Distribucións de Linux
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Que é unha distribución?
- Unha distribución de Linux contén o núcleo ou kernel do sistema xunto con todo un conxunto de utilidades e ferramentas de instalación, configuración e uso do mesmo.
- Son realizadas por particulares, entidades ou empresas que se dedican a facer recopilacións de software que preparan para que se poidan instalar e configurar facilmente.
- A licenza GPL permite tanto ofrecelas gratuitamente como distribuílas por canles comerciais.
- Moitas das distribucións ofrecen unha versión estándar gratuíta que se pode descargar de Internet, e versións empresariais ou de servidor, con máis ferramentas, de pago coas que frecuentemente se inclúe un servizo de soporte técnico.
- En www.linux.org pódese encontrar unha relación das distribucións de Linux existentes e en www.distrowatch.com comparativas de uso de cada unha das distribucións e comentarios sobre elas.
Distribucións máis populares
Entre as distribucións máis estendidas podemos destacar:
Esta empresa estadounidense desenvolve unha das distribucións de Linux máis utilizadas en servidores. Actualmente a versión gratuíta denomínase Fedora. www.redhat.es | |
Esta distribución está respaldada por Red Hat e desenvolvida pola comunidade de usuarios. fedoraproject.org/es | |
Distribución francesa baseada en RedHat e moi accesible para novos usuarios. Trala fusión con Conectiva cambiou o seu nome por Mandriva. Ofrecese en distintos packs, algúns gratuítos e outros de pago www.mandriva.com/es | |
Mantén totalmente o espírito GNU, desenvolvida por unha comunidade de arredor de 500 programadores repartidos por todo o mundo e repartida de forma gratuíta. É unha das distribucións máis estables. Como inconveniente, non é tan accesible para usuarios principiantes como as anteriores. http://www.debian.org/index.es.html | |
Distribución baseada en Debian que gañou moita popularidade pola súa facilidade de uso e de instalación. A partir dela tamén se crearon outras distribucións específicas como xubuntu, kubuntu e edubuntu. www.ubuntu.com | |
Desenvolvida pola empresa Novell Netware. Ofrece distintas versións da distribución (profesional, empresarial, etc). Actualmente Novell ofrece openSUSE como versión gratuíta. es.opensuse.org | |
Esta distribución ten dúas ramas, e cada unha delas basease nas últimas distribucións de Debian ou Ubuntu. Caracterízase pola usabilidade e a facilidade de interación que ofrece ao usuario. Nestes intres segundo http://distrowatch.com esta distribución supera a Ubuntu en consultas nos últimos 6 meses. Máis en google as páxinas totais que fan referencia a esta distribución andan polo 10% das que o fan a Ubuntu. http://linuxmint.com/. |
Outras distribucións
Podemos atopar distribucións para diversos obxectivos, de reducido tamaño, orientadas a servizos de rede, a xogos, etc. Algunhas interesantes:
Distribución creada pola desaparecida Consellería de Inovación e Industria baseada en Ubuntu. Estaba coordinada por mancomun.org e contou coa participación da comunidade galega de software libre. galinux.mancomun.org. | |
Distribución moi popular por ser das primeiras que funciona directamente dende un CD sen necesidade de instalación (CD vivo). www.knoppix.net | |
Distribución en galego baseada en Debian, Ubuntu e Knoppix. | |
Baseada en Debian e desenvolvida pola Junta de Estremadura para a rede da administración e educación. Esta distribución xa desapareceu. | |
Distribución para clientes lixeiros que permite reutilizar equipos obsoletos. thinstation.sourceforge.net |
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez feb 2012 (GMT)