Estilos e temas

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:18 28 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Os estilos permiten definir unhas características visuais para as vistas e agrupalas cun identificador que pode ser usado por diferentes compoñentes para que todos teñan o mesmo aspecto.
  • Un tema (theme) é aplicado a unha activity enteira (os seus elementos gráficos)
  • Un estilo é aplicado a compoñentes individuais.
  • Para definir un estilo temos que crear no cartafol /res/values un arquivo xml cun recurso (resource) de tipo estilo (style).


  • Cada ítem do ficheiro de estilos terá o par: propiedade xml, valor:
    • Exemplo: android:textSize -> "22sp"


Caso práctico

  • Crear o proxecto: U2_42_Estilos.
  • Imos definir un estilo común para aplicar ás etiquetas de texto, por exemplo.



Ficheiro de estilos

<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<resources>
    <style name="estilo_etiquetas" parent="@android:style/TextAppearance">
        <item name="android:layout_width">wrap_content</item>
        <item name="android:layout_height">wrap_content</item>
        <item name="android:textColor">#00F</item>
        <item name="android:textSize">22sp</item>
        
    </style>
    
</resources>

O XML do layout

<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <TextView
        style="@style/estilo_etiquetas"
        android:text="TextView 1" />

    <TextView
        style="@style/estilo_etiquetas"
        android:text="TextView 2" />

    <TextView
        style="@style/estilo_etiquetas"
        android:text="TextView 3" />

</LinearLayout>




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).