Instalación de OwnCloud en FreeNAS
- A versión actual de FreeNAS ofrece unha funcionalidade que nos permite instalar mediante un plugin un servidor ownCloud, que poderemos usar para acceder aos datos almacenados no propio sistema NAS.
- Tamén sería posible instalar o servidor ownCloud sobre calquera outra máquina que actuaría como servidor web para o acceso aos datos do NAS dende o exterior. Neste enlace pódense ver os pasos da Instalación de OwnCloud en Debian se se quixera optar por esta opción, aínda que ten o inconveniente de que na versión máis recente de ownCloud (ownCloud X) a App que permite o acceso a datos externos por CIFS non está dispoñible de forma gratuíta.
- Na versión anterior (owncloud 9) incluída en FreeNAs esta App si é gratuíta, e esta é outra razón pola que neste curso optaremos pola instalación sobre FreeNAS.
- Vexamos a continuación os pasos para levar a cabo a instalación.
Instalación do plugin de OwnCloud
- En primeiro lugar instalaremos en FreeNAS o plugin de ownCloud:
O apartado de plugins nos permite instalar no noso NAS unha chea de funcionalidades engadidas, como ferramentas de copia de seguridade en rede como bacula, cliente torrent, servidores de ficheiros multimedia, etc. Entre os plugins dispoñibles podemos atopar o de ownCloud (Tamén hai dispñible o de NextCloud, que é unha plataforma moi similar). Seleccionámolo e picamos en Instalar.
Configuración da xaula (jail) para ownCloud
- A instalación do plugin de ownCloud en FreeNAS faise sobre unha xaula (jail) que ven sendo unha máquina virtual que se executa sobre o sistema FreeBSD de FreeNAS.
- Esta máquina virtual ten unha tarxeta de rede en modo ponte con unha dirección MAC diferente á que ten a propia máquina FreeNAS, e que así ten acceso directo á rede física á que está conectada FreeNAS.
- O problema é que no noso caso, a máquina FreeNAS é tamén unha máquina virtual, e por defecto o hipervisor que estamos usando (VirtualBox) non permite que unha máquina virtual estableza conexións con direccións MAC distintas á súa. Por iso o hipervisor está denegando á conexión ao ownCloud.
- Imos ver a continuación como cambiar a configuración da máquina FreeNAS para permitir estas conexións, e como podemos configurar o jail coa dirección IP que queiramos poñer para o acceso a ownCloud.
Finalizar a configuración de ownCloud
- Xa estamos en disposición de finalizar a instalación de ownCloud; só nos quedan un par de pasos:
Só hai un último detalle que imos configurar para rematar. Se intentamos acceder a ownCloud usando o nome de DNS que temos para esa máquina, por exemplo www.iescalquera.local, veremos que non é posible porque ese dominio non está configurado na lista de dominios de confianza do servidor. Esta lista de dominios están almacenados no ficheiro config/config.php de ownCloud, pero non é necesario que o editemos directamente porque xa se nos ofrece a opción de engadir ese dominio á lista. Picamos no botón...