PDM Avanzado Captura de Vídeo / Imaxes

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

As clases que interveñen na gravación son:

  • Clase Camera: danos acceso á cámara, as súas características. Usarémola se facemos unha aplicación na que queiramos xestionar a cámara por nos mesmos.
  • Clase SurfaceView: para previsualizar o que imos gravar.
  • Clase MediaRecorder: permítenos gravar vídeo dende a cámara.


Para facer uso da cámara para gravar un vídeo podemos utilizar un Intent, evitándonos ter que deseñar a aplicación para xestionar a cámara.


Permisos necesarios a engadir no arquivo AndroidManifest.xml:

  • Permiso de lectura sobre a tarxeta SD Externa (no caso de utilizar un dispositivo cunha API 23 ou superior).
<uses-permission android:name="android.permission.READ_EXTERNAL_STORAGE"/>


  • Permiso para facer uso da cámara:
<uses-permission android:name="android.permission.CAMERA" />


Nota: Se usamos a opción de chamar á cámara cun Intent non necesitamos dito permiso.

  • Permiso para indicar que a nosa aplicación fai uso da cámara:
<uses-feature android:name="android.hardware.camera" android:required="true"/>

Se queremos facer uso doutras ‘características’, tanto da cámara coma doutro hardware que ten o dispositivo móbil, consultar: http://developer.android.com/guide/topics/manifest/uses-feature-element.html#hw-features

Desta forma Google Play impedirá que se instale á aplicación se o dispositivo non ten o hardware necesario coas características especificadas.

Neste caso, a nosa aplicación está requirindo ó uso da cámara, pero pode ocorrer que non a necesite para que funcione (podemos limitar a funcionalidade da nosa aplicación se o dispositivo non ten cámara, por exemplo). Para indicar isto temos que poñer:

<uses-feature android:name="android.hardware.camera" android:required="false" />
  • Permiso de almacenamento: se a aplicación vai gardar os datos nunha tarxeta SD externa:
<uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE" />


  • Permiso para capturar audio (se é o caso):
<uses-permission android:name="android.permission.RECORD_AUDIO" />

Captura de Vídeo / Audio

Neste manual imos aprender como facer uso das aplicacións que nos proporciona o S.O. Android para sacar unha foto ou vídeo.

Nos chamaremos a unha destas aplicacións e recolleremos o resultado de volta (que será a foto / vídeo sacado).



Nota: Facer esta parte utilizando o emulador é extremadamente lenta.

Cando prememos o botón de gravar temos que agardar ata que o rectángulo do interior da pantalla se poña vermello:

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 1.jpg



Os pasos a seguir son:

  • Crear un Intent que sexa dun destes tipo:
Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);


Neste momento o S.O. lanzará unha aplicación para recoller a imaxe ou vídeo.
Lembrar que con esta forma de chamar a unha activity, esperamos un resultado (a foto ou vídeo sacado).
startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
Cando chamamos a actitivity que lanza a aplicación de sacar foto ou gravar vídeo, podemos enviarlle como parámetros (no obxecto Bundle) unha serie de datos extras, como a calidade da foto, a calidade de vídeo, o tamaño máximo de gravación,onde queremos gardar a foto/vídeo...
Máis información en http://developer.android.com/reference/android/provider/MediaStore.html#EXTRA_OUTPUT.

Nota: Para asinar un nome único a cada imaxe / vídeo capturado imos facer uso da clase Date. Cando importemos dita clase lembrar escoller á que se atopa no paquete util:

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 2.jpg

No caso de non enviar como información extra ó Intent onde queremos gardar o vídeo /foto, estes van vir no obxecto Intent dentro do método onActivityResult():

No caso das imaxes, a imaxe ven no campo "data" dentro de getExtras do obxecto Bundle:
protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {

  Bitmap bitMap= data.getExtras().get("data"));
  .........
}
Unha vez temos o BitMap podemos visualizalo nun control ImageView da seguinte forma:
protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {

  Bitmap bitMap= data.getExtras().get("data"));
  imgView.setImageBitmap(bitMap);
}
Sendo imgView un obxecto da clase ImageView.


No caso do vídeo, obtemos o vídeo chamando ó método getData() do obxecto bundle. Isto devolve a URI do vídeo.
protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {

  Uri uri = data.getData();
  .........
}
Para visualizalo necesitamos un obxecto da clase VideoView.
protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {

	vidView.setVideoURI(data.getData());
	vidView.start();
}
Sendo vidView un obxecto da clase VideoView.

Accedendo ó Vídeo / Foto

Cando chamamos a activity que vai sacar a foto / vídeo podemos non indicar onde gardar esa foto

Neste punto imos ver como podemos acceder ó vídeo / foto que ven no Intent dentro do método onActivityResult().


Caso Práctico

O obxectivo desta práctica é visualizar nun control ImageView / VideoView a imaxe / vídeo obtida dende a aplicación do S.O. Android.

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 3.jpg

Nesta aplicación, debaixo do botón, se atopa un control ImageView e un control VideoView.

Dependendo da opción escollida no RadioButton, un deles estará invisible (propiedade visibility="gone").


Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD2_04_MultimediaFotoVideo
  • Nome da activity: UD2_04_MultimediaFotoVideo.java


Código do layout xml

<RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent" >

    <RadioGroup
        android:id="@+id/UD2_04_rgrpOpcions"
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_alignParentLeft="true"
        android:layout_alignParentTop="true"
        android:gravity="center_horizontal"
        android:orientation="horizontal" >
        
	    <RadioButton
	        android:id="@+id/UD2_04_rbtnFoto"
	        android:layout_width="wrap_content"
	        android:layout_height="wrap_content"
	        android:text="Sacar Foto"
        	android:textSize="15sp"
	        android:checked="true" />
	
	    <RadioButton
	        android:id="@+id/UD2_04_rbtnVideo"
	        android:layout_width="wrap_content"
	        android:layout_height="wrap_content"
        	android:textSize="15sp"
	        android:text="Sacar Vídeo" />
	</RadioGroup>
    <Button
        android:id="@+id/UD2_04_btnGravarVideoFoto"
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_alignParentLeft="true"
        android:layout_below="@+id/UD2_04_rgrpOpcions"
        android:textSize="@dimen/botons"
        android:text="Lanzar Aplicación" />

 
     <FrameLayout
         android:layout_width="match_parent"
         android:layout_height="match_parent" 
         android:layout_alignParentLeft="true"
         android:layout_below="@+id/UD2_04_btnGravarVideoFoto">

         <ImageView
             android:id="@+id/UD2_04_imgvwFoto"
             android:layout_width="match_parent"
             android:layout_height="match_parent"
             android:contentDescription="foto a sacar"
     		 android:layout_gravity="center"
             android:src="@drawable/ic_launcher" />

         <VideoView
             android:id="@+id/UD2_04_vidvwVideo"
             android:layout_width="match_parent"
             android:layout_height="match_parent"
             android:layout_gravity="center"
             android:visibility="gone" />

     </FrameLayout>

 </RelativeLayout>


Código da clase UD2_04_MultimediaFotoVideo
Obxectivo: Comprobar como capturar unha imaxe / vídeo e visualizala nun control ImageView / VideoView

import android.app.Activity;
import android.content.Intent;
import android.graphics.Bitmap;
import android.os.Bundle;
import android.provider.MediaStore;
import android.view.View;
import android.view.View.OnClickListener;
import android.widget.Button;
import android.widget.ImageView;
import android.widget.RadioButton;
import android.widget.RadioGroup;
import android.widget.RadioGroup.OnCheckedChangeListener;
import android.widget.Toast;
import android.widget.VideoView;

public class UD2_04_MultimediaFotoVideo extends Activity {

	/**
	 * Código para verificar que o resultado ven do intent de gravación
	 */
	private final int REQUEST_CODE_GRAVACION_OK = 1;
	
	
	/**
     * Obtemos a imaxe ou video que ven da aplicacion Android
     */
	protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
		if (requestCode == REQUEST_CODE_GRAVACION_OK) {
			if (resultCode == RESULT_OK) {

				if (data == null) {
					Toast.makeText(getApplicationContext(), "NON HAI IMAXE/VIDEO A GARDAR", Toast.LENGTH_LONG).show();
					return;
				}

				RadioButton rb = (RadioButton) findViewById(R.id.UD2_04_rbtnFoto);
				if (rb.isChecked()) { // Saca foto
					ImageView imgview = (ImageView) findViewById(R.id.UD2_04_imgvwFoto);
					imgview.setImageBitmap((Bitmap) data.getExtras()
							.get("data"));
				} else { // Saca vídeo
					VideoView vidview = (VideoView) findViewById(R.id.UD2_04_vidvwVideo);
					vidview.setVideoURI(data.getData());
					vidview.start();
				}

			} else if (resultCode == RESULT_CANCELED) {
				// Video ou Foto cancelada
			} else {
				// Fallo na captura do Video ou foto.
			}
		}
	}
    
	/**
     * Programa o código dos click´s os botóns
     */
	private void xestionarEventos(){
		Button gravar = (Button)findViewById(R.id.UD2_04_btnGravarVideoFoto);
		gravar.setOnClickListener(new OnClickListener(){

			@Override
			public void onClick(View arg0) {
				// TODO Auto-generated method stub
				RadioButton rb = (RadioButton)findViewById(R.id.UD2_04_rbtnFoto);

				
				if (rb.isChecked()){	// Saca foto
					
					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);
					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
					
				}
				else {	// Grava vídeo
					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_VIDEO_CAPTURE);
					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
				
				}
				
			}
			
		});

		RadioGroup rgroup = (RadioGroup)findViewById(R.id.UD2_04_rgrpOpcions);
		rgroup.setOnCheckedChangeListener(new OnCheckedChangeListener() {
			
			@Override
			public void onCheckedChanged(RadioGroup group, int checkedId) {
				// TODO Auto-generated method stub
				ImageView imgview;
				VideoView videoview;
				
				switch(checkedId){
					case R.id.UD2_04_rbtnFoto:	// OCULTAMOS O VIDEO
						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD2_04_imgvwFoto);
						imgview.setVisibility(View.VISIBLE);
						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_04_vidvwVideo);
						videoview.setVisibility(View.GONE);
						break;	
					case R.id.UD2_04_rbtnVideo:	// OCULTAMOS AS FOTOS
						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD2_04_imgvwFoto);
						imgview.setVisibility(View.GONE);
						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_04_vidvwVideo);
						videoview.setVisibility(View.VISIBLE);
						break;
				}
			}
		});
	}
	
	
	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_ud2_04__multimedia_foto_video);
		
		xestionarEventos();
	}
}
  • Liñas 38-39: Nestas liñas obtemos a foto da aplicación do S.O. e a visualiza no ImageView.
  • Liñas 42-44: Nestas liñas obtemos o vídeo do Intent e o cargamos no VideoView e comezamos a reprodución.
  • Liñas 70-71: Evento click sobre o botón. Se está a opción do RadioButton de sacar unha foto lanzamos o Intent ACTION_IMAGE_CAPTURE, esperando o resultado.
  • Liñas 75-76: Evento click sobre o botón. Se está a opción do RadioButton de sacar un vídeo lanzamos o Intent ACTION_VIDEO_CAPTURE, esperando o resultado.

