C-LOOK (Ascensor Circular)
C-LOOK (Ascensor Circular)
Este algoritmo ven sendo igual ao C-SCAN coa excepción seguinte: non sempre -a non ser que se faga unha solicitude- hai que pasar polos extremos do disco.
Imos ver un exemplo para explicar como traballa o algoritmo C-LOOK:
- Supoñemos a situación seguinte: Un disco de cabezal móbil con 200 cilindros, numerados de 0 a 199 onde,
- Posición Cabezal: 53
- Cola: 95, 175, 32, 117, 15, 131, 47, 56
- Sentido de procura: Número de cilindro crecentes (de esquerda a dereita)
Como podemos ver na imaxe determinamos que o movemento total do cabezal para satisfacer as solicitudes da cola toma o valor de 314 cilindros. Isto calcúlase sumando o desprazamento do cabezal entre as solicitudes executadas. Así,
- De 53 a 56 prodúcese un movemento de 3 cilindros.
- De 56 a 95 prodúcese un movemento de 39 cilindros.
- De 95 a 117 prodúcese un movemento de 22 cilindros.
- De 117 a 131 prodúcese un movemento de 14 cilindros.
- De 131 a 175 prodúcese un movemento de 44 cilindros.
- De 175 a 15 prodúcese un movemento de 160 cilindros.
- De 15 a 32 prodúcese un movemento de 17 cilindros.
- De 32 a 47 prodúcese un movemento de 15 cilindros
Co cal sumando os movementos parciais do cabezal calculamos o movemento total do cabezal:
Movemento total do cabezal=3+39+22+14+44+160+17+15=314cilindros.
Como podemos ver na imaxe este algoritmo presenta igual co C-SCAN un percorrido total baixo pero con menor percorrido fronte ao C-SCAN (no exemplo temos que os movementos totais do cabezal toman o valor de 314 cilindros). Así tamén non presenta inanición, pois o algoritmo determina un sentido de procura.
--ricardofc 14 nov 2008