Webmin
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Instalación de Webmin:
1.- Acceder á Web de Webmin
2.- No equipo no que queres instalar o Webmin ir a /tmp e poñerse como root.
3.- Baixarse o arquivo tar.gz:
wget http://prdownloads.sourceforge.net/webadmin/webmin-xxxxxx.tar.gz
4.- Descomprimir o arquivo:
gunzip webmin-xxxxxx.tar.gz
5.- Desempaquetar o arquivo descomprimido:
tar xf webmin-xxxxxx.tar
6.- Acceder á carpeta Webmin unha vez desempaquetada:
cd webmin-xxxxxx
7.- Executar o script de instalación dándolle o directorio onde se vai instalar:
./setup.sh /usr/local/webmin
8.- Agora pide unha serie de datos, terase que premer en todo Enter menos nos parámetros que queiramos particularizar na nosa instalación, como pode ser o porto, o nome do usuario e, sobre todo, o contrasinal.