Gardando o Vídeo / Foto

Neste punto imos facer unha modificación da práctica anterior e imos enviar ao Intent información sobre onde debe gardar a foto / vídeo.

Neste caso, o Intent do método onActivityResult NON DEVOLVERÁ NINGÚN DATO.


Caso Práctico

O obxectivo desta práctica é visualizar nun control ImageView / VideoView a imaxe / vídeo obtida dende a aplicación do S.O. Android PERO GARDANDO NA TARXETA SD O RESULTADO DE SACAR ESE VÍDEO / FOTO.

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 3.jpg


Neste caso as fotos gardadas se almacenan na tarxeta SD no cartafol PICTURES e os vídeos no cartafol MOVIES.


Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD2_05_MultimediaFotoVideo
  • Nome da activity: UD2_05_MultimediaFotoVideo.java
  • O código do layout vai ser o mesmo que na activity anterior.


Código da clase UD2_05_MultimediaFotoVideo
Obxectivo: Variación da práctica anterior no que indicamos como dato extra a enviar ó intent que obtén a foto / vídeo onde queremos que o garde.

import java.io.File;

import android.app.Activity;
import android.content.Intent;
import android.graphics.Bitmap;
import android.graphics.BitmapFactory;
import android.net.Uri;
import android.os.Bundle;
import android.os.Environment;
import android.provider.MediaStore;
import android.view.View;
import android.view.View.OnClickListener;
import android.widget.Button;
import android.widget.ImageView;
import android.widget.RadioButton;
import android.widget.RadioGroup;
import android.widget.RadioGroup.OnCheckedChangeListener;
import android.widget.VideoView;

public class UD2_05_MultimediaFotoVideo extends Activity {

	/**
	 * Código para verificar que o resultado ven do intent de gravación
	 */
	private final int REQUEST_CODE_GRAVACION_OK = 1;

	final private String nomeVideo="video.mp4";
	final private String nomeFoto="foto.jpg";

	
	/**
     * Obtemos a imaxe ou video que ven da aplicacion Android
     */
	protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
		if (requestCode == REQUEST_CODE_GRAVACION_OK) {
			if (resultCode == RESULT_OK) {

				RadioButton rb = (RadioButton) findViewById(R.id.UD2_04_rbtnFoto);
				if (rb.isChecked()) { // Saca foto
					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
					File arquivo = new File(ruta,nomeFoto);
					if (!arquivo.exists()) return;		// Non hai foto
					
					ImageView imgview = (ImageView) findViewById(R.id.UD2_04_imgvwFoto);
					Bitmap bitmap = BitmapFactory.decodeFile(arquivo.getAbsolutePath()); 
					imgview.setImageBitmap(bitmap);
					
				} else { // Saca vídeo
					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
					File arquivo = new File(ruta,nomeVideo);
					if (!arquivo.exists()) return;		// Non hai foto

					VideoView vidview = (VideoView) findViewById(R.id.UD2_04_vidvwVideo);
					vidview.setVideoURI(Uri.fromFile(arquivo));
					vidview.start();
				}

			} else if (resultCode == RESULT_CANCELED) {
				// Video ou Foto cancelada
			} else {
				// Fallo na captura do Video ou foto.
			}
		}
	}
    
	/**
     * Programa o código dos click´s os botóns
     */
	private void xestionarEventos(){
		Button gravar = (Button)findViewById(R.id.UD2_04_btnGravarVideoFoto);
		gravar.setOnClickListener(new OnClickListener(){

			@Override
			public void onClick(View arg0) {
				// TODO Auto-generated method stub
				RadioButton rb = (RadioButton)findViewById(R.id.UD2_04_rbtnFoto);

				
				if (rb.isChecked()){	// Saca foto
					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
					File arquivo = new File(ruta,nomeFoto);
					
					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);
					intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, Uri.fromFile(arquivo));
					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
					
				}
				else {	// Grava vídeo
					File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
					File arquivo = new File(ruta,nomeVideo);

					Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_VIDEO_CAPTURE);
					intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, Uri.fromFile(arquivo));

					startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_OK);
				
				}
				
			}
			
		});

		RadioGroup rgroup = (RadioGroup)findViewById(R.id.UD2_04_rgrpOpcions);
		rgroup.setOnCheckedChangeListener(new OnCheckedChangeListener() {
			
			@Override
			public void onCheckedChanged(RadioGroup group, int checkedId) {
				// TODO Auto-generated method stub
				ImageView imgview;
				VideoView videoview;
				
				switch(checkedId){
					case R.id.UD2_04_rbtnFoto:	// OCULTAMOS O VIDEO
						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD2_04_imgvwFoto);
						imgview.setVisibility(View.VISIBLE);
						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_04_vidvwVideo);
						videoview.setVisibility(View.GONE);
						break;	
					case R.id.UD2_04_rbtnVideo:	// OCULTAMOS AS FOTOS
						imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD2_04_imgvwFoto);
						imgview.setVisibility(View.GONE);
						videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_04_vidvwVideo);
						videoview.setVisibility(View.VISIBLE);
						break;
				}
			}
		});
	}
	
