Diferencia entre revisiones de «Escenario 2.E: Mixto: NAT + Rede interna»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
(Configuración no guest Ubuntu)
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 13:04 1 feb 2015

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 E.jpg

Introdución

  • Este escenario é unha mestura entre modo Rede Interna e modo NAT. Para iso precísase que cada MV teña dous adaptadores:
    • Un en modo NAT
    • Outro en modo rede interna.
  • Este escenario é idóneo para prácticas en clase nas que desexa que as MV de cada alumno:
    • teñan as mesmas IPs cas MVs do compañeiro, que teñan conectividade só entre elas e non con outras MV de outros compañeiros: REDE INTERNA
    • que, ao mesmo tempo, teñan acceso a internet pero sen que o equipo estea na rede LAN: NAT
    • Para iso precísase que a MV teña dous adaptadores de rede.
  • Seguramente o lector xa reparou que esta funcionalidade tamén se pode conseguir nas versións recentes de VirtualBox utilizando o modo de conexión Rede NAT. Aínda así, imos ver este escenario para afondar na configuración das interfaces en modo de rede interna e comprender como chegar á solución se a versión de VirtualBox coa que traballamos non inclúe o modo de Rede NAT.
  • Aconséllase que se revise a teoría no que atinxe ao funcionamento:

Configuración dos adaptadores de rede das MV

  • IPs a usar:
    • Aquelas que se desexen para o adaptador 2, só coa condición de que non choquen entre si as IPs das MVs dun mesmo host.
    • No adaptador 1, hai que configurar que obteña a IP por DHCP.

Configuración no guest Windows

  • Para configurar as dúas interfaces de rede de wclient, hai que saber cal é cal, pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
  • Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. convidado.
  • Pero vaise usar outro método ....

Configuración no guest Ubuntu

  • Para configurar as dúas interfaces de rede de uclient, hai que saber cal é cal, pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
  • Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. convidado, ou como no caso anterior, comprobar despois de configurar unha das tarxetas coa dirección IP automática que ten a IP 10.0.2.15, que é a que se asigna en modo NAT.

Conectividade das MVs e do Host

  • Coa experiencia adquirida o usuario pode realizar as probas de conectividade entre MVs, host, router e exterior, e interpretar os resultados obtidos.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --