Curso POO PHP División do código en arquivos
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
División do código en arquivos
Resulta útil agrupar certos grupos de funcións ou bloques de código, e poñelos nun ficheiro á parte. Posteriormente, podes facer referencia a eses ficheiros para que PHP inclúa o seu contido como parte do programa actual.
Para incorporar ao teu programa contido dun arquivo externo, tes varias posibilidades:
- include: avalía o contido do ficheiro que se indica e inclúeo como parte do ficheiro actual, no mesmo punto en que se realiza a chamada. A situación do ficheiro pode especificarse utilizando unha ruta absoluta, pero o máis usual é cunha ruta relativa. Neste caso, toma como base a ruta que se especifica na directiva include_path do ficheiro php.ini. Se non se encontra nesa situación, buscarase tamén no directorio do guión actual, e no directorio de execución.
- include_once: se por equivocación inclúes máis dunha vez un mesmo ficheiro, o normal é que obteñas algún tipo de erro (por exemplo, ao repetir unha definición dunha función). include_once funciona exactamente igual que include, pero só inclúe aqueles ficheiros que aínda non se incluísen.
- require: se o ficheiro que queremos incluír non se encontra, include dá un aviso e continua a execución do guión. A diferenza máis importante ao usar require é que nese caso, cando non se pode incluír o ficheiro, se detén a execución do guión.
- require_once: é a combinación das dúas anteriores. Asegura a inclusión do ficheiro indicado só unha vez, e xera un erro se non se pode levar a cabo.