Conceptos Básicos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:36 22 sep 2019 de Veiga (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introducción a PHP > PHP

Conceptos Básicos

A linguaxe PHP é unha linguaxe de programación de estilo clásico, con isto quero dicir que é unha linguaxe de programación con variables, sentenzas condicionais, bucles, funcións....

Non é unha linguaxe de marcas como podería ser HTML, XML ou WML. Está mais próximo a JavaScript ou a C, para aqueles que coñecen estas linguaxes.

Pero a diferenza dos applets de Java ou JavaScript que se executan no navegador, PHP execútase no servidor, por iso permítenos acceder aos recursos que teña o servidor como por exemplo podería ser unha base de datos.

Execucion.png

O programa PHP é executado no servidor e o resultado enviado ao navegador. O resultado é normalmente unha páxina HTML pero igualmente podería ser unha páxina WML.

PHP foi creado en 1994 e é froito do traballo dun home, Rasmus Lerdorf. Logo foi adoptado por outras persoas e experimentado catro importantes transformacións ata converterse no produto actual. En abril de 2007, atopábase instalado en mais de 20 millóns de dominios de todo o mundo e o seu número crece rapidamente.

Para poder traballar con PHP necesitamos polo tanto ter instalado un servidor de páxinas web que soporte PHP como pode ser o servidor web Apache.

En Linux instalaremos o servidor Apache + PHP + MySQL e tódalas librerías necesarias para programación php-mysql.

En Windows podemos empregar algunha aplicación gratuita que instala automáticamente un servidor apache + mysql + phpmyadmin (xestión de mysql).

Unha de esas aplicacións pode ser Appserv http://www.appservnetwork.com ou XAMPP XAMPP aínda que podemos atopar outras múltiples opcións.

--Rafael Veiga 11:12 10 feb 2009 (GMT)