De Manuais Informática - IES San Clemente.
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.
Introdución
Como xa se expuxo nun apartado anterior, as Guest Additions (utilidades de convidado) son un conxunto de utilidades e drivers que se instalan no sistema operativo convidado (na MV) para mellorar, entre outras cousas, o sistema de vídeo, poder copiar do portapapeis da MV ao equipo host (ordenador real) e viceversa, etc. Alguén podería probar a escribir un texto nun editor nunha das MV instaladas, copialo e tratar de pegalo nun editor de texto do equipo host e viceversa. Comprobará que non é posible, aínda que si sería desexable.
Non sempre será necesario nin interesante instalalas, e dado que están fundamentalmente orientadas a mellorar a usabilidade do escritorio e o contorno gráfico serán máis útiles cando estamos facendo virtualización de equipos cliente, para simular contornos de probas para algún software; pero se estamos virtualizando máquinas que prestan servizos na rede non nos proporcionarán melloras importantes.
Instalación das Guest Additions en Windows
Unha vez acesa a MV wclient. Premer en Dispositivos -> Insertar imaxe de CD das <<Guest Additions>>....
En realidade as Guest Additions son unha imaxe ISO de CD. O que fixo ese menú anterior foi cargar esa imaxe ISO no CD da MV. O S.O. convidado ao detectar un CD novo intenta inicialo se ten autocargador, e así é. Na unidade D: está cargado o CD coas Guest Additions. Agora só toca premer en executar.
Confirmamos a execución do programa
Premer no botón Next cada vez que se nos demande intervención do usuario.
Vanse instalar diversos drivers. Instalar sempre.
Na finalización do asistente reiniciaremos a máquina virtual para que se activen as Guest Additions
Tras reiniciar, desmontamos o CD premendo no indicador de CD inferior da MV.
No menú Dispositivos atópanse as opcións de Portapapeis compartido (poder copiar algo na máquina física e pegalo na MV, ou viceversa) e Arrastrar e soltar (poder arrastrar un ficheiro ou carpeta da máquina física á MV, ou viceversa). Para cada opción podemos escoller inhabilitala, permitila só nun sentido ou nos dous.
Pódese redimensionar agora a pantalla da MV como dunha aplicación calquera?. Adáptase a resolución da pantalla da MV?
Instalación das Guest Additions en Ubuntu
Cargar as Guest Additions do mesmo xeito que no caso anterior: Premer no menú da MV en Dispositivos -> Insertar imaxe de CD das <<Guest Additions>>.... Premer en Executar.
Introducir o contrasinal do usuario administrador (abc123.). Premer en autenticar.
Cando remate a instalación premer ENTER (Return) para pechar a ventá de instalación.
Apagamos o equipo para que os cambios teñan efecto.
Antes de iniciar a máquina de novo, imos editar a súa configuración para ampliar a cantidade de RAM asignada á memoria de vídeo e habilitar a aceleración 3D. Isto mellorará o rendemento gráfico da máquina virtual. Aceptamos e iniciamos a máquina.
Podemos habilitar tanto a opción de Portapapeis compartido como a de Arrastrar e soltar.
Pódese redimensionar agora a pantalla da MV como dunha aplicación calquera? Adáptase a resolución da pantalla da MV?
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --