De Manuais Informática - IES San Clemente.
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
O máis habitual nos servidores é instalar ferramentas de acceso remoto que nos permitan realizar as tarefas de administración dende un equipo cliente.
No caso do servidor Debian, isto é aínda máis útil de non temos instalado o contorno de escritorio, xa que así poderemos utilizar ferramentas gráficas, ou copiar e pegar comandos dende o escritorio do equipo cliente.
Imos ver neste apartado a instalación e uso de dúas ferramentas de administración remota, como son SSH e Webmin.
O servizo SSH
SSH é un protocolo que permite conectarse de forma segura a un equipo a través da rede e executar comandos sobre el.
Instalación do servizo SSH
Comezaremos vendo como instalar na máquina Debian o servizo SSH:
- Instalación de SSH en Debian
Introducimos o comando su e a continuación apt-get install ssh. Desta forma xa temos o servizo ssh instalado.
Imos facer un pequeno cambio na súa configuración para que permite establecer conexións co usuario root introducindo o seu contrasinal, que están desactivadas por defecto por motivos de seguridade. Editamos o ficheiro de configuración co comando nano /etc/ssh/sshd_config.
Buscamos a liña que ten o parámetro PermitRootLogin para poñelo a yes
Prememos as teclas Control+X para gardar os cambios no ficheiro.
Feito o cambio, reiniciamos o servizo ssh para aplicalo, co comando service ssh restart.
Conexión por SSH dende un cliente Linux
Mostramos a continuación como establecer unha conexión por SSH dende uclient:
- Conexión SSH dende Ubuntu
Introducimos o comando ssh root@10.0.0.120 para conectarnos por SSH co usuario root á máquina coa dirección IP 10.0.0.120. Como é a primeira vez que nos conectamos a esta máquina se nos pregunta se a chave pública que esta nos ofrece para cifrar a conexión é válida. Dicimos que si introducindo yes e se nos pide o contrasinal do usuario. Se o introducimos correctamente, xa temos unha sesión iniciada na máquina Debian.
Se pechamos a conexión (co comando exit) e a facemos de novo xa non se nos vai preguntar pola chave, xa que unha vez que a aceptamos por primeira vez xa se almacena e se considera válida. Tan só teremos que introducir o contrasinal do usuario root para iniciar a sesión.
Conexión por SSH dende un cliente Windows
Para poder conectarnos por SSH dende un equipo Windows (wclient) teremos que instalar un programa cliente de SSH. Putty é un dos clientes de SSH para Windows máis utilizado. Imos ver como descargalo e usalo:
- Conexión SSH dende Windows
Na seguinte páxina, picamos sobre o enlace do executable de putty para Windows.
O ficheiro descargado non é un instalador; simplemente teremos que executalo para iniciar o programa.
Na imaxe podemos ver a ventá de inicio de putty. Para establecer unha conexión SSH só teremos que introducir a dirección IP da máquina e picar no botón de Open.
Como é a primeira vez que nos conectamos, se nos pregunta se a chave de cifrado é auténtica. Dicimos que si para conectarnos, e a partir de agora xa non aparecerá este aviso.
Introducimos o nome do usuario (root) e o seu contrasinal, e xa iniciamos a sesión na máquina Debian.
Webmin
Webmin é unha ferramenta web para poder administrar de forma remota sistemas GNU/Linux entre outros. Grazas a ela poderemos evitar o uso excesivo de comandos, o que supón unha dificultade para aqueles que comezan a traballar con estes sistemas.
Instalación de Webmin
Nos seguintes pasos podemos ver como instalar Webmin na máquina Debian:
- Instalación de webmin en Debian
Hai unha serie de paquetes necesarios para poder instalar o Webmin. Aínda que como se ve na imaxe é posible que xa están instalalos, é conveniente comprobalo. Introducimos o comando: apt-get install libnet-ssleay-perl libauthen-pam-perl libio-pty-perl libapt-pkg-perl apt-show-versions
Instalamos o Webmin, introducindo o comando dpkg -i webmin_1.780_all.deb
E iniciámolo co comando /etc/init.d/webmin start
Conexión a Webmin dende un cliente
Agora xa podemos conectarnos ao Webmin da máquina Debian dende un cliente:
- Conexión a Webmin
Webmin é un servizo de administración remota que corre no porto 10000 e ao que pode accederse con un navegador usando unha conexión segura (https). Así que no host ou en calquera equipo da rede abrimos un navegador e introducimos como dirección https://IP_Debian:10000. Aparecerá o aviso do navegador debido a que o certificado de seguridade non é fiable, cousa totalmente normal. Picamos en Avanzado...
e engadimos unha excepción.
Confirmamos a excepción...
e xa podemos ver a páxina de inicio de sesión de Webmin, na que nos loguearemos co usuario root e contrasinal abc123.
Xa estamos na páxina de inicio de Webmin, e o que podemos facer para deixar a ferramenta personalizada é cambiar o idioma, xa que por defecto ven en Inglés. Picamos dentro da categoría Webmin en Change Language and Theme.
En Webmin UI language activamos Personal choice e seleccionamos Spanish (desafortunadamente, non contamos con tradución ao galego).
Recargamos a páxina e xa temos dispoñible toda a interface en castelán.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --