Diferencia entre revisiones de «Escritorios remotos de MVs Linux con X2Go»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 07:40 21 nov 2016

Introdución

  • Hai veces nas que se desexa ter un servidor de escritorios en Linux, ben para os usuarios que se conectan remotamente, ben para ter un contorno gráfico nunha MV, etc.
  • Neste apartado vaise instalar o servidor de escritorios remotos de Linux: X2Go.
  • Para iso vaise instalar o servidor de escritorio Gnome na MV dx2go.
  • NOTA IMPORTANTE: dende XenCenter non se vai poder acceder ao entorno gráfico dun equipo Linux, hai que facelo a través de clientes VNC, NX ou outros, neste caso X2Go baséase en NX.


  • O escenario 5.C amosa o equipo dx2go no que se vai instalar Gnome e X2Go:

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 05 D.jpg

Instalación Gnome en Debian

  • No enlace http://wiki.debian.org/Gnome indícanse varias formas de instalar Gnome en Debian, e cada unha delas ten as súas opcións e particularidades.
  • Neste caso, vaise escoller aquela que equivale a instalar Gnome no momento da instalación de Debian, cando pregunta que coleccións de software se desexarían instalar (Graphical desktop enviroment).

Sv 2013 xcdbase 25.jpeg

Instalación Servidores gráficos Gnome / XFCE en Ubuntu Server

  • O seguinte só vale para versións 13.04 ou inferiores de Ubuntu.
sudo apt-get install ubuntu-desktop
    • Tamén vai instalar o contorno Unity.


  • No caso de ter instalado o servidor 13.10 de Ubuntu ou superior o servidor gráfico Gnome non vai funcionar para X2go.
  • No seu lugar imos instalar o servidor gráfico XFCE
sudo add-apt-repository ppa:xubuntu-dev/xfce-4.12
sudo apt-get update
sudo apt-get install xfce4


  • Poderíase instalar outro, pero ese vai funcionar perfectamente para as prácticas que se van realizar neste curso.

X2Go

  • A continuación vaise instalar o servidor X2Go en Debian e o cliente en Ubuntu.

Instalar o servidor X2Go en Debian

  • NOTA: Para a instalación en Ubuntu pasar ao seguinte punto.
  • Seguir as instrucións que se indican na propia web de X2Go: http://wiki.x2go.org/doku.php/wiki:repositories:debian
  • Trátase de engadir o repositorio de X2Go e logo instalalo.
  • Comezamos importando a chave do repositorio de onde se vai descargar X2Go.
apt-key adv --recv-keys --keyserver keys.gnupg.net E1F958385BFE2B6E

Instalar servidor X2Go en Ubuntu

  • A instalación en Ubuntu é semallante á anterior pero un chisco máis sinxela seguindo as instrucións que se indican (5 instrucións):
sudo apt-get install python-software-properties

sudo add-apt-repository ppa:x2go/stable
sudo apt-get update
sudo apt-get install x2goserver
  • Para poder conectarse vía X2Go a un servidor Gnome en Ubuntu:
sudo apt-get install gnome-session-flashback

Instalar cliente X2Go

  • Neste caso vaise instalar para Ubuntu 12.04 ou superior. Xa vén por defecto nos repositorios.
sudo apt-get install x2goclient






-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)