Instalación de OwnCloud en FreeNAS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 01:44 28 nov 2017 de Antonio (discusión | contribuciones) (Finalizar a configuración de OwnCloud)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • A versión actual de FreeNAS ofrece unha funcionalidade que nos permite instalar mediante un plugin un servidor ownCloud, que poderemos usar para acceder aos datos almacenados no propio sistema NAS.
  • Tamén sería posible instalar o servidor ownCloud sobre calquera outra máquina que actuaría como servidor web para o acceso aos datos do NAS dende o exterior. Neste enlace pódense ver os pasos da Instalación de OwnCloud en Debian se se quixera optar por esta opción, aínda que ten o inconveniente de que na versión máis recente de ownCloud (ownCloud X) a App que permite o acceso a datos externos por CIFS non está dispoñible de forma gratuíta.
  • Na versión anterior (owncloud 9) incluída en FreeNAs esta App si é gratuíta, e esta é outra razón pola que neste curso optaremos pola instalación sobre FreeNAS.
  • Vexamos a continuación os pasos para levar a cabo a instalación.

Instalación do plugin de OwnCloud

  • En primeiro lugar instalaremos en FreeNAS o plugin de ownCloud:

Configuración da xaula (jail) para ownCloud

  • A instalación do plugin de ownCloud en FreeNAS faise sobre unha xaula (jail) que ven sendo unha máquina virtual que se executa sobre o sistema FreeBSD de FreeNAS.
  • Esta máquina virtual ten unha tarxeta de rede en modo ponte con unha dirección MAC diferente á que ten a propia máquina FreeNAS, e que así ten acceso directo á rede física á que está conectada FreeNAS.
  • O problema é que no noso caso, a máquina FreeNAS é tamén unha máquina virtual, e por defecto o hipervisor que estamos usando (VirtualBox) non permite que unha máquina virtual estableza conexións con direccións MAC distintas á súa. Por iso o hipervisor está denegando á conexión ao ownCloud.
  • Imos ver a continuación como cambiar a configuración da máquina FreeNAS para permitir estas conexións, e como podemos configurar o jail coa dirección IP que queiramos poñer para o acceso a ownCloud.

Finalizar a configuración de ownCloud

  • Xa estamos en disposición de finalizar a instalación de ownCloud; só nos quedan un par de pasos:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez