Configuración previa dos recursos na NAS (FreeNAS)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:36 27 nov 2016 de Carrion (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Baseándose na configuración da FreeNAS dos apartados anteriores imos continuar engadindo DataSets e VolumesZ.

Creación de volumes

  • Dentro do volume xen crear os seguintes Data Sets e Volumes ZFS:

Sv 2014 freenas6 07.jpg

  • Datasets (Conxunto de datos):
    • Backup: Xa fóra creado para almacenar as copias de seguridade programadas das MVs.
    • Homes: Servirá para compartir por NFS/SMB as carpetas homes de futuros usuarios xestionados por unha MV LDAP/Active Directory (Este escenario verase na súa forma teórica neste curso e está implantada nun curso de dominios en Linux: http://manuais/index.php/Curso_Platega:_Servizos_de_rede_e_dese%C3%B1o_dunha_infraestrutura_de_dominio_con_GNU/Linux , en concreto, a parte V).
    • ISOs: Repositorio de imaxes ISOs de CDs/DVDs de Sistemas Operativos.
    • NFS_VDIs: Recurso de almacenamento compartido por NFS para que os servidores XEN almacenen os discos das MVs (VDIs, Virtual Disk Image).


  • Volumes ZFS: Para ser asignados a destinos iSCSI.
    • MySQL_DDBB: Para asignar un disco iSCSI a unha MV que ten instalado o Servidor MySQL. Nese disco gardaríanse as BBDD dese servidor. (Este escenario verase na súa forma teórica)
    • iSCSI_VDIs: Recurso de almacenamento iSCSI para que os servidores XEN almacenen os discos (VDIs) das MVs.


  • Observar ben o tamaño.
  • A configuración de permisos será indicada no momento no que se faga uso de cada un dos Volumes.
    • Adiántase que se usará a usuaria noa dos escenarios anteriores e o grupo nobody como propietarios dos volumes.
    • Cada quen, nunha situación real, deberá adaptar a propiedade dos recursos ás súas necesidades específicas.
    • Poderíanse usar os usuarios que se asignan por defecto no momento da creación dos Volumes (root/wheel), pero deste outro xeito forzamos a usar un usuario con menos privilexios na NAS.

Recursos compartidos

  • Tamén se comparten por NFS/CIFS os seguintes recursos.
  • Non faría falla compartir todos por NFS/CIFS, pero deste modo como estamos en modo experimentación, podemos acceder a calquera recurso dende calquera deses protocolos, e, por exemplo, se un XEN crea discos a través de NFS, ver dende CIFS cal é o resultado desa operación.
  • A configuración é a que o sistema pon por defecto, só se puxo un comentario e indicouse a ruta.
  • Cando se faga uso deses sistemas compartidos, se é necesario, xa se axustarán outros parámetros.

Recursos compartidos por NFS

Sv 2014 freenas6 08.jpg

Recursos compartidos por SAMBA (CIFS)

Sv 2014 freenas6 09.jpg

Comprobacións



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)