Unidade 4 - Práctica
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Nesta ocasión imos crear unha aplicación para almacenar e seleccionar marcas de coches.
Nome do proxecto
- Nome do proxecto e da activity principal: I4A_<username>
- Vanse gardar os nomes das marcas de coches nun ficheiro, que poderá ser sobrescrito.
- Noutras activities construirase unha ListView e un Spinner cos datos almacenados do ficheiro.
- Os datos gardaranse na tarxeta SD EXTERNA, sempre que estea dispoñible e se poda escribir nela.
Activity Principal
- RadioGroup: Engadir / Sobreescribir.
- Para indicar se se desexa sobrescribir o ficheiro.
- Nos dous casos:
- Comprobar que estea montada e en modo escritura antes de escribir. En caso contrario amosará un Toast indicado o problema e pechará a aplicación.
- Se se desinstala a aplicación débese borrar a información asociada á aplicación na SD-Card de xeito automático.
- Nos dous casos:
- EditText: Introduce o nome da marca do coche:
- Para introducir o nome da marca do coche que se gardará no ficheiro.
- Botón: "Engadir/Sobrescribir"
- Se se fai Click engádese nunha nova liña no ficheiro có valor do EditText có seguinte formato: Nome_Marca_Coche - Data_Hora_Actual, e límpase o EditText.
- Nota: Para obter a data-hora actual podedes facer uso da clase Calendar e do método getTime.
- Se está activado a opción de Sobrescribir, ao facer click no botón, sobrescribirase o ficheiro.
- LogCat: implementa un sistema de mensaxes de log, de modo que, cada vez que se escribe unha liña no ficheiro débese sacar dúas mensaxes de logCat:
- Unha coa ruta completa do ficheiro
- Outra mensaxe co contido da liña que se vai engadir no ficheiro.
Activities secundarias
- Na activity principal débese dispor dun botón de modo que chame a un cadro de diálogo e dende este escoller a que activity secundaria chamar para que amose:
- ListView ou Spinner: (Segundo escollera o usuario), amosará o contido do ficheiro, de xeito que, cada liña do ficheiro será un ítem que pode seleccionar o usuario.
- Cando o usuario seleccione un ítem realizar un Toast que indique a posición do elemento e o seu valor.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).