Curso POO PHP División do código en arquivos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:00 26 jul 2013 de Vlourido (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

División do código en arquivos

Resulta útil agrupar certos grupos de funcións ou bloques de código, e poñelos nun ficheiro á parte. Posteriormente, podes facer referencia a eses ficheiros para que PHP inclúa o seu contido como parte do programa actual.

Para incorporar ao teu programa contido dun arquivo externo, tes varias posibilidades:

  • include: avalía o contido do ficheiro que se indica e inclúeo como parte do ficheiro actual, no mesmo punto en que se realiza a chamada. A situación do ficheiro pode especificarse utilizando unha ruta absoluta, pero o máis usual é cunha ruta relativa. Neste caso, toma como base a ruta que se especifica na directiva include_path do ficheiro php.ini. Se non se encontra nesa situación, buscarase tamén no directorio do guión actual, e no directorio de execución.
  • include_once: se por equivocación inclúes máis dunha vez un mesmo ficheiro, o normal é que obteñas algún tipo de erro (por exemplo, ao repetir unha definición dunha función). include_once funciona exactamente igual que include, pero só inclúe aqueles ficheiros que aínda non se incluísen.
  • require: se o ficheiro que queremos incluír non se encontra, include dá un aviso e continua a execución do guión. A diferenza máis importante ao usar require é que nese caso, cando non se pode incluír o ficheiro, se detén a execución do guión.
  • require_once: é a combinación das dúas anteriores. Asegura a inclusión do ficheiro indicado só unha vez, e xera un erro se non se pode levar a cabo.