Instalación de XenServer

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:26 7 nov 2016 de Carrion (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • A continuación realizarase a instalación de XenServer


LEMBRAR

  • Como se comentou no anterior apartado:
    • O material da primeira edición deste curso foi elaborado baseado na versión libre de XenServer, chamada XCP.
    • O 25 de Xuño de 2013 Citrix liberou o código con tódalas funcionalidades de XenServer da versión 6.2
    • Nesa data decídese non continuar coas versións de XCP, sendo a última a 1.6.
  • Por tanto, no seguinte material, para non modificar tódalas capturas de imaxes da primeira edición, onde aparece xcpXY, é o mesmo que xenXY que será como se denomine aos novos hosts nesta edición do curso.

Premisas

  • A continuación vaise realizar o proceso de instalación do hipervisor xen, facendo uso da solución de virtualización XenServer (Ver 7 - Out 2016).
  • A instalación e o funcionamento de XCP e XenServer son moi semellantes, por tanto, a instalación basearase en XenServer e incluiranse aquelas imaxes e explicacións de XCP nas que haxa algunha diferencia. Neste caso, cando as explicacións fagan referencia a XCP o texto será de cor verde. .

Plataforma de instalación

  • Para a captura do material instalouse XenServer sobre VirtualBox, pero este non permite prover a virtualización por hardware (VT-X / AMD-v [verase máis adiante]) ás súas máquinas invitadas, neste caso a XenServer. Por tanto, estas non van poder usar a virtualización por hardware e iso vai impedir que se poidan instalar MVs con sistemas operativos Windows (Verase máis adiante).
  • Por tanto, aínda que no curso haberá momentos nos que se faga uso dun VirtualBox, sobre todo nas partes nas que se traballa con varios interfaces de rede e con MultiPathIO (MPIO ao usar iSCSI), recoméndase:
    • Instalar XenServer nunha máquina real. Vaise perder o seu contido, co cal realizar copia de seguridade antes da instalación, se fora preciso.
    • Instalar XenServer sobre VirtualBox para poder realizar prácticas especiais, que requiren varias tarxetas de rede, varios discos, etc., cousas que nunha máquina real de probas non é fácil conseguir.


  • A continuación vaise implantar o servidor xen00 do escenario 4.B.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 04 B.jpg

Instalación

Configuración da MV en VirtualBox

Instalación de XenServer

  • Se non se descargou a imaxe ISO de XenServer e non se pasou a un CD ou chave USB, para instalar no equipo físico, revisar o seguinte enlace:

Produtos usados no material do curso


Primeiro inicio de XenServer

  • Se ao iniciar o sistema este non inicia e presenta unha pantalla semellante á seguinte, entón pasar á seguinte sección, porque pode ser un problema coa táboa de particións:

Sv 2013 instxcp mbr 00.jpg

  • Pero se todo vai ben debera aparecer o seguinte:

Táboa de particións: MBR / GPT

  • XenServer e XCP instálanse por defecto creando unha táboa de particións con formato GPT propio das novas BIOS EFI, no canto das tradicionais que usan MS-DOS/MBR
  • Por tanto, se o equipo host non soporta GPT ou non está habilitado, o resultado tras o proceso de instalación pode que arroxe o seguinte resultado:

Sv 2013 instxcp mbr 00.jpg

  • O XenServer ou XCP estarían instalados pero non se podería iniciar.
  • Para solucionar este caso, volver a iniciar a instalación de XenServer/XCP. Nesta ocasión hai que usar o editor vi, no seguinte enlace pódese ver unha pequena introdución ao seu uso: Editores_de_texto#O_editor_vi_.2F_vim


  • Unha vez instalado o Hypervisor, coa instrución gdisk /dev/sda pódese comprobar o tipo de táboa de particións que se está usando.
  • Para afondar sobre gdisk que é o equivalente a fdisk, pero para discos que usan GPT: http://linux.die.net/man/8/gdisk


NOTA: Téñense comprobado casos nos que o sistema non ten unha BIOS EFI nin usa GPT e no proceso de instalación creouse unha táboa de particións MBR e non GPT.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez