Curso de Simulación de redes locais con VirtualBox: Obxectivos e escenarios da PARTE VI
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Nesta Parte VI veremos como simular o servizo de routing ou enrutamento con máquinas virtuais en VirtualBox.
- Vaise facer un routing moi simple, con NAT no lado de internet (WAN).
- No primeiro escenario, o routing vaise realizar cun servidor MV Windows Server, que dará saída ao exterior ás demais MVs dos distintos escenarios:
- No segundo escenario, o routing realízase cun servidor Debian:
- Nos dous escenarios pódese ver como un servidor actúa de router:
- Lado LAN: ten unha IP que está na mesma rede-IP (172.16.0.0/16) que os demais equipos da LAN.
- Lado WAN:
- Ten unha IP que lle permite conectarse con outro equipo do exterior.
- Fai NAT, para que cando un equipo da rede LAN 172.16.0.0/16 desexe saír ao exterior a petición sexa transformada a como se a fixera o propio equipo router.
- Estes escenarios proporcionan unha configuración similar á da rede NAT de VirtualBox, e permite que cada usuario poida ter un escenario moi "limpo" sen as complexidades que entrañan o ter que traballar con varios adaptadores de rede en cada MVs. Estas MVs están illadas das demais MVs de outros equipo a través do router, pois este fai NAT.