Configuración previa dos recursos na NAS (FreeNAS)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Baseándose na configuración da FreeNAS dos apartados anteriores imos continuar engadindo DataSets e VolumesZ.
Creación de volumes
- Dentro do volume xen crear os seguintes Data Sets e Volumes ZFS:
- Datasets (Conxunto de datos):
- Backup: Xa fóra creado para almacenar as copias de seguridade programadas das MVs.
- Homes: Servirá para compartir por NFS/SMB as carpetas homes de futuros usuarios xestionados por unha MV LDAP/Active Directory (Este escenario verase na súa forma teórica neste curso e está implantada nun curso de dominios en Linux: http://manuais/index.php/Curso_Platega:_Servizos_de_rede_e_dese%C3%B1o_dunha_infraestrutura_de_dominio_con_GNU/Linux , en concreto, a parte V).
- ISOs: Repositorio de imaxes ISOs de CDs/DVDs de Sistemas Operativos.
- NFS_VDIs: Recurso de almacenamento compartido por NFS para que os servidores XEN almacenen os discos das MVs (VDIs, Virtual Disk Image).
- Volumes ZFS: Para ser asignados a destinos iSCSI.
- MySQL_DDBB: Para asignar un disco iSCSI a unha MV que ten instalado o Servidor MySQL. Nese disco gardaríanse as BBDD dese servidor. (Este escenario verase na súa forma teórica)
- iSCSI_VDIs: Recurso de almacenamento iSCSI para que os servidores XEN almacenen os discos (VDIs) das MVs.
- Observar ben o tamaño.
- A configuración de permisos será indicada no momento no que se faga uso de cada un dos Volumes.
- Adiántase que se usará a usuaria noa dos escenarios anteriores e o grupo nobody como propietarios dos volumes.
- Cada quen, nunha situación real, deberá adaptar a propiedade dos recursos ás súas necesidades específicas.
- Poderíanse usar os usuarios que se asignan por defecto no momento da creación dos Volumes (root/wheel), pero deste outro xeito forzamos a usar un usuario con menos privilexios na NAS.
Recursos compartidos
- Tamén se comparten por NFS/CIFS os seguintes recursos.
- Non faría falla compartir todos por NFS/CIFS, pero deste modo como estamos en modo experimentación, podemos acceder a calquera recurso dende calquera deses protocolos, e, por exemplo, se un XEN crea discos a través de NFS, ver dende CIFS cal é o resultado desa operación.
- A configuración é a que o sistema pon por defecto, só se puxo un comentario e indicouse a ruta.
- Cando se faga uso deses sistemas compartidos, se é necesario, xa se axustarán outros parámetros.
Recursos compartidos por NFS
Recursos compartidos por SAMBA (CIFS)
Comprobacións
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)