Exemplo1 Clonezilla en rede: Clonar disco duro local a disco duro remoto

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:59 30 mar 2009 de Ricardofc (discusión | contribuciones) (Exemplo1: Clonar un disco duro local a un disco duro remoto.)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Exemplo1: Clonar un disco duro local a un disco duro remoto.


Icona de esbozo

Este artigo está en construción. Os autores do mesmo están traballando nel.
Se queres axudar á súa realización ou, simplemente, queres facer algún tipo de comentario, envía un mail a un dos autores que aparecen no pé deste artigo."

 

O disco duro que ten a partición a clonar a partir de agora chamarémolo ORIXE.

O disco duro onde queremos clonar a partición chamarémolo DESTINO.

Procederemos de igual xeito que no Exemplo1: Clonar disco duro a disco duro dende o punto 1 ata o punto 6. A partir do punto 7 comezan as diferenzas, así :

  1. Agora escollemos a segunda opción: disk_to_remote_disk disco local a disco remoto clonado.
    Esta opción permite clonar o disco duro ORIXE no disco duro DESTINO
    Disco ORIXE a disco DESTINO

  2. Agora configuramos a rede de forma Estática, xa que non contamos cun servidor DHCP nin faremos unha conexión mediante ppp, co cal escollemos a segunda opción static Usar dirección IP estática
    Usar IP Estática

  3. A continuación configuramos a rede, co cal imos deixar os parámetros de configuración que Clonezilla determina por defecto.
    Configuración rede Clonezilla ORIXE

  4. Escollemos disco local coma orixe.
    Escoller disco ORIXE

  5. Configuramos parámetros de clonación, así deixamos os 3 primeiros parámetros que Clonezilla pon por defecto e a maiores collemos a opción -v.
    Nota: Para seleccionar-deseleccionar unha opción empregamos a tecla barra espaciadora.
    Parámetros de Clonación

  6. Imos copiar a Táboa de Particións do disco ORIXE no disco DESTINO co cal escollemos a primeira opción: Usar la tabla de particiones del disco origen
    Copiar Táboa de Particións do disco ORIXE

  7. A continuación comeza o clonado de datos co cal prememos y para proseguir coa clonación. Agora Clonezilla indícanos mediante unha mensaxe -texto na pantalla- que é o que temos que facer na máquina DESTINO -ver os comandos que aparecen na imaxe- para para poder conectar coa máquina ORIXE -esta máquina- e poder levar a cabo a clonación. Así a máquina ORIXE queda á espera da conexión da máquina DESTINO.
    Comandos para a máquina DESTINO

  8. Arrancamos a máquina DESTINO con Clonezilla procedendo de igual xeito que no Exemplo1: Clonar disco duro a disco duro dende o punto 1 ata o punto 4. A partir do punto 5 comezan as diferenzas, así agora escollemos a segunda opción: Enter_Shell Introduzca linea de comandos del prompt
    Entrar na SHELL

  9. Prememos 2 para obter unha SHELL de comandos en Clonezilla co prompt user@debian$, co cal seremos o usuario user na máquina DESTINO con nome debian e dado que aparece o símbolo $ non temos permisos de root (administrador). Entón comezamos a escribir os comandos que Clonezilla na máquina ORIXE indicaba no punto 7, así:
    • sudo su - OLLO!!!! Existe un GUIÓN!!!! Comando para ser usuario root (administrador), co cal o prompt do sistema cambia, e agora o símbolo $ desaparece e no seu lugar aparece o símbolo # o cal indica que agora somos root (administrador) nesta máquina.
    • ocs-live-netcfg Comando que permite configurar a rede dunha máquina, neste caso a máquina DESTINO.

    Entrar na SHELL

  10. Na configuración da rede da máquina DESTINO deixaremos os valores por defecto de Clonezilla -ver punto 3- agás o primeiro valor, dirección IP, no cal poremos unha IP diferente á da máquina ORIXE pero que se atope na mesma rede, por exemplo: 192.168.120.2
    Configuración Rede máquina DESTINO

  11. Clonezilla configura a rede e devólvenos o prompt do sistema debian:~#.
    Imos comprobar que existe conexión entre a máquina ORIXE e a máquina DESTINO, así lanzamos o comando ping -c 2 192.168.120.1 para comprobar a conexión de rede mediante o comando ping e facer esa comprobación 2 veces mediante a opción -c 2.
    Comprobación conexión de rede entre máquina ORIXE e máquina DESTINO

  12. A continuación
    Clonezilla_dlocal_dremoto_15.jpg

  13. A continuación
    Clonezilla_dlocal_dremoto_16.jpg

  14. A continuación
    Clonezilla_dlocal_dremoto_17.jpg

  15. Clonezilla_dlocal_dremoto_18.jpg
  16. A continuación
    Clonezilla_dlocal_dremoto_19.jpg

  17. A continuación
    Clonezilla_dlocal_dremoto_20.jpg

--ricardofc 6 mar 2009