	
	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_ud2_05__multimedia_foto_video);
		
		xestionarEventos();
	}
}


  • Liñas 40-42: Obtemos un obxecto File que apunta ó nome da imaxe gardada. Este dato foi enviado como dato extra ó intent cando lanzamos a aplicación de obter unha foto.
  • Liña 45: Obtemos un obxecto da clase BitMap a partires do obxecto File.
  • Liñas 49-51: Obtemos un obxecto File que apunta ó nome do vídeo gardado. Este dato foi enviado como dato extra ó intent cando lanzamos a aplicación de obter o vídeo.
  • Liña 54: Obtemos a Uri a partires do obxecto File.
  • Liña 84: Enviamos como información extra no Intent a ruta onde debe gardar a foto sacada.
  • Liña 93: Enviamos como información extra no Intent a ruta onde debe gardar o vídeo sacado.


Importante: Como xa comentamos antes, getData() no Intent do método onActivityResult() non trae nada.

Información Extra

Como comentamos antes podemos enviar o Intent diversa información (como a ruta onde gardar a foto / vídeo).

Outra información que podemos enviar:

  • No caso de captura de fotos, podemos pasarlle o Intent (chamando o método putExtra da clase Intent):
MediaStore.EXTRA_OUTPUT : Directorio e arquivo (URI) onde se vai gardar a foto. Se non se especifica, o Intent gardará o imaxe cun nome e directorio por defecto que ven especificado no intent de retorno Intent.getData().
  • No caso do vídeo, algúns dos datos que podemos enviarlle a Intent son:
MediaStore.EXTRA_OUTPUT : Directorio e arquivo (URI) onde se vai gardar o vídeo.
Se non se especifica, o Intent gardará o imaxe cun nome e directorio por defecto que ven especificado no intent de retorno Intent.getData().
MediaStore.EXTRA_VIDEO_QUALITY: Calidade da imaxe. Se valor 0 sería calidad baixa (para mms) e se vale 1 calidade alta.
MediaStore.EXTRA_DURATION_LIMIT: Nº de segundos máximos para gravación.
MediaStore.EXTRA_SIZE_LIMIT: Tamaño máximo do arquivo en bytes.


Control para o VideoView

Cando creamos o layout e arrastramos o VideoView ó mesmo, podemos facer uso doutro control asociado ó mesmo que permite ter as opcións de 'Pause', 'Stop',...

Este control denomínase MediaController e o podemos asociar a un VideoView graficamente:

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 4.jpg

Ou por programación:

MediaController controller = new MediaController(this);


Con calquera das dúas formas é necesario asocialo a o VideoView da forma:

VideoView videoview = (VideoView)findViewById(R.id.vidvwVideo);
videoview.setMediaController(controller);


Se o aplicamos á nosa práctica:

       import android.widget.MediaController;

	private void controlVideo(){
		MediaController controller = new MediaController(this);
		VideoView videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_04_vidvwVideo);
		videoview.setMediaController(controller);

	}
	
	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_ud2_04__multimedia_foto_video);
		
		controlVideo();
		xestionarEventos();
	}

Almacenar fotos e vídeos en APIS >=23 e >=24

  • Se temos unha API >=23 debemos solicitar o permiso para escribir na SD Card en tempo de execución.



  • Para solucionalo crearase un recurso provider. A través deste mecanismo poderase xestionar que datos comparte unha aplicación con outra. Neste caso, a nosa app coa aplicación que xestiona a cámara.

Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD2_05B_MultimediaFotoVideo
  • Nome da activity: UD2_05B_MultimediaFotoVideo.java

Código do layout xml

<RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<androidx.constraintlayout.widget.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    tools:context=".UD2_05B_MultimediaFotoVideo">

    <RelativeLayout
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="match_parent" >

        <RadioGroup
            android:id="@+id/UD2_05B_rgrpOpcions"
            android:layout_width="match_parent"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:layout_alignParentLeft="true"
            android:layout_alignParentTop="true"
            android:gravity="center_horizontal"
            android:orientation="horizontal" >

            <RadioButton
                android:id="@+id/UD2_05B_rbtnFoto"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:text="Sacar Foto"
                android:textSize="15sp"
                android:checked="true" />

            <RadioButton
                android:id="@+id/UD2_05B_rbtnVideo"
                android:layout_width="wrap_content"
                android:layout_height="wrap_content"
                android:textSize="15sp"
                android:text="Sacar Vídeo" />
        </RadioGroup>
        <Button
            android:id="@+id/UD2_05B_btnGravarVideoFoto"
            android:layout_width="match_parent"
            android:layout_height="wrap_content"
            android:layout_alignParentLeft="true"
            android:layout_below="@+id/UD2_05B_rgrpOpcions"
            android:textSize="14sp"
            android:text="Lanzar Cámara" />


        <FrameLayout
            android:layout_width="match_parent"
            android:layout_height="match_parent"
            android:layout_alignParentLeft="true"
            android:layout_below="@+id/UD2_05B_btnGravarVideoFoto">

            <ImageView
                android:id="@+id/UD2_05B_imgvwFoto"
                android:layout_width="match_parent"
                android:layout_height="match_parent"
                android:contentDescription="foto a sacar"
                android:layout_gravity="center"
                />

