Resposta educativa para alumnado TEA (2)
Introdución
No ano 2019/2020 desenvolvemos un PFPP vinculado a PluriFP para dar Resposta educativa para alumnado con necesidades especiais: TEA.
En 2021/2022, tivemos un curso para profesorado sobre a mesma temática pero con relatoras e participantes diferentes, que amplía e complementa a formación adquirida no anterior.
Consellos
Disfunción executiva. Cústalles:
- Escoller, tomar decisións e autocorrixirse.
- Extraer o relevante.
- Pedir axuda.
- Xestionar o tempo, planificar e traballar para o longo prazo.
- Debemos estruturar ben as tarefas e fragmentalas, como apoio. Listas de pasos para facer e listas de verificación para que comproben se o fixeron todo.
- Ao facer os exames, sempre por orde.
Apoio visual:
- Amosar un mapa visual do que vamos facer cada día, do fundamental.
- Explicar na pizarra aínda que sexan rabiscos e que o poidan levar ou fotografar.
- Pero non sobrecargalos con estímulos visuais.
Intereses restrinxidos:
- Como motivación ou premio, reforzo cos intereses restrinxidos.
- Usalos tamén para orientalos nos estudos ou traballo.
- Falar con eles sobre iso para crear un vínculo afectivo.
- Mapa tamén para visualizar o camiño e o futuro na FP, tamén para a aprendizaxe do Portugués ou Inglés no caso de PluriFP.
Ademais:
- Evitar a ironía.
- Coidado coa literalidade.
- Alumno titor. Para que saiban a quen preguntar. Delegado?
- Adaptacións, sempre. Se non poden ser curriculares, que sexan metodolóxicas. Tanto na escola como no traballo. Teñen dereito: "É como dicir que non vamos poñerlle unha rampla a un rapaz con cadeira de rodas porque senón nunca vai aprender a subir a escaleira".
Materiais
Para ver os vídeos das sesións e os documentos compartidos, tes que acceder coa conta de profe "XXX@iessanclemente.net"
Licenza
Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
Profesorado do IES San Clemente: Emilia Lamela e Marcos Vence, a partir dunha obra de Saínza Ramos López e Marta de la Calle Portela dos servizos de valoración e diagnóstico TEA Caenya, no Milladoiro.