Resposta educativa para alumnado TDAH

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:51 20 oct 2023 de Vence (discusión | contribs.) (→‎Varios)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

No ano 2019/2020 desenvolvemos un PFPP vinculado a PluriFP para dar Resposta educativa para alumnado con necesidades especiais: TEA.

En 2021/2022, tivemos un curso para profesorado sobre a mesma temática pero con relatoras e participantes diferentes, que amplía e complementa a formación adquirida no anterior.

En 2022/2023, continuamos coa formación en neurodiversidade, nesta ocasión sobre TDAH.


Ideas principais

  • Modo de funcionamento do cerebro. É unha condición: máis unha forma de ser que un "trastorno".
  • A adolescencia dúralles máis. Ademais, durante a adolescencia cambian as redes neuronais e no caso dos TDAH multipícanse os síntomas.
  • Ninguén acusa un miope de non ver, pero si a un TDAH por ser "maleducado".
  • Dificultade en manter o foco de atención voluntariamente. Tamén con manter a motivación.
  • Multifoco: anda a todo e a nada.
  • Esforzo constante que lles esgota, frústranse e enfádanse.
  • Romper as rutinas fan que perdan a atención.
  • Coa idade, progresan, reducen os síntomas, pero sempre van ter rasgos.
  • As estratexias de compensación consiguen conter os síntomas. Pero o sobreesforzo pode ser excesivo e causar ansiedade. Por exemplo: se me doe a cabeza, para que vou estar aguantando? Tomo medicación para evitar a dor.

Dúbidas

  • Por que un diagnóstico en TDAH pode reducir o risco de adiccións?
  • Convivencia na aula TEA e TDAH?
  • Alumnado sen diagnosticar ou sen medicar?
  • Como facer para cambiar certas conductas propias de TDAH en alumnado que sexa ou non TDAH?

Materiais

Para ver os vídeos das sesións e os documentos compartidos, tes que acceder coa conta de profe "XXX@iessanclemente.net"

Varios

Licenza

Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0

Profesorado do IES San Clemente: Emilia Lamela e Marcos Vence, a partir dunha obra de Carla Mata dos servizos de valoración e diagnóstico TDAH Caenya, no Milladoiro.