            <VideoView
                android:id="@+id/UD2_05B_vidvwVideo"
                android:layout_width="match_parent"
                android:layout_height="match_parent"
                android:layout_gravity="center"
                android:visibility="gone" />

        </FrameLayout>

    </RelativeLayout>

</androidx.constraintlayout.widget.ConstraintLayout>

Rutas compartidas que usará provider

  • Ficheiro: res/xml/rutas_provider.xml
<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<paths xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android">
    <external-path name="external_files_pictures" path="Pictures/" />
    <external-path name="external_files_movies" path="Movies/" />
</paths>

AndroidManifest.xml: Indicar o provider que permitirá compartir datos

<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<manifest xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    package="com.example.ud2_05b_multimediafotovideo">

    <uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE" />
    <uses-feature android:name="android.hardware.camera" android:required="false"/>

    <application
        android:allowBackup="true"
        android:icon="@mipmap/ic_launcher"
        android:label="@string/app_name"
        android:roundIcon="@mipmap/ic_launcher_round"
        android:supportsRtl="true"
        android:theme="@style/Theme.UD2_05B_MultimediaFotoVideo">
        <activity android:name=".UD2_05B_MultimediaFotoVideo">
            <intent-filter>
                <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
                <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
            </intent-filter>
        </activity>

        <provider
            android:name="androidx.core.content.FileProvider"
            android:authorities="${applicationId}.provider"
            android:exported="false"
            android:grantUriPermissions="true">
            <meta-data
                android:name="android.support.FILE_PROVIDER_PATHS"
                android:resource="@xml/rutas_provider" />
        </provider>

    </application>

</manifest>
  • Liña 24: a variable ${applicationId} tomará o valor do atributo applicationId do ficheiro build.gradle.
  • Liñas 28-29: indica que se use o provedor de rutas para compartir e o ficheiro que contén información sobre esas rutas.


Código para API>=24

  • getUriForFile: este método vai facer uso do provider definido no AndroidManifest.xml para que á aplicación da cámara poida usar as rutas compartidas pola nosa aplicación e así poder almacenar as fotos e os vídeos.
  • Clase: UD2_05B_MultimediaFotoVideo
package com.example.ud2_05b_multimediafotovideo;

import androidx.appcompat.app.AppCompatActivity;

import android.Manifest;
import android.content.pm.PackageManager;
import android.graphics.BitmapFactory;
import android.net.Uri;
import android.os.Build;
import android.os.Bundle;
import android.content.Intent;
import android.graphics.Bitmap;
import android.os.Environment;
import android.provider.MediaStore;
import android.view.View;
import android.view.View.OnClickListener;
import android.widget.Button;
import android.widget.ImageView;
import android.widget.MediaController;
import android.widget.RadioButton;
import android.widget.RadioGroup;
import android.widget.RadioGroup.OnCheckedChangeListener;
import android.widget.Toast;
import android.widget.VideoView;

import java.io.File;

import static androidx.core.content.FileProvider.getUriForFile;

//public class UD2_05B_MultimediaFotoVideo extends AppCompatActivity {
public class UD2_05B_MultimediaFotoVideo extends AppCompatActivity {

    //Código para verificar que o resultado ven do intent de gravación de imaxe
    private final int REQUEST_CODE_GRAVACION_FOTO = 1;

    //Código para verificar que o resultado ven do intent de gravación de video
    private final int REQUEST_CODE_GRAVACION_VIDEO = 2;

    final private String nomeVideo="video.mp4";
    final private String nomeFoto="foto.jpg";
    private final int CODIGO_IDENTIFICADOR=1; // Usado por si necesitamos diferentes permisos, para identificar cual de ellos es


    /**
     * Se é API >= 23 pedir permisos de escritura en SDCARD
     */

    public void pedirPermiso(){

        if (Build.VERSION.SDK_INT >= Build.VERSION_CODES.M)
            requestPermissions( new String[]{Manifest.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE},CODIGO_IDENTIFICADOR);
    }

    /**
     * Activar o botón Lanzar Cámara se hai permisos.
     */
    @Override
    public void onRequestPermissionsResult(int requestCode, String permissions[], int[] grantResults) {

        switch (requestCode) {
            case CODIGO_IDENTIFICADOR: {
                // Se o usuario premeou o boton de cancelar o array volve cun null
                Button btn = findViewById(R.id.UD2_05B_btnGravarVideoFoto);
                if (grantResults.length > 0
                        && grantResults[0] == PackageManager.PERMISSION_GRANTED) {
                    btn.setEnabled(true);
                    // PERMISO CONCEDIDO
                } else {
                    // PERMISO DENEGADO
                    btn.setEnabled(false);      //Desabilitamos o botón se non temos o permiso de escritura
                    Toast.makeText(this,"É NECESARIO O PERMISO DE ESCRITURA NA SDCARD",Toast.LENGTH_LONG).show();
                }
                return;
            }
            // Comprobamos outros permisos
        }
    }

    
    /**
     * Para introducirlle controis de avance/retroceso/pause/play ao á view do vídeo
     */
    private void controlVideo(){
        MediaController controller = new MediaController(this);
        VideoView videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_05B_vidvwVideo);
        videoview.setMediaController(controller);
    }

    /**
     * Obtemos a foto ou vídeo que vén da aplicacion Android
     */
    protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
        super.onActivityResult(requestCode, resultCode, data);
        if (resultCode == RESULT_OK) {

            File ruta, arquivo;
            switch (requestCode) {
                case REQUEST_CODE_GRAVACION_FOTO:
                    ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
                    arquivo = new File(ruta, nomeFoto);
                    if (!arquivo.exists()) return;        // Non hai foto

