Instalación de Xen Cloud Platform (XCP) e XenServer

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
  • A continuación realizarase a instalación de Xen Cloud Platform e XenServer Free

Premisas

  • A continuación vaise realizar o proceso de instalación do hipervisor xen, facendo uso da solución de virtualización Xen Cloud Platform (XCP).
  • A instalación e o funcionamento de XCP e XenServer son moi semellantes, por tanto, a instalación basearase en XCP e incluiranse aquelas imaxes e explicacións de XenServer Free nas que haxa algunha diferencia. Neste caso, cando as explicacións fagan referencia a XenServer Free o texto será de cor verde. .

Plataforma de instalación

  • Para a captura do material instalouse XCP e XenServer sobre VirtualBox, pero este non permite prover a virtualización por hardware (VT-X / AMD-v [verase na parte V]) ás súas máquinas invitadas, neste caso a XCP /XenServer. Por tanto, estas non van poder usar a virtualización por hardware e iso vai impedir que se poidan instalar MVs con sistemas operativos Windows (Verase na parte V).
  • Por tanto, aínda que no curso haberá momentos nos que se faga uso de un VirtualBox sobre todo nas partes V (para poder traballar con varios interfaces de rede) e VI (para poder traballar con MultiPathIO (MPIO) ao usar iSCSI), recoméndase:
    • Instalar XCP nunha máquina real. Vaise perder o seu contido, co cal realizar copia de seguridade antes da mesma, se fora preciso.
    • Instalar XCP sobre VirtualBox para poder realizar prácticas especiais, que requiren varias tarxetas de rede, varios discos, etc. E que nunha máquina real de probas non é fácil conseguir.


  • A continuación vaise implantar o servidor xcp00 do escenario 4.B.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 04 B.jpg

Instalación

Configuración da MV en VirtualBox

Instalación de XCP

Primeiro inicio de XCP

  • Se ao iniciar o sistema este non inicia e presenta unha pantalla semellante á seguinte, entón pasar á seguinte sección, porque pode ser un problema coa táboa de particións:

Sv 2013 instxcp mbr 00.jpg

  • Pero se todo vai ben debera aparecer o seguinte:

Táboa de particións: MBR / GPT

  • XCP e XenServer instálanse por defecto creando unha táboa de particións con formato GPT propio das novas BIOS EFI, no canto das tradicionais que usan MS-DOS/MBR
  • Por tanto, se o equipo host non soporta GPT ou non está habilitado, o resultado tras o proceso de instalación pode que arroxe o seguinte resultado:

Sv 2013 instxcp mbr 00.jpg

  • O XCP ou XenServer estaría instalado pero non se podería iniciar.
  • Para solucionar este caso, volver a iniciar a instalación de XCP/XenServer. Nesta ocasión hai que usar o editor vi, no seguinte enlace pódese ver unha pequena introdución ao seu uso: Editores_de_texto#O_editor_vi_.2F_vim


  • Unha vez instalado o Hypervisor, coa instrución gdisk /dev/sda pódese comprobar o tipo de táboa de particións que se está usando.
  • Para afondar sobre gdisk que é o equivalente a fdisk, pero para discos que usan GPT: http://linux.die.net/man/8/gdisk


NOTA: Téñense comprobado casos nos que o sistema non ten unha BIOS EFI nin usa GPT e no proceso de instalación creouse unha táboa de particións MBR e non GPT.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez