DNS. Na imaxe podemos ver a páxina inicial do módulo, coas opcións principais. Estas opcións traduciranse en parámetros nos ficheiros de configuración, que podemos ver picando en Editar ficheiro de configuración.
-
Aparecen na parte superior os ficheiros de configuración básicos do servidor DNS. Como podemos ver na imaxe, o ficheiro principal /etc/bind/named.conf basicamente o que fai é incluír os outros tres ficheiros. Seleccionamos o ficheiro /etc/bind/named.conf.default-zones para ver cales son os ficheiros de configuración das zonas que veñen configuradas por defecto.
-
Na imaxe podemos ver que hai unha zona co nome ".", que é a zona raíz que permite ao servidor resolver por recursividade usando os servidores raíz. O ficheiro de configuración desa zona está en /etc/bind/db.root. Nese ficheiro pódense atopar as referencias aos servidores raíz de Internet.
-
Pero para que a resolución de nomes por recursividade funcione correctamente, temos que configurar un parámetro que afecta á extensións de seguridade do protocolo DNS, coñecidas como DNSSEC. Estas extensións aumentan a seguridade do servizo de DNS xa que as respostas veñen asinadas para garantir que foron emitidas polos servidores DNS raíz auténticos e non foron modificadas no seu camiño a través da rede, pero requiren unha configuración correcta das chaves para a validación das sinaturas, así que imos desactivar o seu uso para simplificar a instalación do servizo. Picamos en Verificación de DNSSEC.
-
E no parámetro de Habilitada a validación de respostas DNSSEC? seleccionamos Non. Gardamos os cambios...
-
E xa podemos iniciar o servidor bind, usando a opción da parte superior dereita da páxina.
-
Unha vez iniciado o servizo, vemos que na parte superior aparecen as opcións de deter o servizo e aplicar a configuración. Xa temos o servidor DNS funcionando.
Configuración do cliente DNS de dserver
- Aínda que dserver sexa o servidor de DNS tamén é cliente, e haberá que configurar o cliente DNS para que pregunte, a partir de agora, ao servidor DNS que el mesmo ten instalado.
-
No módulo de Configuración de rede de Webmin, picamos no apartado de Nome de máquina e cliente DNS.
-
Establecemos como orde de resolución files dns (para evitar o problema coas resolución dos dominios .local). Como servidor de DNS poñemos a súa propia dirección IP: 172.16.0.120.
-
Observar como agora /etc/resolv.conf amosa cal é servidor de DNS ao que realizar as consultas DNS, e o ficheiro /etc/nsswitch.conf a orde de resolución.
-
Comprobar que o servidor DNS fai resolucións DNS de equipos do exterior. Isto é grazas aos servidores raíz.
Configurar zona de busca directa: zolimpia.local
- A continuación vaise crear a zona de busca directa para o dominio zolimpia.local, isto é, dado un nome de dominio que se nos diga a IP asociada.
- Configurar unha zona de busca directa
-
Na páxina principal do módulo, picamos en Crear unha nova zona mestra.
-
Para crear unha zona de busca directa, indicamos como tipo de zona de Reenvío. Introducimos o nome da nova zona: zolimpia.local, a dirección IP do servidor mestre (que é a de dserver) e un enderezo de correo asociada á zona (aínda que non ten que existir realmente ese enderezo). Picamos no botón de Crear para crear a zona no ficheiro de configuración do servidor.
-
Na imaxe podemos ver a páxina de configuración da zona, que usaremos para dar de alta rexistros dentro da mesma e onde tamén hai apartados para configurar parámetros da zona. Pero antes de crear rexistros, imos ir ao índice do módulo para crear a zona de busca inversa, xa que desta maneira poderemos crear automaticamente os rexistros inversos que permitirán obter o nome de DNS dun equipo desta zona a partir da súa dirección IP.
Crear zona de busca inversa
- Vexamos como crear unha zona de busca inversa.
- Configurar unha zona de busca inversa
-
No índice do módulo, picamos sobre Crear unha nova de zona mestra.
-
Neste caso, no tipo de zona escolleremos inversa. Como nome de rede introducimos o número da rede para a que queremos facer as resolucións inversas , a 172.16. Como servidor mestre e enderezo de correo, podemos poñer os mesmos que no caso anterior.
-
Na páxina de configuración da zona, observamos que neste tipo de zona hai moitos menos tipos de rexistro que na zona de busca directa. En realidade non imos crear manualmente os rexistros nesta zona, xa que faremos que Webmin os cree automaticamente cando creemos os rexistros na zona de busca directa. Por iso, imos ao índice do módulo para crear os rexistros da zona directa.
Creación de rexistros dentro da zona
- Neste curso só se vai traballar cos rexistros tipo host (Coñecidos como A) e cos tipo PTR para a resolución inversa. Para afondar no coñecemento dos tipos de rexistro recoméndase: http://es.wikipedia.org/wiki/DNS#Tipos_de_registros_DNS.
- Creación de rexistros nas zonas
-
Picamos na zona zolimpia.local para entrar no apartado de Dirección, que engloba os rexistros de tipo host.
-
Introducimos como nome o nome do servidor dserver e como dirección IP 172.16.0.120. Deixamos marcada a opción de Actualizar as inversas para que se cree automaticamente o rexistro da zona inversa e creamos o rexistro.