                    ImageView imgview = (ImageView) findViewById(R.id.UD2_05B_imgvwFoto);
                    Bitmap bitmap = BitmapFactory.decodeFile(arquivo.getAbsolutePath());
                    imgview.setImageBitmap(bitmap);
                    break;
                case REQUEST_CODE_GRAVACION_VIDEO:
                    ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
                    arquivo = new File(ruta, nomeVideo);
                    if (!arquivo.exists()) return;        // Non hai vídeo

                    VideoView vidview = (VideoView) findViewById(R.id.UD2_05B_vidvwVideo);
                    vidview.setVideoURI(Uri.fromFile(arquivo));
                    vidview.start();
                    break;

            }
        } else if (resultCode == RESULT_CANCELED) {
            // Video ou Foto cancelada
        } else {
            // Fallo na captura do Video ou foto.
        }
    }


    /**
     * Programa o código dos click´s os botóns
     */
    private void xestionarEventos(){
        Button gravar = (Button)findViewById(R.id.UD2_05B_btnGravarVideoFoto);
        gravar.setOnClickListener(new OnClickListener(){

            @Override
            public void onClick(View arg0) {
                // TODO Auto-generated method stub
                RadioButton rb = (RadioButton)findViewById(R.id.UD2_05B_rbtnFoto);

                if (rb.isChecked()){	// Saca foto
                    File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES);
                    File arquivo = new File(ruta,nomeFoto);

                    Uri contentUri=null;
                    if (Build.VERSION.SDK_INT >= 24) {
                        contentUri = getUriForFile(getApplicationContext(), getApplicationContext()
                                .getPackageName() + ".provider", arquivo);
                    }
                    else {
                        contentUri = Uri.fromFile(arquivo);
                    }

                    Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE);
                    intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, contentUri);
                    startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_FOTO);
                }

                else {	// Grava vídeo
                    File ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MOVIES);
                    File arquivo = new File(ruta,nomeVideo);

                    Uri contentUri=null;
                    if (Build.VERSION.SDK_INT >= 24) {
                        contentUri = getUriForFile(getApplicationContext(), getApplicationContext()
                                .getPackageName() + ".provider", arquivo);
                    }
                    else {
                        contentUri = Uri.fromFile(arquivo);
                    }

                    Intent intento = new Intent(MediaStore.ACTION_VIDEO_CAPTURE);
                    intento.putExtra(MediaStore.EXTRA_OUTPUT, contentUri);
                    startActivityForResult(intento, REQUEST_CODE_GRAVACION_VIDEO);
                }
            }
        });

        RadioGroup rgroup = (RadioGroup)findViewById(R.id.UD2_05B_rgrpOpcions);
        rgroup.setOnCheckedChangeListener(new OnCheckedChangeListener() {

            @Override
            public void onCheckedChanged(RadioGroup group, int checkedId) {
                // TODO Auto-generated method stub
                ImageView imgview;
                VideoView videoview;

                switch(checkedId){
                    case R.id.UD2_05B_rbtnFoto:	// OCULTAMOS O VIDEO
                        imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD2_05B_imgvwFoto);
                        imgview.setVisibility(View.VISIBLE);
                        videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_05B_vidvwVideo);
                        videoview.setVisibility(View.GONE);
                        break;
                    case R.id.UD2_05B_rbtnVideo:	// OCULTAMOS AS FOTOS
                        imgview = (ImageView)findViewById(R.id.UD2_05B_imgvwFoto);
                        imgview.setVisibility(View.GONE);
                        videoview = (VideoView)findViewById(R.id.UD2_05B_vidvwVideo);
                        videoview.setVisibility(View.VISIBLE);
                        break;
                }
            }
        });
    }

    @Override
    protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
        super.onCreate(savedInstanceState);
        setContentView(R.layout.activity_ud2_05b__multimedia_foto_video);
        pedirPermiso();
        controlVideo();
        xestionarEventos();
    }
}
  • Liñas 48-52*: Solicítase permiso para escribir (e por tanto ler) no almacenamento externo.
  • Liñas 58-77*: Se hai permisos para escribir na SD CARD habilítase o botón que lanza a cámara.
  • Liñas 83-87*: Actívanse os controis de reprodución de vídeo (avanzar, retroceder, pausar e continuar).
  • Liñas 139,157: cada unha destas liñas recolle o directorio correspondete ás fotos ou aos vídeos da SDCARD, respectivamente.
  • Liñas 142-145 e 160-164: No caso de que a API>=24 entón a uri fórmase tendo en conta o provider definido no AndroidManifest.xml para poder compartir datos entre distintas aplicacións: a nosa e a que xestiona a cámara.

Métodos útiles no manexo de Imaxes

  • Bitmap.createScaledBitmap(bitmaporixinal, witdh, height, boolean filter): devolve un obxecto da clase Bitmap e vainos servir para escalar un bitmap a outro tamaño indicado por width e height.

O filter debería ser posto a true se facemos a imaxe máis grande e a false se a facemos máis pequena. Para determinar o tamaño adecuado do Bitmap en función dos puntos por polgada do dispositivo onde nos atopamos podemos facer uso da propiedade densityDpi:

	switch (getResources().getDisplayMetrics().densityDpi) {
					case DisplayMetrics.DENSITY_LOW:
					    break;
					case DisplayMetrics.DENSITY_MEDIUM:
					    break;
					case DisplayMetrics.DENSITY_HIGH:
					    break;
					case DisplayMetrics.DENSITY_XHIGH:
					    break;
	}

En función do valor de densidade escalaremos a imaxe a un tamaño adecuado tendo en conta a proporción:

  • xhdpi: 2.0
  • hdpi: 1.5
  • mdpi: 1.0 (baseline)
  • ldpi: 0.75


Nota: Normalmente cando facemos fotos e queremos visualizalas todas xuntas (por exemplo utilizando un horizontalScrollView) faise uso deste método para ter unha imaxe en pequeno da foto e despois cargar a imaxe orixinal cando a visualicemos a pantalla completa.


  • Obxectobitmap.compress(CompressFormat.JPEG, 100,os): comprime un bitmap e o escribe a disco utilizando un FileOutputStream. O primeiro parámetro indica o tipo de compresión (se temos transparencias na imaxe orixinal deberemos usar BMP), o segundo indica o nivel de compresión (se é 50 sería o 50%, no exemplo o deixaría tal cal) e o terceiro parámetro é un obxecto da clase FileOutputStream para pasalo a disco.

Este método pode servirnos para pasar un bitmap a disco utilizando un obxecto da clase File (o veremos na unidade de Datos Persistentes) e obtendo o FileOutputStream a partires del. É importante asinarlle unha extensión ó arquivo que vai ser a imaxe gardada.

Se a foto a temos asinada a un ImageView e queremos recuperala coma un obxecto da clase Bitmap teremos que facer:

	imgview.setDrawingCacheEnabled(true);
	Bitmap imaxe = imgview.getDrawingCache();

Sendo imgview o obxecto que fai referencia ó ImageView.


O proceso contrario, é dicir, cargar unha foto nun ImageView será o seguinte (o veremos outra vez na unidade de datos persistentes):

	Bitmap bitmap = BitmapFactory.decodeFile(Obxecto_file_apuntando_á_imaxe_gardada);
        img.setImageBitmap(bitmap);

Sendo img un obxecto da clase ImageView.

Método útil no manexo de Vídeos

Pode resultarnos necesario a partires dun vídeo obter unha foto del.

Para facelo debemos de utilizar a clase ThumbnailUtils

Vexamos un exemplo:

BitMap preview_bitmap = ThumbnailUtils.createVideoThumbnail(uri_al_vídeo.toString(), Thumbnails.MICRO_KIND);

Visualización de múltiples imaxes

Pode darse o caso de que necesitemos visualizar múltiples imaxes na nosa activity.

Nota: Como está comentado en liñas anteriores, o lóxico será ter unha versión 'en pequeno' da foto para non encher a memoria utilizando o método compress da clase BitMap ou ben utilizando o método Bitmap.createScaledBitmap, como está feito no exemplo que ven a continuación.


Temos varias posibilidades para facer isto:


Neste apartado imos ver como utilizar un HorizontalScrollView.


Caso Práctico

O obxectivo desta práctica é ver como podemos utilizar o HorizontalScrollView para visualizar imaxes en pequeno.

PDM Avanzada Multimedia Gravacion 6.jpg

Como o seu propio nome indica, o HorizontalScrollView é un control que permite facer un scroll horizontal de View´s.

A idea é ter dentro deste control un LinearLayout coas imaxes.

Cada imaxe vai ter un layout cun tamaño (o tamaño da miniatura) e xestionaremos o evento de Click sobre a imaxe en miniatura para ver dita imaxe nun ImageView en grande.

Preparación

Será necesario copiar ó cartafol da SD onde o S.O. Android garda as imaxes por defecto, dúas imaxes calquera de nome foto1.jpg e foto2.jpg.

Utilizamos a clase EnvironMent (Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES)) para indicar a ruta onde se atopan as fotos.

Normalmente esta ruta se atopa en /sdcard/Pictures.

  • Se utilizades o emulador podedes copiar as fotos utilizando a perspectiva DDMS.
  • Se estades a utilizar un dispositivo real teredes que copiar as fotos conectando o dispositivo ó computador.


O alumno é libre de utilizar outra ruta calquera modificando o código convenientemente.

Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD2_06_MultimediaHorizontalScrollView
  • Nome da activity: UD2_06_MultimediaHorizontalScrollView.java


Código do layout xml

<RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    tools:context="${relativePackage}.${activityClass}" >

    <HorizontalScrollView
        android:id="@+id/UD2_06_hsviewFotosPai"
        android:layout_width="match_parent"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_alignParentTop="true"
        android:layout_centerHorizontal="true"
        android:layout_marginTop="26dp" >
       
       <LinearLayout
                    android:id="@+id/UD2_06_linearLayoutFotosFillo"
                    android:layout_width="wrap_content"
                    android:layout_height="wrap_content"
                    android:orientation="horizontal" />

    </HorizontalScrollView>

    <ImageView
        android:id="@+id/UD2_06_imgvwFotoAmpliada"
        android:layout_width="500dp"
        android:layout_height="500dp"
        android:layout_alignParentBottom="true"
        android:layout_centerHorizontal="true"
        android:layout_marginBottom="26dp"
        android:src="@drawable/ic_launcher" />

</RelativeLayout>

Como vemos temos un HorizontalScrollView e un LinearLayout dentro do mesmo.

Código da clase UD2_06_MultimediaHorizontalScrollView
Obxectivo: Carga nun HorizontalScrollView dúas fotos gardadas na tarxeta SD do dispositivo.
Nota: Vos dará un erro xa que fai uso dunha clase explicada a continuación.

import java.io.File;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.os.Environment;
import android.widget.LinearLayout;

public class UD2_06_MultimediaHorizontalScrollView extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_ud2_06__multimedia_horizontal_scroll_view);
	
		LinearLayout linear = (LinearLayout)findViewById(R.id.UD2_06_linearLayoutFotosFillo);
		
		String ruta = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_PICTURES).getAbsolutePath();
		
		UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView imaxe = new UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView(this, ruta+File.separator+"foto1.jpg");
		linear.addView(imaxe.getLayout());
		imaxe = new UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView(this, ruta+File.separator+"foto2.jpg");
		linear.addView(imaxe.getLayout());

	}
}
  • Liña 15: Obtemos a referencia ó LinearLayout que se atopa dentro do HorizontalScrollView.
  • Liña 17: Ruta onde se atopan as imaxes.
  • Liña 19,21: Creamos dous obxectos da clase UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView (explicada posteriormente).
  • Liñas 20,22: Engadimos ditas imaxes ó LinearLayout.

Creamos o ImageView personalizado

Agora imos explicar a clase UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView.

A idea é moi sinxela.

Vou engadir ó LinearLayout obxectos da clase ImageView.

A diferenza é que vou personalizar ditos obxectos para que estean (a imaxe) dentro dun Layout creado por min y cun tamaño concreto (o veremos no código).

Ademais xestionaremos o evento Click sobre a imaxe para facer que apareza en grande no ImageView da Activity principal.

O que hai que ter moi claro é que esta clase representa cada unha das imaxes en miniatura que vemos dentro do control HorizontalScrollView.

Código da clase UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView
Obxectivo: Facemos un ImageView personalizado cun tamaño específico e xestionamos o evento Click sobre a imaxe.

import java.io.File;

import android.graphics.Bitmap;
import android.graphics.BitmapFactory;
import android.view.Gravity;
import android.view.View;
import android.view.View.OnClickListener;
import android.view.ViewGroup.LayoutParams;
import android.widget.ImageView;
import android.widget.LinearLayout;

public class UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView extends ImageView implements OnClickListener {
	protected UD2_06_MultimediaHorizontalScrollView context; 
	private File file; 
	private String path; 
	private LinearLayout layout; 
	 
	/** 
	 * Crea unha imaxe e a engade nun layout que vai ser o que visualice o HorizontalView 
	 * @param context 
	 * @param path: ruta a imaxe 
	 */ 
	public UD2_06_ImaxeHorizontalScrollView(UD2_06_MultimediaHorizontalScrollView context,String path)  { 
		super(context); 
		this.context=context; 
		this.path=path; 
		file = new File(path); 
		 
		setOnClickListener(this); 
		crearLayout(); 
	} 
	 
	private void crearLayout() {
		LinearLayout layout = new LinearLayout(context);
		layout.setLayoutParams(new LayoutParams(135, 135));
		layout.setGravity(Gravity.CENTER);

		this.setLayoutParams(new LayoutParams(120, 120));	// TAMAÑO DA IMAXE
		this.setScaleType(ImageView.ScaleType.CENTER_CROP);
                Bitmap bit = BitmapFactory.decodeFile(file.getAbsolutePath());
                if (bit==null) { // Non a pode cargar
                   this.layout=layout;
                   return;
                }
		Bitmap bitmap;
		bitmap = Bitmap.createScaledBitmap(bit, 220, 220,false);
		this.setImageBitmap(bitmap);

		layout.addView(this);
		this.layout = layout;
	}

	public LinearLayout getLayout(){ 
		return layout; 
	} 

	public File getFile(){ 
		return file; 
	} 
	public String getPath(){ 
		return path; 
	} 
	@Override 
	public void onClick(View v) { 
		// TODO Auto-generated method stub 
		 
		Bitmap bp = BitmapFactory.decodeFile(getPath()); 
		ImageView imgview = (ImageView)context.findViewById(R.id.UD2_06_imgvwFotoAmpliada); 
		imgview.setImageBitmap(bp); 
	} 
		 

}
  • Liña 12: Fixarse como facemos unha clase que deriva de ImageView e implementa a interface onClickListener para xestionar o evento click sobre a imaxe
  • Liña 23: No constructor recibimos unha instancia da clase que utiliza o ImageView. Isto é necesario xa que cando prememos sobre a imaxe en miniatura temos que atopar o ImageView da activiry para cargar a imaxe en grande. Como segundo parámetro enviamos a ruta ó arquivo de imaxe.
  • Liñas 25-27: Gardamos os datos enviados.
  • Liña 29: Facemos que o evento de click se xestione dentro da clase.
  • Liña 30: Chamamos ó método que vai crea o Layout onde vai ir a imaxe.
  • Liñas 33-51: Creamos o layout (LinearLayout) que vai albergar a foto.
  • Liñas 34-36: Layout que alberga a imaxe.
  • Liñas 38-39: Tamaño e tipo de escala da imaxe dentro do layout.
  • Liña 40-47: Cargamos a imaxe dende a SD Externa e a asignamos ó ImageView.
  • Liñas 48-51: Engadimos o layout creado o ImageView cargado de disco.
  • Liñas 64-71: Xestionamos o evento do Click sobre a imaxe. Buscamos o control ImageView da activity principal (UD2_06_imgvwFotoAmpliada) e cargamos a partires do path a imaxe no ImageView.







-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).