Diferencia entre revisiones de «Introdución a GNU/Linux»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(O núcleo de Linux)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 17:40 22 feb 2015

Breve historia de Linux

  • Linux naceu como un proxecto de Linus Torvalds, estudante da Universidade de Helsinki, inspirado noutro sistema operativo, o Minix de Andrew S. Tanenbaum.
  • Está englobado dentro do proxecto GNU (GNU’s Not Unix), que ten como obxectivo o de proporcionar unha implantación do complexo sistema operativo Unix e que opere sobre as plataformas de PC.
  • O código de Linux ampárase baixo os termos da licenza GPL da Free Software Foundation.
  • A primeira versión oficial (0.0.2) do sistema operativo Linux veu a luz o 5 de outubro de 1991.
  • O desenvolvemento e expansión do sistema operativo Linux é espectacular debido fundamentalmente á colaboración a través de Internet de diversos grupos de traballo dirixidos e coordinados por Linus Torvalds.

Características básicas

As características máis destacables de GNU/Linux, herdadas a maioría do sistema Unix, son as seguintes:

  • É un sistema multitarefa, o que significa que pode executar varios programas simultaneamente.
  • É un sistema multiusuario, o que significa que varias persoas poden compartir o uso do sistema ao mesmo tempo, apoiado por un sistema de seguridade robusto.
  • É orientado á rede, xa que a meirande parte das características de Linux non se aproveitan nun equipo illado.
  • Ofrece unha boa compatibilidade de software entre plataformas hardware.
  • Soporte de múltiples sistemas de ficheiros.
  • Nos seus comezos, incómodo e complexo para o usuario novel. Problema superado hoxe en día.
  • Contén unha colección de programas e utilidades que o acompañan, dende procesadores de textos, a compiladores, servidores, etc.

O núcleo de Linux

  • En informática o núcleo dun sistema operativo é un conxunto de programas que serven de intermediarios entre as aplicacións dun usuario e o hardware (o ordenador). Ao redor do núcleo pódense engadir outros programas para facilitarlle á vida ao usuario, por exemplo, un contorno gráfico, para que ao usuario lle sexa máis fácil interactuar co sistema, etc.
  • O desenvolvemento das distintas versións do núcleo de Linux está coordinado por Linus Torvalds.
  • Cada versión identifícase por tres números, en ocasións 4: A.B.C[.D]
    • O primeiro número indica o número de versión. Só variou 3 veces na súa historia.
    • O segundo número indica o nivel da subversión (Ata a subversión 2.6, o nivel era estable se o número era par e estaba en desenvolvemento se era impar)
    • O terceiro número cambia cando se introducen novos drivers ou características.
    • O cuarto número cambia cando hai actualizacións ou parches de partes do núcleo.
  • A versión actual do núcleo é a 3.19.0 (Feb 2015). Pódese descargar a última versión do núcleo en www.linux.org ou en www.kernel.org.
  • Este núcleo contén só a implantación dos servizos básicos do sistema operativo, é por iso que para poder distribuílo e instalalo é necesario acompañalo de ferramentas de instalación, configuración, utilidades, programas, etc.

-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez