Configuración básica da rede nunha máquina virtual Windows

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 21:51 20 feb 2016 de Antonio (discusión | contribuciones) (Modo consola)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

A continuación amósase onde se realiza a configuración IP nun equipo invitado (MV) MS Windows. Isto será usado posteriormente ao longo dos distintos escenarios.


Modo gráfico

  • No Panel de control de Windows ir a Ver o estado e tarefas de rede

Simulacion Redes rede 10.jpeg


  • Premer en Modificar a configuración do adaptador

Simulacion Redes rede 11.jpeg


  • Premer co botón dereito sobre o interface de rede e selecciona Propiedades

Simulacion Redes rede 12.jpeg


  • Seleccionar o Protocolo de Internet versión 4 (TCP/IPv4)

Simulacion Redes rede 13.jpeg


  • Aquí é onde se realiza a configuración IP. Por defecto está por DHCP, isto é, hai un equipo na rede que actúa de servidor DHCP, e a aqueles clientes que lle soliciten unha IP enviaralles unha IP coa súa máscara, e se procede: porta de enlace e DNSs

Simulacion Redes rede 14.jpeg

Modo consola

  • Agora imos ver como se pode coñecer a configuración IP vía consola de texto.
  • Premer en Inicio->Accesorios->Símbolo do sistema ou premer en Inicio e escribir cmd e premer ENTER.

Simulacion Redes rede 15.jpeg


  • Escribir o comando ipconfig /all.

Simulacion Redes rede 19.jpeg

  • Observar o enderezo MAC como coincide co que ten configurado o adaptador 1 da MV en VirtualBox.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --