Escenario 3.I: Acceso a dispositivos iSCSI a través de MPIO dende Windows
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Neste escenario 3.I vaise configurar un Windows, neste caso Windows Server, para que acceda ao dispositivo iSCSI da NAS a través de dous interfaces de rede, facendo uso de MPIO. Non se usa Windows 7 pois por defecto no soporta MPIO; hai que ter en conta que o uso de iSCSI na práctica está restrinxida aos servidores dunha rede, non aos clientes. Estes últimos utilizarán protocolos de compartición de ficheiros como NFS ou CIFS.
- Antes de continuar asegurarse que as conexións iSCSI en uclient non está activas ou que a MV está apagada.
Introdución
- A continuación a modo e resumo vaise realizar o seguinte:
- Establecer as conexións iSCSI co destino por cada unha das rutas.
- Habilitar MPIO.
Configuración dos interfaces de rede de Windows 2012
- Interfaces de rede
-
Engadir á MV os adaptadores 2 e 3 en modo Rede Interna.
-
Configurar os novos interfaces de rede coas IPs: 172.16.0.150/24 e 172.16.1.150/24.
-
Comprobar conectividade coa NAS por cada un dos interfaces.
Descubrir e activar o destino iSCSI
- Descubrir e activar destino
-
Como en Windows 7, iniciamos o Iniciador iSCSI. Imos á lapela Detección prememos en Detectar portal...
-
Introducimos unhas das IPs da NAS pola cal podemos acceder ao dispositivo iSCSI.
-
Como sempre, configuramos CHAP, co usuario e o contrasinal.
-
E xa aparecen os dous destinos que apuntan ao mesmo dispositivo.
-
Na lapela Destinos seleccionamos o destino e prememos en Conectar
-
E agora veñen as diferencias con iSCSI sen MPIO, marcar Habilitar múltiples rutas e logo premer en Opcións avanzadas.
-
Nos tres primeiros despregables seleccionar:
que se vai usar o iniciador de Microsoft.
Unha das IPs do iniciador
E a IP asociada no destino.
Configurar tamén a autenticación CHAP. -
Indícanos que o destino está conectado, pero imos establecer tamén a outra ruta. Seleccionamos o destino e prememos en Conectar ...
-
Volver facer o mesmo que no caso anterior: MPIO, iniciador Microsoft, as IPs da outra ruta, CHAP, ...
- Se agora imos ao administrador de discos veremos que o disco iSCSI aparece 2 veces.
Instalar e activar Multipath IO (MPIO) (E/S de múltiples rutas)
- Igual que en Linux imos activar MPIO para que as 2 rutas ao dispositivo iSCSI se vexan como un só disco.
- Para iso imos instalar a característica E/S de múltiples rutas e logo activar as rutas múltiples para iSCSI.
- Activar MPIO
-
En Configuración do servidor, ir a Agregar roles e características.
-
Seleccionar a característica E/S de múltiples rutas e instalala ...
-
Instalada
-
Lanzar a aplicación MPIO
-
Marcar Agregar compatibilidad con destinos iSCSI e premer en Agregar.
-
Reiniciar ... Antes de reiniciar indicar que se antes non se foi mirar o Administrador de discos, esta é última oportunidade para ver no Administrador de Discos que o disco iSCSI aparece 2 veces.
-
E na aplicación pódese ver o bus iSCSI como un dispositivo máis.
-
Se volvemos ao iniciador iSCSI e en Destinos seleccionamos o destino e prememos en prememos en Propiedades.
-
Veremos os Portais/Rutas asociadas a ese destino.
-
Na lapela Sesións se prememos en Dispositivos ...
-
... e agora en MPIO
-
Pódense ver as 2 rutas activas e usando o algoritmo de balanceo round-robin
-
A imaxe amosa distintos algoritmos de distribución de carga.
Montar o disco
- A partir de agora isto é igual que con calquera dispositivo iSCSI.
- Activar MPIO
-
No Administrador de discos aparecerá o disco de 5GB ...
-
Poñémolo en liña ...
-
Advertencia que nos indica que o disco pode estar sendo usado por outro equipo. Non é o caso, prememos en SI.
-
O disco2 no Explorador de ficheiros.
-
O Seu contido ....
-
Copiamos ao escritorio o ficheiro de 1 GB, desconectamos o cable dun adaptador e vemos a baixada de rendemento debido a unha parada na transmisión até recuperarse. Volvemos a conectar o cable e ...
- O usuario pode realizar probas de cortes e recuperación nos enlaces entre o equipo iniciador e a NAS.