-
Podemos ver na táboa o rexistro creado. Imos ao índice do módulo para ver se aparece o rexistro correspondente na zona inversa.
-
Se entramos na zona 172.16 veremos que hai un rexistro de dirección inversa. Picamos sobre Dirección inversa para velo.
-
Comprobamos que o rexistro creado é o inverso ao que creamos na zona directa. É importante ter en conta que aínda que todos os cambios estean realizados nos ficheiros de configuración, aínda non son efectivos no servizo de DNS. Picamos sobre a opción de Aplicar configuración para facer efectivas as novas zonas e os rexistros creados.
-
Comprobación dende dserver da resolución directa.
-
O mesmo coa resolución inversa: dig -x IP.
-
Podemos observar que no ficheiro de configuración /etc/bind/named.conf.local se crearon as dúas zonas, e cales son os ficheiros que conteñen a información das mesmas.
-
Vendo o contido destes ficheiros, veremos os parámetros de cada zona e o rexistro creado en cada unha.
-
Imos dar de alta o equipo ficticio na zona zolimpia.local (172.16.16.16)
-
Co rexistro creado, en lugar de picar sobre Aplicar configuración, sería máis interesante usar a opción de Aplicar zona que aplicar os cambios da zona sen ter que reiniciar o servidor (xa que isto deixa momentaneamente sen servizo aos clientes). Pero se intentamos usar esta opción veremos que se produce un erro. Imos ver como solucionalo.
-
Imos ao índice do módulo.
-
Entramos na opción de Configurar RNDC que nos permite configurar a ferramenta rndc para executar operacións sobre o servidor DNS.
-
Webmin nos permite configurar automaticamente a ferramenta picando o botón de Si, configurar RNDC.
-
Podemos comprobar que agora xa podemos aplicar os cambios na zona de busca directa, e na zona de busca inversa.
-
Comprobación dende dserver da resolución directa. Ollo que aínda que ninguén responda ao PING o servidor DNS está funcionando ao realizar a resolución. O que que pasa que non hai ningún equipo con esa IP.
-
O mesmo coa resolución inversa: dig -x (Ollo, para que esta resolución funcione hai que ter aplicado os cambios na zona de busca inversa).
-
Xa vimos que se facemos ping ao nome do servidor de DNS co seu nome de dominio o servidor DNS indícanos que ten IP 172.16.0.120. Pero que pasa se se fai ping só ao propio nome do servidor: dserver?. Se se pregunta polo nome a secas, faise a resolución correctamente, pero ... de 127.0.1.1. De onde sae iso?...
-
Do ficheiro de hosts local (/etc/hosts).
-
Podemos ver e modificar o contido do ficheiro dende o módulo de Configuración de rede do Webmin, no apartado de Direccións de máquina.
-
Seleccionamos a fila que asocia a dirección IP 127.0.1.1 co nome dserver e picamos en Borrar as direccións de máquina seleccionadas.
-
Agora está como desexamos. Cando configuremos os sufixos nos clientes xa comprobaremos que isto vai resolver.
-
Ben, agora procedamos a dar de alta na zona de busca directa os rexistros asociados a wclient e uclient coas súas IPs correspondentes, segundo o escenario. Aplicamos os cambios na zona.
-
Na imaxe móstrase o ficheiro de configuración de busca directa: /var/lib/bind/zolimpia.local.hosts, cos rexistros creados.
-
E nesta podemos ver o ficheiro da zona de busca inversa.
-
A estas alturas uclient aínda está apagado e non configurado, co cal se dende dserver se fai un ping a uclient.zolimpia.local o servidor DNS resolverá correctamente pero non se obtén resposta porque está apagado.
-
Pero se intentamos facer a resolución inversa, non obtemos o nome de uclient. Por que? Se só aplicamos os cambios na zona de busca directa, o rexistro da zona inversa non está activo, aínda que xa estea no ficheiro de configuración.
-
Se entramos na zona de busca inversa e aplicamos a zona...
-
A resolución inversa tamén funcionaría correctamente.
Creación de rexistros con asociacións a IPs fóra da LAN
- Nesta ocasión vaise facer unha asociación dun nome de dominio de zolimpia.local cunha IP dun servidor que non está na LAN. Neste caso facendo un ping a www.usc.es obtense a IP: 193.144.75.240
- Crear rexistros para IPs externas
-
Crear un rexistro na zona de busca directa zolimpia.local chamado uni e coa IP: 193.144.75.240. Marcamos a opción de actualizar as inversas.
-
Na imaxe vemos o rexistro creado, pero se imos ao índice do módulo...
-
Vemos que non se puido crear o rexistro inverso, xa que non hai ningunha zona de busca inversa que comece por 193. Comprobamos así que Webmin só crea os rexistros inversos se atopa unha zona de busca inversa na que crealos.
-
Comprobar que o servidor resolve correctamente. O servidor da USC non responde aos pings porque ou ben está configurado ou ben hai un FW configurado para que non responda ao tráfico ICMP (ping).
-
Pero se nun navegador en dserver indicamos a URL uni.zolimpia.local, aí está a páxina da Universidade. Pero ollo!!, isto é porque o servidor web da USC non está configurado para que haxa que poñerlle exactamente www.usc.es para que funcione. Isto podería non funcionar con outros servidores web que estean configurados para responder só ao seu nome de DNS.