Curso de Simulación de redes locais con VirtualBox: Obxectivos e escenarios da PARTE VI

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Nesta Parte VI veremos como simular o servizo de routing ou enrutamento con máquinas virtuais en VirtualBox.
  • Vaise facer un routing moi simple, con NAT no lado de internet (WAN).
  • No primeiro escenario, o routing vaise realizar cun servidor MV Windows Server, que dará saída ao exterior ás demais MVs dos distintos escenarios:

00 Simulacion Redes Escenarios Parte6 1.jpg

  • No segundo escenario, o routing realízase cun servidor Debian:

00 Simulacion Redes Escenarios Parte6 2.jpg

  • Nos dous escenarios pódese ver como un servidor actúa de router:
    • Lado LAN: ten unha IP que está na mesma rede-IP (172.16.0.0/16) que os demais equipos da LAN.
    • Lado WAN:
      • Ten unha IP que lle permite conectarse con outro equipo do exterior.
      • Fai NAT, para que cando un equipo da rede LAN 172.16.0.0/16 desexe saír ao exterior a petición sexa transformada a como se a fixera o propio equipo router.
  • Estes escenarios proporcionan unha configuración similar á da rede NAT de VirtualBox, e permite que cada usuario poida ter un escenario moi "limpo" sen as complexidades que entrañan o ter que traballar con varios adaptadores de rede en cada MVs. Estas MVs están illadas das demais MVs de outros equipo a través do router, pois este fai NAT.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --