Unidade 5 - Práctica
Introdución
Nesta ocasión imos crear unha aplicación para traballar con menús e a cámara de fotos.
Nome do proxecto
- Nome do proxecto e da activity principal: I5_<username>
Activity Principal
- Posúe:
- Un TextView co nome "Lanzar cámara"
- Ao premer nel un anaco de tempo debe lanzar un menú contextual que permita lanzar a cámara de fotos.
- Un menú con dous ítems:
- Lanzar camara: debe ter unha imaxe dunha cámara e debe aparecer sempre na barra de acción. Ao seleccionar este ítem debe suceder o mesmo que cando se selecciona o menú contextual do TextView.
- Saír: non debe aparecer na barra de acción (si no menú overflow) e ao premer nel débese pechar a aplicación.
- Unha vista ImageView que servirá para amosar a foto que se devolve, se se realizou a foto, cando se volve da activity que manexa a cámara de fotos.
- Un TextView co nome "Lanzar cámara"
Obtención da foto
- Dende a Activity principal lanzar a aplicación do S.O. Android que nos permita obter unha foto.
- Lanzar a cámara a través dun intent do tipo MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE.
- Cando se volva desta Activity á Activity principal debe recoller a foto realizada, no caso de realizarse.
Empaquetado
- Xera un apk firmado para distribuír a aplicación con contrasinal: abc123. (punto final incluído)
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).